Laurentino Cortizo: Político panameño

Laurentino «Nito» Cortizo Cohen, nado na Cidade de Panamá o 30 de xaneiro de 1953, é un político e empresario panameño, presidente de Panamá dende o 1 de xullo de 2019.

Infotaula de personaLaurentino Cortizo
Laurentino Cortizo: Traxectoria, Vida profesional, Carreira política
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Laurentino Cortizo Cohen Editar o valor em Wikidata
30 de xaneiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Cidade de Panamá Editar o valor em Wikidata
Laurentino Cortizo: Traxectoria, Vida profesional, Carreira política 33º Presidente de Panamá
1 de xullo de 2019 –
← Juan Carlos Varela
Speaker of the National Assembly of Panama (en) Traducir
1 de setembro de 2000 – 31 de agosto de 2001 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePanamá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en Austin
St. Edward's University (en) Traducir
Norwich University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico, administrador de empresas, ganadero.
Partido políticoPartido Revolucionario Democrático (2004–)
Solidarity Party (en) Traducir (1993–2004) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças Públicas do Panamá (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarComandante en xefe Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYazmín Colón de Cortizo

Páxina webnitocortizo.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: NitoCortizo WikiTree: Cortizo_Cohen-1 Editar o valor em Wikidata

Membro do Partido Revolucionario Democrático (PRD), foi deputado da Asemblea Lexislativa entre 1994 e 2004 (sendo presidente do órgano entre 2000 e 2001)

En 2004, durante a presidencia de Martín Torrijos, foi ministro do Desenvolvemento Agropecuario, pero renunciou ao cargo o 6 de xaneiro de 2006 por estar en desacordo con certas cláusulas do Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos e Panamá, en especial de que Panamá flexibilizase as súas medidas fitosanitarias e zoosanitarias ante Estados Unidos.

Dende o 1 de xullo de 2019 é presidente de Panamá tras vencer nas eleccións xerais de 2019, obtendo o 33,18% do total de votos en primeira volta.

Traxectoria

Naceu na Cidade de Panamá, sendo os seus pais o galego Laurentino Cortizo Cortizo, natural da aldea de Ricovanca, en Beariz, e Esther Cohen de Cortizo, de orixe grega. Cursou estudos primarios no Colexio Javier e secundarios no Colexio de La Salle en Nicaragua. Realizou estudos na Academia Militar de Valley Forge. Obtivo o título de licenciado en Administración de Empresas na Universidade de Norwich, Estados Unidos. Realizou unha mestría en Administración de Empresas e estudos de doutoramento en Comercio Internacional e Mercadotecnia na Universidade de Texas, en Austin.

Vida profesional

Despois de graduarse, viaxou a Washington en 1981 para traballar como asesor técnico do secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).

En novembro de 1986, foi nomeado embaixador representante alterno de Panamá ante a OEA, sendo membro da Comisión de Orzamento e do Grupo de Traballo sobre o Sector Privado. Presidiu o Grupo de Traballo sobre os Problemas de Desenvolvemento dos Estados do Istmo Centroamericano. Nese período, presidiu a Comisión Executiva Permanente do Consello Económico e Social.

Dende 1986, exerceu a súa profesión no sector privado nas empresas do Grupo Cortizo, Panablock (empresa de materiais de construción) e Hacienda Hermacor (gandaría de alta xenética).

Carreira política

Como lexislador

En 1994 foi electo baixo a Partido Solidaridad como lexislador polo circuíto 3-2, pertencente á provincia de Colón. En 1998 foi escollido primeiro vicepresidente da Asemblea Lexislativa de Panamá.

En 1999, foi nomeado nas eleccións xerais como candidato á segunda vicepresidencia da República, sendo compañeiro de fórmula do candidato Martín Torrijos, do Partido Revolucionario Democrático (PRD) e de Raúl "Beby" Arango, do Partido Liberal Nacional. A pesar de que a fórmula presidencial foi derrotada, Cortizo puido ser reelixido como lexislador e en 2000 foi electo presidente da Asemblea Lexislativa.

Aínda que, en 1999 Cortizo mantivo un apoio condicionado ao goberno da presidenta Mireya Moscoso, a través do Pacto de La Pintada, a súa elección como presidente do órgano lexislativo ao ano seguinte foi feita contraria á liña de Solidaridad, que terminara co PRD e adheriuse ao Partido Arnulfista logo das eleccións xerais. Cortizo adheriuse ao Pacto para o Melloramento e Transformación da Asemblea (META) e mantivo un apoio político co PRD, dando motivos para a súa posible expulsión de Solidaridad, aínda que non se concretou. Mantivo a súa liña disidente até o final do seu período lexislativo e expresou o seu apoio a Martín Torrijos do PRD como candidato presidencial con miras ás eleccións xerais de 2004.

Ministro

En 2004 inscribiuse formalmente no PRD e tras a vitoria electoral de Torrijos como presidente da República, Cortizo foi nomeado Ministro de Desenvolvemento Agropecuario.

Cortizo asumiu o cargo no medio das negociacións do sector agrícola para o establecemento dun tratado de libre comercio entre Panamá e os Estados Unidos, onde os produtores sentían escepticismo polos acordos que os negociadores panameños aceptaron ante os Estados Unidos. Con todo, o 22 de setembro de 2005, Cortizo recibiu un documento da oficina do representante de Comercio dos Estados Unidos, onde tivo que selar a súa sinatura xunto coa dos ministros de Comercio e Industria, Alejandro Ferrer e Saúde, Camilo Alleyne. Nese documento, os Estados Unidos trataban que Panamá ofrecese un tratamento especial ás súas importacións de bovinos e aves, ignorando os controis sanitarios nacionais e ofrecendo como única garantía as certificacións sanitarias emitidas polas súas entidades de inspección nos Estados Unidos, modificando os acordos alcanzados anteriormente onde os dous países adoptarían as normas fitosanitarias e zoosanitarias segundo a Organización Mundial do Comercio. O documento en cuestión tratouse con certa confidencialidade, pero Cortizo consultou a funcionarios de confianza que acordaron que esta modificación prexudicaría o sector, polo que non puxo a súa sinatura.

O 6 de xaneiro de 2006, Cortizo non viaxou a Washington, onde se celebraría a novena rolda de negociacións e foi á residencia do presidente Torrijos para presentar persoalmente a súa dimisión e expoñer a súa oposición ás negociacións. O 10 de xaneiro de 2006, pouco antes de iniciar a primeira fase da rolda, Cortizo convocou unha conferencia de prensa onde anunciou publicamente a súa dimisión e denunciou a existencia do documento. Trala dimisión, o goberno nomeou a Guillermo Salazar, que estaba a cargo das negociacións agrícolas, como novo ministro e intentou minimizar o efecto que deixou Cortizo, aclarando que o documento nunca foi avalado. As presións do sector agrícola despois do escándalo forzaron as negociacións do tratado a unha décima rolda.

Primeiras aspiracións presidenciais

Logo da súa renuncia como ministro, mantivo un baixo perfil político, pero o 7 de maio de 2008 anunciou a súa candidatura como candidato á presidencia de Panamá nas eleccións primarias do PRD. O seu plan de goberno estaba baseado en seis eixes: loita contra a pobreza e a marxinación, estado de dereito, educación para a vida e o traballo, economía competitiva para xerar emprego, institucións independentes, corrupción e transparencia e rendición de contas. Despois das eleccións primarias do 7 de setembro de 2008, Cortizo foi derrotado por Balbina Herrera e obtivo o terceiro posto en preferencias, co 9% dos votos. Uniuse ao equipo de campaña de Herrera para as eleccións xerais de 2009 e foi o coordinador do plan gobernamental da candidata.

En novembro de 2012, Cortizo dixo que non participaría nas primarias presidenciais do 10 de marzo de 2013 e mostrou o seu apoio a Juan Carlos Navarro, integrando algúns dos seus puntos no plan do goberno de Navarro. Despois das primarias, Navarro converteuse no candidato presidencial do partido nas eleccións xerais de 2014, e Cortizo foi nomeado por Navarro como xefe do gabinete social nunha eventual vitoria do PRD, onde estaría a cargo do sector agrícola e da cesta básica

Candidatura presidencial

Trala derrota do PRD nas eleccións de maio de 2014, o partido caeu nunha crise de liderado que deixou fisuras entre Navarro, que renunciou á secretaría xeral do partido, e Benicio Robinson, presidente do PRD, que preferiu non renunciar; Cortizo foi visto como unha das posibles figuras que poderían recompoñer o partido nese momento. En 2015, Cortizo cuestionou a disputa interna e volveu expresar o seu interese en ocupar a presidencia da República nas eleccións de 2019 .

O 19 de abril de 2016, Cortizo anunciou formalmente a súa aspiración presidencial polo PRD, baixo o lema "Unindo forzas", consistente nunha serie de xiras políticas e reunións con bases do partido en todo o país,, aínda que foi inicialmente cuestionado pola présa da súa decisión ao facerse uns dous anos antes das primarias presidenciais, e que a súa decisión non tivo o apoio do comité executivo nacional do partido. En 2017, a aspiración de Cortizo foi apoiada polo presidente do PRD, Benicio Robinson, e por outras faccións importantes do partido.

Unha vez que se anunciaron as primarias presidenciais do PRD en 2018, Cortizo postulouse como pre-candidato o 16 de xullo. Uns 17 pre-candidatos participaron nas eleccións primarias o 16 de setembro, destacando a deputada Zulay Rodríguez e o expresidente Ernesto Pérez Balladares . Cortizo obtivo o nomeamento como candidato presidencial do PRD, obtendo 215 628 votos (o 66% do total).

Entre as propostas e ideas que Cortizo apoia, están a loita contra a pobreza, os problemas sociais e a corrupción, que el chamou a "sexta fronteira"; facendo eco da "quinta fronteira", mencionada por Omar Torrijos Herrera nos anos setenta, que facía referencia á fronteira da antiga Zona do Canal de Panamá que dividiu o país. Tamén prometeu eliminar o control de prezos establecido polo goberno do presidente Juan Carlos Varela e establecer mercados comunitarios como un xeito de achegar aos produtores e consumidores. Falou en contra do aborto e do matrimonio igualitario, mentres que apoia o uso do cánabo medicinal. Do mesmo xeito, expresou a súa intención de reformar a Constitución. Dende outubro de 2018, comezaron os traballos do seu plan gobernamental, que foi presentado o 1 de abril de 2019.

Nas eleccións celebradas o domingo 5 de maio, Cortizo foi o vencedor, con 633 143 votos (33,18%), seguido por un estreito marxe por Rómulo Roux, candidato de Cambio Democrático, que obtivo 592 311 votos, que representan o 31,04% do total, e o candidato independente, Ricardo Lombana, con 365 511 votos (19,15%). O candidato do Partido Panameñista, José Isabel Blandón, logrou pouco máis do 10% dos votos.

Presidencia (2019 - presente)

Tomou posesión do cargo de presidente de Panamá o 1 de xullo de 2019.

Vida persoal

Casou con Yazmín Colón de Cortizo e tivo dous fillos (Jorge Andrés e Carolina Esther) e dous netos. Tivo unha educación política inspirada nos ensaios do xurista e político liberal colombiano Jorge Eliécer Gaitán, e un tío de Cortizo foi deputado pola provincia de Colón. Tamén se declara un devoto lector da Biblia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Laurentino Cortizo TraxectoriaLaurentino Cortizo Vida profesionalLaurentino Cortizo Carreira políticaLaurentino Cortizo Presidencia (2019 - presente)Laurentino Cortizo Vida persoalLaurentino Cortizo NotasLaurentino Cortizo Véxase taménLaurentino Cortizo195330 de xaneiroCidade de PanamáEmpresaLista de presidentes de PanamáPanamáPolítica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Míster EspañaArroazXosé Manuel PiñeiroAlberte PagánRebeliom do InframundoAdolfo SuárezPaulino PereiroLingua galegaFrancisco AsoreyNordés (vento)Romariz, Riós, RiósMártires de CarralAsunta Basterra PortoMeteoGaliciaMomia de ManchesterVladimir PutinMoinanteMaría Xosé QueizánPaparazziDos arquivos do trasnoDomingoJohn Forbes NashSan PetersburgoAna TurpinBronceXeración do 36PalmaAlfonso Basterra CamporroHelsingin JalkapalloklubiMañónSéculos EscurosPontedeumeXosé Carlos MorellEstatua de Che Guevara en OleirosOs vellos non deben de namorarseHCarmen LovelleJennifer Lopezoyz9zMaría Jesús MonteroCarrizo (paxaro)Frida KahloManuel FragaSegunda guerra mundialSistema operativoLista de episodios de DoraemonCharles WhiteAsalto do bou EvaJorge PeteiroBipartito galego1868VáknerAustraliaRosario Porto OrtegaGame Boy Advance SPRamón CabanillasGabriel García MárquezPobo palestinoArxentinaAlfonso RuedaViacrucis2003InstagramGonzalo LouzaoTShōgunYolanda CastañoMiro CasabellaPadrónEnsaio (literatura)UcraínaFoca monxeFernando Alonso🡆 More