Leŭ Haroška

Leŭ Haroška (en belaruso: Леў Гарошка), nado o 26 de febreiro de 1911 en Traščyčy (Belarús, daquela na Gobernación de Grodno, Imperio Ruso) e finado o 8 de agosto de 1977 en París (Francia); tamén coñecido polos seus pseudónimos Anatoĺ Žmienia (Анатоль Жменя) e Prakop Kavaĺ (Пракоп Каваль), foi un sacerdote e arquimandrita grecocatólico belaruso, estudoso da historia das relixións, mestre, escritor e editor.

Infotaula de personaLeŭ Haroška
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1911 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Traščyčy Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1977 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de St Pancras e Islington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Segunda República Polaca Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollegium Canisianum (–1937)
Seminario Teolóxico do Espírito Santo de Lviv
Escola secundaria belarusa en Nowogródek Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , académico da cultura , escritor , pedagogo , activista social , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBožym šliacham
Servizo belaruso da Radio Vaticana Editar o valor em Wikidata
Membro de
Participou en
27 de xuño de 1944Segundo Congreso de Belarús Editar o valor em Wikidata

Biografía

Primeiros anos

Naceu nunha familia ortodoxa moi pobre, de tradición grecocatólica, en Traščyčy. Entre os anos 1923 e 1931 estudou no Gymnasium Belaruso de Navahrudak. Grazas ao apoio do director do gymnasium Jan Ciechanoǔski e do director do museo belaruso de Vilnius Anton Luckievič, Haroška entrou na Academia Teolóxica Grecocatólica de Lviv (hoxe Universidade Católica Ucraína), onde estudou entre 1931 e 1936.

Logo de graduarse na Academia, marchou a continuar os seus estudos a Innsbruck (Austria). Entre 1936 e 1937 estudou no Instituto de Teoloxía Católica da Universidade de Innsbruck. O 17 de outubro de 1937, coa aprobación do metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi, Haroška foi ordenado sacerdote polo bispo Nykyta Budka da Igrexa ucraína na capela privada do metropolita en Lviv. A primeira Divina Liturxia no seu país celebrouna na parroquia grecocatólica de Dzialiacičy, preto de Navahrudak, onde o párroco era Vaclaŭ Anoška.

Ministerio sacerdotal

Leŭ Haroška 
Libro de oración «Božym šliacham», editado por Leŭ Haroška.

Comezou o seu traballo pastoral na diocese de Pinsk, entre 1937 e 1939, celebrando a liturxia en belaruso. Serviu nas parroquias de Uhryničy, Haradnaja, Stoŭpcy e Zburaž. Foi perseguido polo seu traballo no ámbito pastoral e na educación polas autoridades civís polacas, e foi vixiado pola policía.

En setembro de 1939 Andrei Sheptytskyi estabeleceu o exarcado apostólico de Belarús (grecocatólico), e en outubro de 1940 o xesuíta Anton Niemancevič foi nomeado como primeiro exarca. O 2 de maio de 1942 Haroška foi elixido membro da dirección do exarcado e converteuse en vice-exarca. Porén, o exarcado foi de curta duración, e foi desmantelado polas autoridades nacionalsocialistas nese ano. O mesmo Haroška acusaba a relixiosos ortodoxos de ter delatado ao exarca.

Durante a segunda guerra mundial viviu en Baranavičy, e traballou de mestre de latín e belaruso en escolas, comercios e xornais; e participu no Segundo Congreso dos Belarusos que tivo lugar en Minsk en 1944. Despois da guerra formou parte da gran migración cara ao oeste, chegando a Berlín e posteriormente a Múnic, onde organizou a pastoral cos belarusos.

Dende o outono de 1945 viviu en Roma, onde en 1946 publicou a revista relixiosa en belaruso «Božym šliacham». O 16 de outubro de 1946 a Congregación para as Igrexas Orientais nomeouno reitor da Misión Católica Belarusa en Francia. Entre 1947 e 1957 viviu en París, e seguiu a editar alí a revista Božym šliacham. Posteriormente regresou a Roma, onde fixo o noviciado en 1959 coa Congregación dos Padres Marianos. En 1960 o bispo Časlaŭ Sipovič nomeouno reitor da Misión Católica Belarusa en Gran Bretaña, e entre 1962 e 1969 foi tamén abade da casa dos Padres Marianos en dita localidade, recibindo en 1965 a dignidade de arquimandrita.

Tomou un papel moi activo en Londres, participando na vida cultural e relixiosa dos belarusos. Foi membro da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña e participou no ХІV Congreso de "Axuda á Igrexa Necesitada" en Königstein (1964).

Entre 1970 e 1977 dirixiu a sección belarusa de Radio Vaticano, e foi reitor novamente da Misión Belarusa en Francia. O arquimandrita Leŭ Haroška finou no hospital en París, o 28 de xullo de 1977. Foi enterrado o 4 de agosto no cemiterio de St Pancras de Londres.

Notas

Tags:

Leŭ Haroška BiografíaLeŭ Haroška NotasLeŭ Haroška1911197726 de febreiro8 de agostoBelarúsFranciaGobernación de GrodnoIgrexa Católica Bizantina BelarusaImperio RusoLingua belarusaParísPobo belaruso

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Penélope CruzOurense Club de FútbolFelipe GonzálezYolanda DíazMarc MárquezBubelaEscáncerBreogánAfonso XIII de EspañaLista das canles de YouTube máis subscritasGiorgia MeloniTapparaAC-960InfolibreTeresa MoureTutankhamonLista de voces dos animaisJason StathamDiego Rivas GutiérrezLuís García MañáRobert LewandowskiNeptunoRoisJosé Luis Rodríguez ZapateroRelación sexual humanaAdolf HitlerLuísa VillaltaOs EoasMiguel Anxo BastosFingeringLista de ríos de GaliciaEscherichia coliValentín García GómezXXX edición dos Premios GoyaFernando Taboada GuntínRosario Porto OrtegaEva CárdenasCórcores, Córcores, AviónPili PampínDoraemonHistoria de SingapurDani PedrosaVacalouraAfonso XII de EspañaManuel RivasFesta dos maiosSantiago de CompostelaRamenAntía OteroAcivroBipartito galegoAnthony AndersonMelideRosalía de CastroBurgosReino Armenio de CiliciaÁgatha Ruiz de la PradaFiúnchoJorge PeteiroO Quinto Pino, Pastoriza, Arteixo163VillarrobledoXosé Manuel BlancoConcellos de GaliciaProvincias de EspañaSunderland A.F.C.ElxokasAna PeleteiroJesús Vázquez AlmuíñaCicutaPaula CabaleiroAlberto CarpoOza Juvenil Sociedad DeportivaPafnuty ChebyshevTereixa NavazaZíngaro🡆 More