Constelación León: Constelación

León (símbolo , Unicode ♌), é unha das constelacións do zodíaco.

Atópase entre Cáncer e Virgo.

Leo
Leo
Nome latino Leo
Abreviatura Leo
Xenitivo Leonis
Simboloxía o león
Ascensión recta 11 h
Declinación 15°
Área 947 graos cadrados

Rango 12º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

3
Estrela máis brillante Regulus (α Leo)

(magnitude ap. 1,4)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −65°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril

Características notables

Constelación León: Características notables, Estrelas principais, Obxectos notables de espazo profundo 
Representación medieval de León

León contén moitas estrelas brillantes, destacando os sistemas estelares Régulo (α Leonis) -o corazón do león- e Algieba (γ Leonis), así coma Denébola (β Leonis), que posúe un disco circumestelar. Moitas outras estrelas máis febles tamén reciben nomes propios, entre elas δ Leonis (Duhr ou Zosma), θ Leonis (Chertan ou Chort), λ Leonis (Alterf) e ο Leonis (Subra). Wolf 359, a terceira estrela máis próxima ó sistema solar (7,7 anos luz), está en León. A estrela de carbono CW Leonis é a estrela máis brillante no ceo nocturno na banda-N infravermella de (lonxitude de onda de 10 μm).

Estrelas principais

  • α Leonis (Regulus ou Régulo), estrela múltiple e a máis brillante na constelación con magnitude 1,35; o seu nome quere dicir 'pequeno rei' e está situada na parte de diante do león. A estrela principal é unha estrela quente branco-azulada 240 veces máis luminosaSol.
  • β Leonis (Denébola), no bordo oriental de León, é unha estrela branca e a segunda máis brillante con magnitude 2,14. Atópase relativamente próxima a nós, a só 36 anos luz. Dectectouse a presenza dun disco circumestelar ó seu redor.
  • γ Leonis (Algieba), unha fermosa estrela dobre con dúas compoñentes amarelo-alaranxadas, ambas estrelas xigantes, que poden ser vistas mediante o telescopio. De magnitude conxunta 2.21, é a terceira máis luminosa de León.
  • δ Leonis (Duhr ou Zosma), estrela branca a 58 anos luz, a cuarta máis brillante con magnitude 2,56.
  • ε Leonis (Ras Elased Australis), xigante amarela de magnitude 2,98.
  • ζ Leonis (Aldhafera ou Adhafera), con magnitude 3,44, unha estrela en rápida evolución dende a secuencia principal á fase de xigante.
  • η Leonis, superxigante branca moi luminosa a aproximadamente 2100 anos luz de distancia.
  • θ Leonis (Chertan ou Chort), estrela branca da secuencia principal de magnitude 3,33.
  • ι Leonis, binaria espectroscópica cunha compoñente principal que é unha subxigante branco-amarela.
  • μ Leonis (Rasalas ou Ras Elased Borealis), xigante laranxa de magnitude 4,1.
  • ο Leonis (Subra), de magnitude 3,52, en realidade unha estrela binaria con dúas compoñentes (unha xigante amarela e unha estrela branca da secuencia principal) que se atopan moi preto entre si.
  • ρ Leonis, superxigante azul 165.000 veces máis luminosa co Sol.
  • 83 Leonis, unha estrela binaria, cun planeta extrasolar ó redor da compoñente secundaria.
  • R Leonis, ó oeste de Régulo, variable Mira cunha magnitude que oscila entre 4,4 e 11,3 durante un período de 10 meses e medio.
  • HD 89307, anana amarela semellante ó Sol cun planeta extrasolar a 4,15 UA.
  • AD Leonis (GJ 388), unha das estrelas fulgurantes máis activas e máis estudadas, situada a un pouco menos de 16 anos luz.
  • CW Leonis (IRC +10216), pode que sexa a estrela de carbono mellor estudada, emite a meirande parte da súa enerxía coma radiación infravermella.
  • Wolf 359 ou CN Leonis, ó sur da constelación, é unha anana vermella e estrela fulgurante, a terceira máis próxima a nós a 7,8 anos luz; é visible con pequenos telescopios.
  • Gliese 436, unha estrela cun planeta da masa de Neptuno pero cunha órbita moi próxima á súa estrela.
  • GJ 3685A, anana vermella e estrela fulgurante onde no 2004 púidose observar unha laparada un millón de veces maior cás erupcións solares.

Obxectos notables de espazo profundo

León contén gran cantidade de galaxias (en realidade parte do Cúmulo de Galaxias de Virgo), visibles só con telescopios, onde destacan:

  • M65 e M66, dúas galaxias espirais a uns 35 millóns de anos luz: atópanse preto de Chertan (θ Leonis). Poden verse con prismáticos pero aprécianse mellor cun telescopio. Xunto con NGC 3628, forman o Triplete de Leo.
  • Galaxia espiral M96 e galaxia espiral barrada M95, esta última menos grande e brillante.
  • M105, NGC 3384 e NGC 3389, tres galaxias que aparecen coma un triángulo de luz difusa. M105, a máis brillante das tres, é unha galaxia elíptica.
  • NGC 2903, galaxia espiral barrada de magnitude 9,7 situada 1,5º ó sur de λ Leonis. Pódese aprecia-la súa forma cun pequeno telescopio.
  • NGC 3521, tamén unha galaxia espiral no bordo sur da constelación.
  • NGC 3370 ou galaxia Silverado, onde tivo lugar a supernova SN 1994ae, unha das máis próximas e mellor estudadas.
  • NGC 3226 e NGC 3227 (Arp 94), dúas galaxias interactuando que se poden ver cun telescopio duns 100 aumentos.
  • NGC 3808 e NGC 3808A (Arp 87), dúas galaxias tamén interactuando.
  • Leo I e Leo II, galaxias moi febles pertencentes ó Grupo Local. Leo I está situada 12 arcmin ó norte de Regulus.

Mitoloxía

Constelación León: Características notables, Estrelas principais, Obxectos notables de espazo profundo 
Leo, o León.

O nacemento de León remontase á antigüidade, aínda que é posterior ás constelacións de Aries, Taurus e Saxitario. León correspóndese co León de Nemea, fillo de Tifón e Equidna, animal invulnerable que arrasaba os campos devorando ás persoas e ó gando. A primeira tarefa de Heracles foi matalo. O león tiña coma morada unha cova con dúas entradas, pero Heracles tapou unha delas e entrou pola outra para sorprender á fera. Abrazou ó león esganándoo ata afogalo, e despois coas súas propias poutas espelicouno e tomou para si mesmo a súa pel e a súa cabeza coma casco. Zeus transformou ó león en constelación para honrar ó seu fillo.

En Mesopotamia simbolizaba o lume e a culminación do quentamento solar no hemisferio norte. No Exipto, representaba ó Sol e a Monarquía. Os israelitas asociárono con Xudá, que se recosta coma o león, razón pola que figura no estandarte do reino homónimo. A tradición xudeocristiana relaciónao co evanxelista San Marcos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Constelación León Características notablesConstelación León Estrelas principaisConstelación León Obxectos notables de espazo profundoConstelación León MitoloxíaConstelación León NotasConstelación León Véxase taménConstelación LeónConstelaciónCáncer (constelación)VirgoZodíaco

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O incerto señor Don HamletNervio ópticoCatión de amonio cuaternarioAnticorpoEscudo de VenezuelaDeportivo da CoruñaArroazLucía Rodríguez VázquezPremio Espasa de EnsaioGalego-portuguésSayenGuerra civil españolaAgricultura ecolóxicaEscola Técnica Superior de Arquitectura da CoruñaRicardo Carballo CaleroPedro ChoscoDonicelaJosé MiñonesThomas K. DeLoreyNoelia ReyProduto interior brutoLinguas indoeuropeasEstados Unidos de AméricaSenegalNosce te ipsumEfecto FöhnFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaTrasnoTelevisión de GaliciaPrimeira guerra mundialFilipe I de CastelaLoureiroAlberto Núñez FeijóoEscola Universitaria de Deseño Industrial de FerrolFausto CercignaniFestas MinervaisSistema de escritaConcellos de GaliciaMundial de Fútbol de 2018 - Grupo BRapa das bestasMarca HispánicaYouTubeÁlvaro CunqueiroGalizaJean-Claude Van DammeCesáreo Sánchez IglesiasMontsiàRafaela Hervada CarnereroCasto Sampedro FolgarRafael LouzánEugenia OsterbergerJacobo BucetaViticulturaWayback MachineCristiano RonaldoOrdoño III de LeónGralla cereixeiraThe SmithsNadalTeoría cuántica de camposLingua francesaTrackbackCastros da provincia de OurenseMoeda da Antiga RomaElena CandiaDígocho euLuís RubidoEstrutura primaria das proteínasPili PampínCobreRebentaboisDereitos humanos🡆 More