MS-DOS (Microsoft Disk Operating System, Sistema operativo de disco Microsoft), foi o primeiro sistema operativo para o PC IBM.
Foi lanzado co IBM PC en 1981 e tivo oito versións principais antes de que Microsoft detivese o seu desenvolvemento en 2000. Foi o produto clave na conversión de Microsoft dende unha compañía de linguaxe de programación ata unha firma de desenvolvemento de software.
MS-DOS | |
---|---|
Desenvolvedor | Microsoft |
Familia de S.O. | DOS |
Lanzamento | Agosto de 1981 |
En galego | Non |
Espazo de usuario | Interface texto |
Interface de usuario | Liña de comandos |
Modelo de desenvolvemento | Software propietario |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Propietaria, Microsoft CLUF (EULA) |
Última versión estable | 8.01 14 de setembro de 2000 |
Estado actual | Descontinuado / Histórico (Vixente en Windows XP SP1 e superiores coma Símbolo do Sistema) |
Sucedido por | Microsoft Windows |
Sitio web | DOS overview |
Creado por Tim Paterson, da compañía Seattle Computer Products como QDOS en 1980 e comercializado como 86-DOS para correr nun microprocesador Intel 8086, Microsoft mercou o sistema pouco antes do lanzamento do IBM PC o 12 de agosto de 1981, ao ser incapaz de crear un sistema operativo no prazo que IBM lle encargara. O IBM PC saíu coa súa propia versión de MS-DOS coñecida como PC-DOS, mentres Microsof mantivo o nome de MS-DOS para os seus propios desenvolvementos.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MS-DOS |
This article uses material from the Wikipedia Galego article MS-DOS, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.