Kebnekaise: Montaña máis elevada de Suecia

18°33′00″L / 67.883333333333, 18.55

O monte Kebnekaise é a montaña máis elevada de Suecia, cunha altura de 2111 msnm.

Monte Kebnekaise
{{{PAGENAME}}}
Kebnekaise, o monte máis alto en Suecia
Localización xeográfica
CordilleiraMacizo do Kebnekaise
Localización administrativa
LocalizaciónSuecia
Características xerais
Altitude2111 m
Montañismo
Primeira ascensión1883 por Charles Rabot
Ruta máis fácilRuta leste
Kebnekaise: Nome, Características especiais, Situación
Localización do Kebnekaise no noroeste de Suecia

Nome

O nome é unha adaptación ao sueco do saami Giebmegáisi ou Giebnegáisi, que significa " Cima do Caldeiro", unha denominación corrente para certas montañas en distintos lugares. O caldeiro adoita aludir a algún gran circo glaciar que se desenvolveu nas proximidades do cume.

Características especiais

O Kebnekaise forma parte do macizo orográfico do mesmo nome, que forma parte dos Alpes Escandinavos. A montaña ten dous picos, dos cales o máis elevado é do sur con 2.104 metros, consonte a última medición. O pico norte, con 2.097 metros é penedoso e libre de neve. Como o glaciar que cobre a cota sur flutúa, a altura do Kebnekaise tamén cambia. A cifra tradicional é de 2.111 m, e nas medicións máis antigas dábanse até 2.117 m. De proseguir a fusión de xeos, ao ritmo que o fai na actualidade, é posíbel que o pico norte pase a ser a maior altura de Suecia, e de feito é a maior altitude fixa do país.

Situación

O Kebnekaise érguese na Laponia sueca, a uns 150 km ao norte do Círculo Polar Ártico e a 70 km ao oeste da cidade de Kiruna. Preto do macizo pasa a popular senda Kungsleden, entre Abisko e Nikkaluokta.

En Europa non hai unha montaña máis alta tan ao norte. Parte do territorio visíbel desde o monte pertence a Noruega, pero a Suecia corresponde 9% da área que se pode ver desde o cume, que son uns 40.000 km², unha superficie similar á de Holanda ou Estremadura.

Rutas e equipamento

Existe un refuxio de montaña ao pé do pico. É o punto de partida para dúas vías de ascenso: a ruta oeste (västra leden), que se estende uns 13 km, con 4 a 6 horas de camiño até a cima; e ruta leste (östra leden), de 10 km, e 3 a 5 horas até o cume. A vía oeste leva por ladeiras verticais até a cima intermedia de Vierranvárri e de aí para á xeada cima sur. A ruta leste conduce por glaciares e rochas de grao I-II (UIAA), estando ben equipada con cables fixos.

Tags:

Kebnekaise NomeKebnekaise Características especiaisKebnekaise SituaciónKebnekaise Rutas e equipamentoKebnekaiseCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ProxyDepartamento de ApurímacPanxermanismoJesús Hidalgo BermejoBandeira de GaliciaRamiro CarregalProvincias de EspañaTonhito de PoiRoberto VerinoDe NinghuresLista de episodios de DoraemonAmérica do NorteRocco SiffrediListenbourgMaría Jamardo28 de decembroVictoria Núñez LópezCanle (enxeñaría)Lucie IdloutEstados Unidos de AméricaOs pronomes persoais galegosBipartito galegoPadrónMarta Fernández-TapiasLuís CíliaMaruxa MalloCarbohidratoFlora invasora de GaliciaPalauAustraliaLista de ósos do esqueleto humanoVómito (grupo musical)BeteluDelfínidosExaculaciónManuel Curros EnríquezYolanda CastañoDoenza de Paget de mamaPemento de PadrónJude BellinghamXogo da chaveGoizuetaIsabel Díaz AyusoCarballedo, Cerdedo-CotobadeSerés, Serés, CastroverdeUniversidade de ManchesterCambadosÁlvaro MorataHBenito KamelasXurxo AyánAsteraceaeTransformador Tito VilanovaUniversidade de Santiago de CompostelaCunnilingusOldhamThomas Alva Edisonpxhj6Estanislao FiguerasVila Nova de CerveiraSri LankaCinema pornográficoLingua galegaÁngeles VázquezIrmandiñosAlfonso Basterra CamporroXabier Fortes22 de xulloFrancisco AsoreyXinzo de LimiaSalgueiroJosé Manuel Rodríguez PuenteLuís Pérez Barral🡆 More