Juan Diego Ruiz Moreno, nado en Bormujos (Sevilla) o 14 de decembro de 1942, e finado en Madrid o 28 de abril de 2022, foi un actor español.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Diego Ruiz Moreno 14 de decembro de 1942 Bormujos, España |
Morte | 28 de abril de 2022 (79 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Juan Diego |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actor de cinema , activista político , actor de televisión , actor de teatro , actor |
Período de actividade | 1957 - 2022 |
Partido político | Partido Comunista de España |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Participou en | |
24 de outubro de 2017 | Andalucía polo diálogo |
Premios | |
Juan Diego declarou que pasou unha infancia feliz e completamente normal. Aínda que sempre se sentiu identificado coa súa vila, de mozo decidiu estudar en Sevilla para evitar dedicarse ás faenas do campo. A súa temperá vocación interpretativa cobrou forma en 1957, cando subiu por vez primeira a un escenario.
Tres anos máis tarde interpretou en Sevilla Á espera de Godot, de Samuel Beckett, un traballo polémico que cimentou o seu prestixio entre a crítica. Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música e Declamación, estudos que lle permitiron entrar en contacto con Televisión Española (TVE). Interveu nunha gran cantidade de programas da televisión, entre telenovelas, producións dramáticas e o popular Estudio 1. Esta experiencia permitiulle coñecer a fondo as táboas e familiarizarse cos estamentos da profesión.
Tamén de novo tomou conciencia política e comezou a militar na Frente de Estudiantes Sindicalistas, que era a rama xuvenil do falanxismo disidente, que despois deu orixe á Falange Independiente. Porén, como outros militantes dese ambiente, acabou derivando cara a unha militancia no Partido Comunista de España (PCE), entón clandestino.
En 1975 foi un dos líderes da folga de actores que reivindicaba a redución da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Ese mesmo ano apareceu xunto a Ana Belén no filme La criatura de Eloy de la Iglesia, con quen xa colaborara en Algo amargo en la boca (1969), e participou no primeiro filme de Francisco Rodríguez, La casa grande, que participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín.
Na década seguinte interveu en Los santos inocentes (Mario Camus, 1984). Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema. A súa interpretación como o intrigante capuchino de El rey pasmado (1991), valeulle o seu primeiro premio Goya. A mediados da década de 1990 diminuíu a súa actividade cinematográfica, centrándose na súa carreira teatral.
En 1999 produciuse o seu regreso ao cinema con París-Tombuctú, en que daba vida a un anarquista que andaba espido polas rúas do lugar. Asunción Balaguer e Liberto Rabal anunciaron que o intérprete gañara o seu segundo Goya, que recolleu o director Luis García Berlanga, agradecéndolle que fose o "único actor que tivo as pelotas de saír en pelotas".
En 2002 Juan Diego regresou á televisión para porse ás ordes de Benito Zambrano en Padre Coraje, papel polo que obtivo o premio da Unión de Actores. Na gala de entrega, os candidatos berraron ao unísono "non á guerra", rexeitando a decisión de George W. Bush de iniciar a guerra de Iraq. O propio Juan Diego lera manifestos na Porta do Sol acompañado de María Barranco e Juan Diego Botto, chegando a atender no escenario un manifestante ferido pola policía.
En 2005 comezou a popular serie Los hombres de Paco, que durou ata 2010, nela actuou xunto cos actores Paco Tous, Pepón Nieto, Hugo Silva e Adriana Ozores.
Ano | Filme | Director |
---|---|---|
2019 | A pesar de todo | Gabriela Tagliavini |
2016 | No sé decir adiós | Lino Escalera |
2014 | Anochece en la India | Chema Rodríguez |
2012 | Todo é silencio | José Luis Cuerda |
2012 | 30 años de oscuridad | Manuel H. Martín |
2011 | 23-F: la película | Chema de la Peña |
2010 | Lope | Andrucha Waddington |
2010 | Que se mueran los feos | Nacho G. Velilla |
2009 | Rose et noir | Gérard Jugnot |
2007 | Casual Day | Max Lemcke |
2007 | Fuerte Apache | Jaume Mateu Adrover |
2006 | Vete de mí | Víctor García León |
2006 | El camino de los ingleses | Antonio Banderas |
2006 | Remake | Roger Gual |
2006 | El triunfo | Mireia Ros |
2006 | Pobre juventud | Miguel Jiménez |
2004 | María querida | José Luis García Sánchez |
2004 | El séptimo día | Carlos Saura |
2004 | Noviembre | Achero Mañas |
2004 | Torapia | Karra Elejalde |
2004 | A vida que che espera | Manuel Gutiérrez Aragón |
2003 | Torremolinos 73 | Pablo Berger |
2003 | Una pasión singular | Antonio Gonzalo |
2002 | La virgen de la lujuria | Arturo Ripstein |
2002 | Smoking Room | Roger Gual e Julio D. Wallovits |
2000 | Fugitivas | Miguel Hermoso |
2000 | You're the One (una historia de entonces) | José Luis Garci |
1999 | El invierno de las anjanas | Pedro Telecha |
1999 | París-Tombuctú | Luis García Berlanga |
1999 | Entre las piernas | Manuel Gómez Pereira |
1998 | Yerma | Pilar Tavora |
1997 | La novia de la media noche | Antonio Simón |
1993 | Tirano Banderas | José Luis García Sánchez |
1992 | El beso del sueño | Rafael Moreno Alba |
1992 | Jamón, jamón | Bigas Luna |
1991 | El rey pasmado | Imanol Uribe |
1991 | Martes de carnaval | Fernando Bauluz e Pedro Carvajal |
1991 | La noche más larga | José Luis García Sánchez |
1991 | Cabeza de Vaca | Nicolás Echevarría |
1989 | La noche oscura | Carlos Saura |
1988 | Pasodoble | José Luis García Sánchez |
1987 | Jarrapellejos | Antonio Giménez Rico |
1987 | Laura, del cielo llega la noche | Gonzalo Herralde |
1987 | Los negros también comen | Mario Ferreri |
1986 | El hermano bastardo de Dios | Benito Rabal |
1986 | Dragon Rapide | Jaime Camino |
1986 | El viaje a ninguna parte | Fernando Fernán Gómez |
1985 | Los paraísos perdidos | Basilio Martín Patino |
1985 | De tripas corazón | Julio Sánchez Valdés |
1984 | Los santos inocentes | Mario Camus |
1977 | La criatura | Eloy de la Iglesia |
1975 | El Love Feroz o Cuando los hijos juegan al amor | José Luis García Sánchez |
1970 | El demonio de los celos | Ettoro Scola |
1969 | Algo amargo en la boca | Eloy de la Iglesia |
1966 | Fantasía... 3 | Eloy de la Iglesia |
Ano | Premios | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|---|
1986 | Premios Goya | Mellor actor protagonista | Dragon Rapide | Nomeado |
1986 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de cinema | Dragon Rapide El hermano bastardo de Dios El viaje a ninguna parte | Nomeado |
1988 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de cinema | Así como habían sido Jarrapellejos Pasodoble | Nomeado |
1989 | Premios Goya | Mellor actor protagonista | La noche oscura | Nomeado |
1991 | Premios Goya | Mellor actor secundario | El rey pasmado | Gañador |
1991 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de cinema | El rey pasmado La noche más larga Martes de carnaval | Nomeado |
1992 | Premios da Unión de Actores | Mellor actor protagonista de teatro | No hay camino al paraíso, nena | Gañador |
1999 | Premios Goya | Mellor actor secundario | París-Tombuctú | Gañador |
1999 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de teatro | El lector por horas | Nomeado |
2000 | Premios Goya | Mellor actor secundario | You're the One (una historia de entonces) | Nomeado |
2000 | Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos | Mellor actor secundario | Fugitivas | Nomeado |
2000 | Premios Max | Mellor actor protagonista | El lector por horas | Gañador |
2001 | Premios da Academia da Televisión de España | Mellor interpretación masculina | Padre Coraje | Gañador |
2002 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de televisión | Padre Coraje | Nomeado |
2002 | Premios da Unión de Actores | Mellor actor protagonista de televisión | Padre Coraje | Gañador |
2002 | Festival de Cinema Español de Málaga | Biznaga de Prata ao mellor actor | Smoking Room | Gañador |
2002 | TP de Ouro | Mellor actor de televisión | Padre Coraje | Nomeado |
2003 | Premios Goya | Mellor actor secundario | Torremolinos 73 | Nomeado |
2004 | Premios Goya | Mellor actor secundario | El séptimo día | Nomeado |
2004 | Premios da Unión de Actores | Mellor actor secundario de cinema | El séptimo día | Nomeado |
2004 | Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos | Mellor actor secundario | El séptimo día | Gañador |
2005 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de teatro | El pianista | Nomeado |
2006 | Premios Goya | Mellor actor protagonista | Vete de mí | Gañador |
2006 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de cinema | Vete de mí | Gañador |
2006 | Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos | Mellor actor | Vete de mí | Nomeado |
2006 | Festival de Cinema Español de Málaga | Biznaga de Prata ao mellor actor | El triunfo Remake | Gañador |
2006 | Premios da Unión de Actores | Mellor actor protagonista de cinema | Vete de mí | Gañador |
2006 | Festival Internacional de Cine de Donostia | Cuncha de Prata ao mellor actor | Vete de mí | Gañador |
2008 | Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos | Mellor actor | Casual Day | Gañador |
2009 | Fotogramas de Prata | Mellor actor de televisión | Los hombres de Paco | Gañador |
2009 | Festival de Cinema Español de Málaga | Premio Málaga | Gañador | |
2010 | Premios da Unión de Actores | Mellor actor secundario de cinema | Lope | Nomeado |
2011 | Premios Goya | Mellor actor secundario | 23-F: la película | Nomeado |
2013 | Fotogramas de Prata | Toda unha vida | Gañador | |
2014 | Festival de Cinema Español de Málaga | Biznaga de Prata ao mellor actor | Anochece en la India | Gañador |
2017 | Festival de Cinema Español de Málaga | Biznaga de Prata ao mellor actor secundario | No sé decir adiós | Gañador |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Diego |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Juan Diego (actor), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.