Khertek Anchimaa-Toka: Política soviética

Khertek Amyrbitovna Anchimaa-Toka (en ruso: Хертек Амырбитовна Анчимаа-Тока, en tuva: Анчимаа-Тока Хертек Амырбит уруу, Anchimaa-Toka Khertek Amyrbit uruu), nada en Tannu Uriankhai (China Qing) o 1 de xaneiro de 1912 e finada en Kyzyl (Rusia) o 4 de novembro de 2008, foi unha política tuva-soviética que entre 1940 e 1944 foi a líder do Pequeno Khural da República Popular Tuva, e a primeira muller xefa de estado non hereditaria.

Foi a esposa de Salchak Toka, líder supremo da república dende 1932 a 1973.

Infotaula de personaKhertek Anchimaa-Toka
Nome orixinal(ru) Хертек Амырбитовна Анчимаа-Тока Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Kyzyl-Dag, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Kyzyl, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
República Popular de Tuva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Comunista dos Trabalhadores do Oriente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTuvan People's Revolutionary Party (en) Traducir
Partido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua mongol, Lingua tuvaniana e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSalchak Toka (1940–)

Traxectoria

Khertek Anchimaa naceu en Tuva, no que hoxe é o distrito de Bay-Tayginsky, no seo dunha familia campesiña pobre. Cando era nena, perdeu o seu pai e o seu irmán máis vello pola varíola. A pesar de que a súa nai era analfabeta, Khertek conseguiu aprender a ler e escribir en mongol e, en 1930, cando se creou o primeiro alfabeto nacional tuvano, foi unha das primeiras en aprendelo. Ese mesmo ano foi admitida en Revsomol, unha organización xuvenil vinculada ao Partido Revolucionario Popular Tuvano, similar ao Komsomol. Foi encargada de erradicar o analfabetismo do seu kozhuun (distrito) natal. Ao ano seguinte, en recoñecemento ao seu éxito, foi admitida e enviada, xunto con outros setenta elixidos, á Universidade Comunista Oriental. Ademais de estudar, os estudantes asistiron a charlas de famosos políticos soviéticos. Dise que o encontro con Nadezhda Krupskaia tivo un grande efecto sobre Khertek. Anchimaa-Toka foi unha dos once estudantes tuvanos que se graduaron.

Ao regresar a Tuva en 1935, dirixiu o departamento de propaganda de Revsomol. En 1938 converteuse en directora do Zhenotdel Tuvano, semellante ao Zhenotdel soviético. En 1940 alcanzou o cumio da súa carreira, obtendo o posto de presidenta do Pequeno Khural, converténdose así na muller de maior rango do seu tempo, superando a Aleksandra Kolontai, a primeira muller en ser ministra. Máis tarde, Sühbaataryn Yanjmaa e Sirimavo Bandaranaike superaron o seu logro. Ese mesmo ano casou con Salchak Toka, secretario xeral do Partido Revolucionario Popular Tuvano, aínda que mantivo o seu nome familiar "Anchimaa" ata a morte do seu marido. Durante o seu mandato, tivo extensa correspondencia co seu colega soviético Mikhail Kalinin.

Durante a segunda guerra mundial fixo moito para mobilizar os recursos da república para axudar a Unión Soviética na súa loita contra a Alemaña nazi e foi fundamental na inclusión de Tuva na Unión Soviética en 1944. Despois diso, traballou como vicepresidenta do comité executivo rexional e máis tarde vicepresidenta do Consello de Ministros de Tuva, sendo responsable de benestar social, cultura, deportes e propaganda.

Xubilouse en 1972, adoptando o nome de "Anchimaa-Toka" despois da morte do seu marido en 1973, levando unha vida tranquila ata a súa morte aos 96 anos. Khertek Anchimaa-Toka foi unha figura controvertida en Tuva, que se dixo que era membro da troika (similar á troika do NKVD), que condenou a morte o primeiro ministro tuvano Churmit Dazhy e outros altos cargos nos anos 30. Non obstante, o caso nunca foi investigado.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Khertek Anchimaa-Toka TraxectoriaKhertek Anchimaa-Toka NotasKhertek Anchimaa-Toka Véxase taménKhertek Anchimaa-Toka1 de xaneiro191220084 de novembroDinastía QingLingua rusaLingua tuvaRusiaUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

BugalloSerpinaLuísa VillaltaCohesiónColdplayAtaque a Pearl HarborRafael ChirbesFran AlonsoDios ke te crewRay LorigaA fiestra valdeiraWikipediaAlarico IIHindemburg Melão Jr.Man-in-the-middle attackManuela MalasañaFrancisco FrancoDiego Armando MaradonaPanteón de Galegos IlustresNaufraxio do PrestigeBillardaAntigua GuatemalaLista de xentilicios de concellos galegosCecilia (cantante)Guy de MaupassantRafael NadalO divino saineteLuz FandiñoIrmandiñosRamón CamposNetiquetaVicente RiscoO Caimán do río TeaTereixa NavazaAlexandre o GrandeRelación sexual humanaLeopoldo RubidoA carreira do séculoFrancisco de QuevedoCarqueixaJoint ventureO comparativo galegoMary Harris JonesÖstasiatiska museetQue me queres, amor?Primeira guerra mundialFestas MinervaisLista de ríos de GaliciaBudapestOza-CesurasIgnacio GarrigaOdiseaRodeiro, Oza-CesurasBitcoinDavid PerdomoLuis Rosón PérezRaposo comúnYouPornClub Bosco de Baloncesto3 de maioBetanzos, Betanzos, BetanzosMaría Xosé QueizánCommunity (serie de televisión)ArxentinaCarlos NegroRibeiraJavier GutiérrezCésar Gil BernárdezInglés medioPapiro (planta)Emilia Pardo BazánCopia por contactoVoy! Voy! Voy!Cantares gallegosC (linguaxe de programación)🡆 More