Louise Glück, nada en Nova York o 22 de abril de 1943 e finada o 13 de outubro de 2023, foi unha poeta estadounidense en lingua inglesa.
Foi a duodécima poeta laureada (2003-2004) pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e concedéronlle o premio Nobel de Literatura en 2020.
Louise Glück é autora de trece libros de poesía, entre os que se inclúen Averno, The Seven Ages, Vita Nova, polo que foi galardoada co Premio de Poesía de The New Yorker, Meadowlands, The Wild Iris, polo que recibiu o Premio Pulitzer de Poesía e o Premio William Carlos Williams da Poetry Society of America, Ararat, polo que obtivo o Premio Nacional de poesía Rebekah Johnson Bobbit; mentres que con The Triumph of Achiles recibiu, entre outros, o National Book Critics Circle Award.
Tamén publicou unha colección de ensaios, Proofs and Theories: Essays on Poetry(1994), coa que gañou o PEN Martha Albrand Award for Nonfiction.
Finou o 13 de outubro de 2023.
En 2001, a Universidade de Yale concedeu a Louise Glück o Bollingen Prize. Entre outros galardóns e honores, posúe o Lannan Literary Award, o Sara Teasdale Memorial Prize, a Medalla ao mérito do MIT e recibiu diferentes axudas e bolsas para a creación literaria de institucións coma as fundacións Guggenheim e Rockefeller.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Louise Glück, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.