José Antonio Rodríguez Fernández: Político e militar galego

José Antonio Rodríguez Fernández, nado en Taraza (Valdoviño) o 2 de febreiro de 1937 e finado o 5 de novembro de 2023, foi un político e militar galego.

Foi alcalde do seu concello dende o 1999 ó 2003 baixo as siglas do Partido Popular.

Infotaula de personaJosé Antonio Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Taraza, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , capitán de corveta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Aos 17 anos ingresou como mariñeiro voluntario na Armada Española, na que logo de pasar polas Escola de Máquinas da Armada de Ferrol e a Escola Naval de Marín acada as categorías de suboficial e oficial respectivamente. Logo de exercer como xefe de máquinas nos destrutores Jorge Juan e Blas de Lezo, pasa á reserva activa co rango de capitán de corveta.

Nas eleccións municipais de 1995 entra por vez primeira na vida política municipal. Se ben foi proposto como candidato do PPdeG polo seu comité local, o rexeitamento da executiva provincial supuxo que encabezase unha candidatura independente coa que foi primeiro tenente de alcalde nun goberno en coalición co PSdeG-PSOE. Repetiu a candidatura independente nas eleccións de 1999 e obtivo a alcaldía, pese a sela terceira forza política, ó logralo apoio do PPdeG (primeira forza) e integrarse previamente neste partido co seu equipo. Foi candidato popular nas municipais de 2003 pero, aínda que foi a forza máis votada, perdeu a alcaldía dado o acordo entre Centristas de Valdoviño e PSdeG.

Nas municipais de 2007 concorreu en cabeza de Unión de Independientes de Valdoviño, formación que logrou un concelleiro pero que foi chave de goberno formando un tripartito con Terra Galega e o PPdeG. Nas municipais de 2011 foi o número 2 de Converxencia Galega e formou parte do goberno co PPdeG e Unidos por Valdoviño dende febreiro de 2013. Debido a este pacto foi expulsado do partido co seu compañeiro e integrouse na lista do PPdeG nas municipais de 2015, sendo elixido concelleiro pero pasando á oposición debido á vitoria do PSdeG-PSOE. Volveu formar parte da lista popular nas municipais de 2019 pero non resultou elixido dado o descenso do partido.


Predecesor:
Elisa Garrido Cantarero
 José Antonio Rodríguez Fernández: Traxectoria, Notas, Véxase tamén 
Alcalde de Valdoviño
 
1999 - 2003
Sucesor:
Concepción Sanesteban Raposo

Notas

Véxase tamén

Outras páxinas

Tags:

José Antonio Rodríguez Fernández TraxectoriaJosé Antonio Rodríguez Fernández NotasJosé Antonio Rodríguez Fernández Véxase taménJosé Antonio Rodríguez Fernández19372 de febreiro20235 de novembroEleccións Municipais 1999 en GaliciaEleccións Municipais 2003 en GaliciaPartido Popular de GaliciaTaraza, Meirás, ValdoviñoValdoviño

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

The Times of IndiaSomersby (sidra)SantisoEvaristo CalvoValentín Alfonsín SomozaDos arquivos do trasnoEspazo ComúnCuruxa comúnPeixe sapoPilar BahamondeLorbé, Dexo, OleirosEsparragueiraCopa da CostaEstatuto de autonomía de Galicia de 1936Partido GalegoFamilia CaamagnoA sementeiraThe Notebook (filme)The ArtistLinuxCarmen ReyJusto Martínez MartínezDiego AnidoJulián Iglesias del RíoPedra de SconeBoimortoXoniaRevolución galega de 1846Manuel LourenzoRulaAntón TovarFlora invasora de GaliciaLaura AñónCSan Cibrao das ViñasTonhito de PoiXO Cuco de VelleO PinoNarónCandorcaGonzalo DuránO incerto señor Don HamletOrtigueiraA homosexualidade na historiaLMartin SheenTamara AndrésBoyanka Kostova (grupo musical)Ourizo cachoManuel Taboada VigoPampallínXosé Luís BernalCercedaMuiñeiraSilva bravaLuis ZaheraBaiuca (banda)3Orixe das avesDominic ThiemRequiarioReal Academia GalegaIgnacio CodesidoBorja VereaXosé Luís Méndez FerrínAAmieiroRío MiñoCatedral de Santiago de CompostelaThe Wedding DateChatGPTArañasBandeira de GaliciaProduto interior brutoMediasCuco🡆 More