Liga Espartaquista

A liga Espartaquista (Spartakusbund en alemán) foi un movemento revolucionario marxista organizado en Alemaña durante os últimos anos da primeira guerra mundial.

Foi fundada por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg xunto a outros, tales como Clara Zetkin.

Liga Espartaquista
Folleto da sublevación dos espartaquistas no ano 1919.

Actividade

O seu maior período de actividade foi durante a Revolución Alemá de 1918, cando se tentou incitar unha revolución similar á dos bolxeviques en Rusia, facendo circular publicacións marxistas. Deron á liga o nome de Espartaco, líder da rebelión de escravos máis grande da historia de Roma. En decembro de 1918, a liga decidiu adherirse ao Comintern e renomeouse como Partido Comunista de Alemaña (KPD, Kommunistische Partei Deutschlands). O 1 de xaneiro de 1919, a liga Espartaquista/KPD participou (pero non a iniciou) nunha revolución comunista de breve duración en Berlín, aínda ante as advertencias de Rosa Luxemburg e de Karl Liebknecht, quen argumentaban que a rebelión era débil e que non contaban co apoio total da clase obreira. A revolución (logo coñecida como Levantamento Espartaquista) foi derrotada polas forzas combinadas do Partido Socialdemócrata de Alemaña, os remanentes do exército alemán e dos grupos paramilitares de extrema dereita coñecidos como Freikorps, ás ordes do chanceler Friedrich Ebert. Luxemburg e Liebknecht, entre moitos outros, foron masacrados polos Freikorps, e os seus corpos guindados ao río. Centenares de Espartaquistas foron executados nas semanas que seguiron á sublevación. Os restos da liga disolvéronse no Partido Comunista de Alemaña (KPD) que conservou o xornal da liga, Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella), como a súa publicación.

Organizacións do mesmo nome

Actualmente existen varias seccións nacionais da liga Comunista Internacional trotskista que se denominan "Spartacist League" (Liga Espartaquista). A súa principal sección é a estadounidense, pero a LCI ten tamén seccións en Australia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Canadá, Xapón, Alemaña, México, Francia, Grecia e Suráfrica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Liga Espartaquista ActividadeLiga Espartaquista Organizacións do mesmo nomeLiga Espartaquista NotasLiga Espartaquista Véxase taménLiga EspartaquistaClara ZetkinImperio AlemánKarl LiebknechtLingua alemáMarxismoPrimeira guerra mundialRevoluciónRosa Luxemburg

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Georgia O'KeeffeBritney SpearsFrancisco Castro VelosoAlberto Núñez FeijóoMark Lewis JonesMauro ScaloniJennifer LopezManuel Curros EnríquezRepública Democrática do CongoInstagramGabriel RufiánChorimaPemento de PadrónSalvador IllaAs Pontes de García RodríguezOrdesPortugalAgustín Fernández PazLingua galegaTonhito de PoiVietnamTwitterRaquel Castro MartínezTeoría de númerosO comparativo galegoNarónBala (grupo musical)Tito ValdésCoco (bacteria)Canle (enxeñaría)Amancio OrtegaVicepresidencia do Goberno de EspañaBigues i Riells del FaiSete Sabios de GreciaArceXiros idiomáticos galegosVladimir PutinISBNXosé Manuel PiñeiroCorzoAC-211LeninismoHard GZRaffaella CarràGoizuetaIrmandiñosGerardo Pardo de VeraRosario DúrcalEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Xosé Luís BernalNormativa oficial do galegoAC-101Galego-portuguésLudwig van BeethovenDoenza de Paget de mamaCaraveleiraÁreas lingüísticas do galegoFollas novasLeonardo da VinciAna Luísa BouzaAntón Villar PonteDodecágonoRevolución dos CaraveisCarrizo (paxaro)Candela PeñaAXeración dos 80Federico Jiménez LosantosDeportivo da CoruñaVilagarcía de ArousaConceyu BableAntónio de SpínolaMáquina comecartosDavid Mella🡆 More