Lingua Minangkabau: Lingua austronesia, falada polo pobo minangkabau de Sumatra Occidental

A lingua minangkabau (autónimo: Baso Minang(kabau); indonesio: Bahasa Minangkabau) é unha lingua austronesia falada polo pobo Minangkabau de Sumatra Occidental, a parte occidental de Riau, Jambi e Bengkulu.

Tamén é falada en varias cidades de Indonesia por migrantes minangkabau. Tamén é unha lingua franca ó longo da rexión costeira occidental da provincia de Sumatra Setentrional, e mesmo é empregada en partes de Aceh, onde é chamada Aneuk Jamee. Por outra banda, é falada nalgunhas partes de Malaisia, especialmente en Negeri Sembilan.

Minangkabau
Baso Minangkabau
باسو مينڠكاباو
Falado en: Indonesia, Malaisia
Rexións: Sumatra Occidental, Riau, Jambi, Bengkulu, Sumatra Setentrional, Aceh (Indonesia), Negeri Sembilan (Malaisia)
Total de falantes: 6 millóns (2007)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Malaio-polinesia nuclear
   Malaisienses
    Minangkabau
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún país
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: min
Mapa
Lingua Minangkabau: Malaisia, Dialectos, Notas
Status
Lingua Minangkabau: Malaisia, Dialectos, Notas
O minangkabau está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

Debido ás grandes semellanzas entre a lingua minangkabau e o malaio, existe controversia sobre da relación entre ambas. Algúns consideran o minangkabau como un dialecto do malaio, mentres que outros consíderana como unha lingua de seu.

Lingua Minangkabau: Malaisia, Dialectos, Notas
Lingua minangkabau en escritura árabe nun selo real minangkabau do século XIX.

Malaisia

Ademais de Indonesia, o minangkabau é falado tamén en Malaisia por algúns descendentes de inmigrantes das rexións que falan esta lingua en Sumatra (Ranah Minang, Tanah Minang, o a Terra do Minang). Un significativo número dos primeiros inmigrantes establecéronse no que hoxe é o estado malaio de Negeri Sembilan; este dialecto de Negeri Sembilan é coñecido como Bahaso Nogori ou Baso Nogoghi. Os inmigrantes máis recentes son coñecidos como minang.

Dialectos

A lingua minangkabau ten varios dialectos, que algunhas veces difiren entre localidades achegadas (por exemplo, separadas por un río). Os dialectos son: Rao Mapat Tunggul, Muaro Sungai Lolo, Payakumbuh, Pangkalan-Lubuk Alai, Agam-Tanah Datar, Pancungsoal, Kotobaru, Sungai Bendung Air e Karanganyar. Na comunicación diaria entre os minangkabau de diferentes rexioóns, o dialecto Agam-Tanah Datar (Baso Padang ou Baso Urang Awak, «a lingua do noso pobo») é empregada acotío e converteuse nunha sorte de lingua estándar.

A lingua tapan, falada na vila de Tapan, no sur da provincia de Sumatra Occidental, é unha lingua malaia recentemente descuberta que foi proposta como relacionada co minangkabau. Xuntas, o tapan e o minangkabau poderían formar o gran subgrupo minangkabau.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Tags:

Lingua Minangkabau MalaisiaLingua Minangkabau DialectosLingua Minangkabau NotasLingua Minangkabau Véxase taménLingua MinangkabauAcehIndonesiaJambiLingua francaLingua indonesiaLinguas austronesiasMalaisiaRiau

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Torre EiffelWiki CommonsTopónimos célticos en GaliciaMoinanteBTS (grupo musical)José Sueiro LópezForo do bo burgo de Castro CaldelasLista de concellos de PontevedraAliados da segunda guerra mundialReconquista de VigoSalviaMichael JacksonA CoruñaIn My Head (canción de Jason Derulo)Ilyushin Il-76Ludwig van BeethovenBélxicaMelideFinados en 2024AWStatsPortugalVox populiAmancio OrtegaChris PrattComunistaManuel AntonioOurenseDarío Caramés RuzaMarianneCulturaEivisaCasa BaillyMarxismoGadisaUNVIJean-Claude Van DammeDemocraciaCarqueixaJosé Luis Iglesias LagoPremios Mestre MateoNarón.geGlenn Research CenterLingua latinaÁreas lingüísticas do galegoDaniel BasteiroSanta CombaHomeroTerence HillLondresO Ézaro, DumbríaNoite de San Xoán (Fonoteca 92)XXX edición dos Premios GoyaJake GyllenhaalKuala LumpurLiberalismoCSSBaltimoreMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordSílabaForrest GumpRocco SiffrediAnuroLionel MessiSegar's RollParroquias de GaliciaBetanzosImperialismoAno (astronomía)MaldivasViggo MortensenGaliciaSão PauloC. TanganaBetanina🡆 More