Franz Anton Beckenbauer nado o 11 de setembro de 1945 en Múnic e finado o 7 de xaneiro de 2024 en Salzburgo, foi un futbolista e adestrador de fútbol alemán.
Xogaba de defensa e foi internacional coa selección alemá occidental. Considerado a "máxima lenda do fútbol alemán" e un dos mellores futbolistas da Historia, foi alcumado "o Kaiser" (o emperador).
Comezou como xogador no TSV 1860 de Múnic, ata que con 14 anos foi fichado polo Bayern de Múnic. Debutou no Bundesliga con 14 anos e despuntou no Mundial de 1966, cando marcou catro goles ante Inglaterra, sendo o xogador máis novo da competición.
Xogaba de líbero. Sen el, entender esta posición no fútbol moderno é practicamente imposible. Neste xogador mestúranse unhas xeniais capacidades defensivas cunhas máis que notables condicións técnicas e físicas. El era o motor do mellor Bayern München da historia, e tamén da mellor Alemaña.
Entre o seu palmarés destacan:
Como adestrador debutou dirixindo á selección xermana, levándoa ao subcampionato do mundo en México 1986 e ao Campionato no mundial de Italia 1990.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Franz Beckenbauer, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.