Lothar Matthäus: Futbolista alemán

Lothar Herbert Matthäus (nado o 21 de marzo de 1961) é un ex-futbolista xermano, que na actualidade exerce coma adestrador.

Gañou o Balón de Ouro en 1990, o mesmo ano que a Alemaña gañaba o seu terceiro Mundial de Fútbol. Ao ano seguinte tamén conseguiu o FIFA World Player.

Infotaula de personaLothar Matthäus
Lothar Matthäus: Carreira
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Lothar Herbert Matthäus Editar o valor em Wikidata
21 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Erlangen, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Alemaña do Oeste Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Peso71 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña
Alemaña do Oeste Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e Major League Soccer Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e líbero (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1979-1984 Borussia Mönchengladbach 162(36)
1984-1988 FC Bayern München 113(57)
1988-1992 Football Club Internazionale Milano 115(40)
1992-2000 FC Bayern München 189(28)
2000-2000 New York Red Bulls 16(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1979-1979 Lothar Matthäus: Carreira  Germany national under-18 football team (en) Traducir 9(3)
1979-1981 Lothar Matthäus: Carreira  Germany national football B team (en) Traducir 4(1)
1979-1983 Lothar Matthäus: Carreira  Alemaña sub-21 15(2)
1980-2000 Lothar Matthäus: Carreira  Alemaña 150(23) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2001-2002 SK Rapid Wien
2002-2003 FK Partizan
2003-2006 Lothar Matthäus: Carreira  Selección de fútbol de Hungría
2006-2006 Clube Atlético Paranaense
2008-2009 Maccabi Netanya (pt) Traducir
2010-2011 Lothar Matthäus: Carreira  Bulgaria Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1986Mundial de Fútbol México 1986
xuño de 1984Eurocopa de Fútbol Francia 1984
1982Mundial de Fútbol España 1982
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnastasia Klimko (2014–2021)
Liliana Matthäus (2008–2010)
Marijana Matthäus (2003–2009)
Lolita Morena (1994–1999)
Premios

IMDB: nm1323583 Musicbrainz: b388a2b9-957d-413a-a39a-5ff0515e38fc Discogs: 1036556 FIFA: 174742 UEFA: 36 Editar o valor em Wikidata

Xogou en cinco mundiais de fútbol: 1982, 1986, 1990, 1994 e 1998. Ten a marca de máis encontros de Copa do Mundo disputados (25).

Matthäus tamén é membro da FIFA 100 e é un dos Capitáns Honorarios da selección xermana xunta Fritz Walter, Uwe Seeler e Franz Beckenbauer.

Carreira

Xogador

Matthäus naceu en Erlangen, Baviera, o 21 de marzo de 1961.

Comeza a súa carreira profesional en 1979 co Borussia Mönchengladbach, no que xogou ata o ano 1984. Neses anos xa forma parte da Selección de Alemaña do Oeste, coa que gaña a Eurocopa de Fútbol 1980. Ademais quedan subcampións no Mundial de 1982.

En 1984 ficha polo Bayern Múnic onde gaña dúas Bundesligas e queda subcampión da Copa de Europa en 1987, perdendo na final contra o FC Porto por 2-1.

Cando chega o Mundial 86 Matthäus xa é un indiscutible na selección xermana. Chegarían ata a final, onde caerían ante a Arxentina de Maradona por 3-2.

Na Eurocopa de Fútbol 1988, perden en semifinais diante dos futuros campións, a Holanda. Matthäus anota o 1-0 de penalti, máis rematarían perdendo o encontro por 2-1, cos goles de Ronald Koeman e Marco van Basten.

Ese mesmo ano, Matthäus e o tamén xermano Andreas Brehme fichan polo Inter de Milan, co que gañarían o Scudetto da Serie A e a Supercopa italiana

Mais o seu máis grande triunfo viría en 1990, no Mundial de Italia. Aquí por fin conseguirían o campionato, con Matthäus dirixindo ó equipo dende o medio do campo, e anotando un total de catro goles. Na final enfrotáronse de novo á Arxentina, mais desta volta gañaron 1-0, gol de penalti de Andreas Brehme no minuto 85 de xogo. Foi o derradeiro torneo de Alemaña do Oeste, xa que pouco despois acontece a reunificación do país.

Matthäus seguiu a colleitar éxitos co Inter, gañando a Copa da UEFA de 1991 e o premio FIFA World Player dese mesmo ano.

No ano 1992 volta ao Bayern Munich, cos que gañará catro veces a Bundesliga, dúas a DFB-Pokal e chegará á final da Liga de Campións en 1999

A pesar de non poder xogar na Eurocopa de 1992 por mor dunha lesión si estivo no Mundial de Fútbol EEUU 1994, xogando coa Alemaña unificada no posto de Líbero. Foron eliminados nos cuartos de final por Bulgaria.

Para a Eurocopa de Fútbol 1996, en Inglaterra, non foi convocado polo seleccionador Berti Votgs. Alemaña resultaría vencedora neste torneo, sendo a estrela da final o dianteiro Oliver Bierhoff. Matthäus deixou aquí un récord para a posterioridade, 25 encontros xogados en 5 torneos da Copa do Mundo.

Só se lle escapou un trofeo ao longo da súa carreira, a Liga de Campións. A pesar de chegar dúas veces á final co Bayern, non puido gañar ningunha.

No ano 2000, marcha do Bayern cara ao MetroStars, da Liga estadounidense, onde se retirará ese mesmo ano. Coa Alemaña xogaría o seu último encontro, o 150, na Eurocopa de Fútbol 2000.

Adestrador

Matthäus comeza a súa carreira de adestrador con conxunto austríaco do Rapid de Viena. Non hai ningún éxito destacable na súa estancia aquí.

No mes de Nadal de 2002 ficha polo Partizan de Belgrado á metade da tempada, substituíndo ó despedido Ljubisa Tumbakovic. o Partizan gaña o título de liga e chega a participar na Liga de Campións do ano seguinte, eliminando o Newcastle United na rolda previa, mais non pasarían a fase de grupos.

En Nadal de 2003, abandona o cargo para aceptar se-lo novo seleccionador húngaro. O país tentaba volver ao seu sitio na elite do fútbol, mais desta volta todo ficaría igual. As derrotas con Croacia, Suecia e Bulgaria deixan ós maxiares fóra do Mundial 2006 e Matthäus é despedido.

O 11 de xaneiro de 2006 firma un contrato dun ano co Atlético Paranaense do Brasil, mais despois de sete encontros (5 vitorias e 2 empates) abandona a escuadra co gallo de estar máis preto da súa familia en Europa.

O 9 de maio de 2006 ficha polo Red Bull Salzburg, onde adestra na actualidade.

Títulos

Tags:

Lothar Matthäus CarreiraLothar Matthäus1961199021 de marzoAlemañaBalón de OuroFIFA World PlayerFútbolMundial de Fútbol de 1990Selección de fútbol de Alemaña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pep GuardiolaPimpín comúnAgustina de AragónCarlos CallónSalgueiro MaiaRosario DúrcalBidueiroNuno García PicoMortalidade infantilAs Pontes de García RodríguezBatalla de CovadongaMarta DarribaNetiquetaHarry PotterMorañaFreixoPaíses BaixosLoboMarina CastañoMaceiraOlga NovoGuerra civil españolaOvo (alimento)Santiago AbascalDores TembrásAC-173Parlamento de GaliciaFingeringSexo oralAndorraGabriel AlénNintendo Entertainment SystemCuntisRocío LeiraPriscilianoPablo Iglesias TurriónTonhito de PoiManuel Curros EnríquezUnión EuropeaYolanda CastañoShinovaLingua betawiNicolás González CasaresSara Vila AlonsoFederico García LorcaGabriel García MárquezElvira Fernández BalboaContactorGala Murguía de CastroToniña comúnVincent van GoghJesús Hidalgo BermejoCórdoba, EspañaConcellos de GaliciaLesión deportivaAC-211FiúnchoInformation Technology Infrastructure LibraryDaniel Castro GarcíaReal Academia GalegaAlfonso RuedaBreixoMazáIgnacio Rivera QuintanaWilliam ShakespeareMecanismo de AnticiteraLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingRosario Porto OrtegaOs ResentidosLista de nomes masculinos en galegoCarlos CalveloFran AlonsoRonaldo🡆 More