Lüneburg

Luneburgo ou Lüneburg, tamén transcrito Lueneburg (en alemán: Lüneburg ) é unha cidade situada na Baixa Saxonia, Alemaña.

É a capital do distrito homónimo (en alemán: Hansestadt Lüneburg [ˈhanzəʃtat ˈlyːnəbʊɐ̯k] ). A primeira mención que se ten dela data de 956.

Modelo:Xeografía políticaLüneburg
Lüneburg
Imaxe

Localización
Lüneburg Editar o valor em Wikidata
 53°15′09″N 10°24′52″L / 53.2525, 10.414410°24′52″L / 53.2525, 10.4144
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia
District of Lower Saxony (en) TraducirLüneburg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación76.837 (2022) Editar o valor em Wikidata (1.089,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie70,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude17 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoUlrich Mädge (pt) Traducir (1991–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal21335, 21337 e 21339 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico04131 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webhansestadtlueneburg.de Editar o valor em Wikidata

En tempos de Johann Sebastian Bach foi un pequeno centro musical.

A escola de San Miguel, antigo mosteiro beneditino, albergou unha Academia de Cabaleiros mentres nas principais igrexas (San Miguel, San Nicolás e San Xoán) tocaban organistas do talle de Georg Böhm (1661-1773).

Xeografía

Lüneburg atópase na conca baixa do río Ilmenau, 30 km antes de chegar á súa confluencia co río Elba. Ao sur da cidade esténdense os 7400 km² do uzal de Luneburgo, o cal se desenvolveu grazas á explotación forestal e as minas de sal. A constante extracción dos depósitos de sal existentes baixo a cidade tamén deu lugar ao afundimento de varias zonas, algunhas veces de forma gradual, outras de maneira espectacular. No extremo oeste de Luneburgo áchase a coñecida como Kalkberg, un pequeno outeiro e canteira de xeso, onde existiu un castelo que foi a orixe da cidade.

Historia

Lüneburg 
Rúa da cidade monumental de Luneburgo.
Lüneburg 
Springbrunnen Kurpark

Durante a Idade Media, Lüneburg gozou de gran riqueza grazas ao comercio do sal. Por todos os arredores existían moitas fábricas que o exportaban ás vilas circundantes. Seguindo a Vella Ruta do Sal era transportada vía Lauenburg até Lübeck, onde se embarcaba para ser distribuída por toda a costa do mar Báltico. Lüneburg e o seu sal foron unha das principais fontes de poder e riqueza da liga Hanseática, étapa á que se adicou o Museo do Sal de Alemaña na cidade.

Lüneburg foi erixida en ducado en 1235, posteriormente anexionada a Hannover en 1692.

Durante a ocupación napoleónica, e de 1807 a 1810, a cidade foi anexionada ao reino de Westfalia, antes de ser incorporada a Francia até 1814, data do retorno ao reino de Hannover tras o afundimento do Primeiro Imperio.

Após un longo período de prosperidade, a súa importancia empezou a declinar lentamente a partir de 1600. As salinas pecháronse en 1980. A cidade volveu recuperar unha nova notoriedade grazas á fundación da súa universidade en 1989.

A paisaxe única das Landas de Luneburgo (Lüneburger Heide, termo que non ten relación coa palabra alemá Land, Länder en plural) débese ao escalonamento das areas producido polo retroceso do glaciar após o último período glacial. A deforestación da rexión circundante por mor da produción do sal, completou a acción natural, que terminou empobrecendo a paisaxe natural.

Séculos XX e XXI

Na segunda guerra mundial, destruíuse o 2,4% da cidade. O 4 de maio de 1945 asinouse a Convención de Lüneburg, por medio da cal as tropas alemás estacionadas en Westfalia, Dinamarca e os Países Baixos quedaban ás ordes do mariscal de campo Montgomery, o que preludiaba a capitulación do 8 de maio de 1945. O 23 de maio de 1945, o criminal de guerra nazi Heinrich Himmler, suicidouse en Lüneburg, despois de ser capturado polo exército británico, inxerindo unha cápsula de cianuro antes de que o seu interrogatorio comezase. O seu corpo está enterrado nun bosque próximo nun lugar sen marcar.

En tempos recentes, Luneburgo ten ampla actividade turística e hostaleira, coa maior de bares por habitante de Alemaña.

A cidade ten unha grande fama e é o escenario, de forma legal, de street Art (muralismo) e grafittis, ás veces promovidos pola universidade.

O distrito máis poboado (8000 habitantes) é Kaltenmoor, que se caracteriza por unha alta porcentaxe de inmigrantes.

Infraestruturas

Lüneburg 
Estación (Bahnhof)
  • Hospitais: 2 (Stätisches Krankenhaus Lüneburg e Lüneburg Landeskrankenhaus)
  • Teatros: Theater Lüneburg
  • Cines: 2 Cinestar, Scala Kino
  • Hoteis: 8
  • Museos: 8
  • Transporte: Lüneburg forma parte da compañía de transporte Hamburger Verkehrsverbund. Hai 11 liñas de autobuses na zona urbana. Ten unha estación de tren principal e unha máis pequena situada en Bardowick. Desde Lueneburg hai moi fácil acceso en tren a Hamburgo, Hannover, Lubeca, Lauenburg, Uelzen e Winsen.

Barrios

Lüneburg 
Vista parcial da cidade.

A cidade divídese nos seguintes barrios:

  • Altstadt
  • Bockelsberg
  • Ebensberg
  • Goseburg-Zeltberg
  • Häcklingen
  • Kaltenmoor
  • Kreideberg
  • Lüne-Moorfeld
  • Mittelfeld
  • Neu Hagen
  • Ochtmissen
  • Oedeme
  • Rettmer
  • Rotes Feld
  • Schützenplatz
  • Weststadt en Wilschenbruch
  • Jüttkenmoor
  • Klosterkamp
  • Bülows Kamp
  • In dean Kämpen
  • Krähornsberg
  • Schäferfeld
  • Volgershall
  • Zeltberg

Ensino

A cidade é sede da Universidade Leuphana de Lüneburg (anteriormente coñecida como a Universität Lüneburg). Hai 14 escolas secundarias na cidade: 5 Gymnasien, 4 Realschulen e 5 Hauptschulen. Conta con 6 escolas de Formación Profesional, 3 escolas especiais, 3 escolas privadas e 12 escolas primarias.

Cidade monumental

Lüneburg 
Maqueta da cidade monumental na Praza do Mercado (Marktplatz Lüneburg Niedersachsen)
Lüneburg 
Órgano da igrexa de San Xoán.

Lüneburg é unha das poucas cidades do norte de Alemaña cuxo centro histórico quedou indemne despois da Segunda guerra mundial, polo que o seu centro histórico non sufriu a destrución que si ocorreu noutras cidades. Con todo, o abandono dos edificios até a década de 1960 levou a desaparición dalgúns predios notables. Ademais durante as décadas de 1950 e 1960 algúns dos edificios semi-ruinosos foron demolidos para construír neles almacéns, seguindo a arquitectura industrial da época, como consecuencia desas demolicións e construcións posteriores, tamén se produciu a desaparición dalgunhas rúas de Lüneburg.

Desde comezos dos anos 1970 a cidade está a ser coidadosamente restaurada. Iso levou a descubrimentos de antigas pinturas até ocultas en teitos, cerámicas medievais e tabernas históricas, pozos etc., o que supuxo unha axuda notable no coñecemento da vida nesa zona durante a Idade Media.

Dentro do conxunto monumental sobresaen as igrexas de San Esteban, San Xoán, San Miguel e San Nicolás. Todas elas construídas durante os séculos XIV e XV en fábrica de ladrillo, como é habitual no norte do país. Son igrexas na súa maioría de culto luterano, pero a igrexa de San Esteban é a máis antiga con culto ecuménico —funciona como igrexa tanto para protestantes como para católicos—.

Tamén interesantes son o antigo arsenal, a farmacia de 1598, a Bäckerstrasse e o concello cos seus característicos soportais. Fronte a este sitúase unha estatua de bronce da deusa da Lúa con arco e frecha. O orixinal que data de 1530 foi roubado nos anos 70 e agora pode observarse unha réplica feita en 1972.

É moi notable, até o grao de haberse convertido no ex libris da cidade, a zona do antigo porto no río Ilmenau, cun guindastre medieval que segue en funcionamento.

Moi próximo á cidade atópase o mosteiro de Lünen, un antigo mosteiro beneditino, que data de 1172.

Deportes

O fútbol é o deporte máis popular en Luneburgo, do mesmo xeito que o é en toda Alemaña; o hockey sobre xeo e baloncesto tamén son moi populares.

Clubs

Galería

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Lüneburg XeografíaLüneburg HistoriaLüneburg InfraestruturasLüneburg BarriosLüneburg EnsinoLüneburg Cidade monumentalLüneburg DeportesLüneburg GaleríaLüneburg Cidades irmandadasLüneburg NotasLüneburg Véxase taménLüneburg956AlemañaBaixa SaxoniaCidadeLingua alemá

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Manuel Rodríguez PuenteFran TorresPrefectura de GifuCaldas de ReisJoseba ApaolazaMasculino e feminino en galegoDos arquivos do trasnoBugalloXosé Luís Méndez FerrínIgnacio CodesidoO reino medieval de Galicia na historiografíaEl LuísClaudio Garrido MartínezRubiáJosé Benito Pardo RodríguezAs Pontes de García RodríguezProduto interior brutoVíctor DupláVilela, Outeiro de ReiLady GagaReino de GaliciaPepa a LobaPriyanka ChopraCeutaCangasDiane LaneMarina CastañoMona SimpsonCouto MixtoPena Verde, Rebordondo, CualedroPontevedraBenito KamelasAciñeiraBruce SpringsteenDedaleiraFerreiriñoLabios (xenitais)Lista de concellos de OurenseLeirón rabudoIndalecio Tizón ReboredaThe Wedding DateEspañaLingua casteláLuis Miguel del AmargueCalendario gregorianoPolbo á feiraFonteita, O CorgoIdentidade sexualBukkakeMércoresToubes, A PeroxaJosé Manuel Pérez PenasCEleccións municipais en San Cibrao das ViñasXosé MonteagudoSegunda guerra mundialMúsica tradicional galegaDavid PerdomoNacionalismo galegoZoe SaldanaXosé Ramón GayosoTreixadura (grupo musical)Somersby (sidra)MelideNigránLuísa VillaltaDani PedrosaRogue (filme)Henrique López VeigaVertoTamara CanosaJacinto ConvitMalpica de BergantiñosAmanda LearAmeixa (froito)Luís Torras🡆 More