Interkosmos 14

Interkosmos 14 (Интеркосмос 14 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 7, foi un satélite artificial soviético lanzado o 11 de decembro de 1975 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Interkosmos 14
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento11 de decembro de 1975, 17:00 GMT
Foguete portadorKosmos 3M
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera e a magnetosfera terrestres.
Decaemento27 de febreiro de 1983
NSSDC ID1975-115A
Masa700 kg

Características

Interkosmos 14 foi o sétimo e último membro da serie de satélites DS-U2-IK. Estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre e foi unha das contribucións ó programa de Estudo Magnetosférico Internacional (IMS pola súa sigla en inglés). O satélite levaba cinco experimentos a bordo para medir as emisións ELF (Extremely Low-Frequency, frecuencia extremadamente baixa) e VLF (Very Low-Frequency, frecuencia moi baixa) da magnetosfera terrestre, así como a variación da densidade do plasma ionosférico e temperatura de electróns ó longo da súa órbita, a variación do contido total de electróns da ionosfera e a enerxía e características de penetración das chuvias de meteoros.

O satélite orientábase magneticamente e contiña un sistema de telemetría estándar e un sistema de banda larga para transmitir datos en tempo real ou a partir do almacenamento de a bordo, consistente nunha grabadora de cinta.

Interkosmos 14 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1707 km de apoxeo e 345 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 105,3 minutos. As operacións co satélite finalizaron o 28 de xuño de 1976 e reentrou na atmosfera o 27 de febreiro de 1983.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Interkosmos 14 CaracterísticasInterkosmos 14 NotasInterkosmos 14 Véxase taménInterkosmos 1411 de decembro1975Cosmódromo de PlesetskKosmos 3MLingua rusaSatélite artificialUnión Soviética

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GazpachoAPremio Espasa de Ensaio26Celso ParadaEncoro do EumePartido dos Socialistas de GaliciaFroila VermúdezMelania CruzLisboaBandeira de GaliciaNavarraCarlos NegroArticulación frontoparietalXosé Manuel PiñeiroJoan de NovoaXabier DíazLuís SeoaneTrigoÁlvaro GagoGrupo NósEva CárdenasLeonardo da VinciFacultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaContinenteInstituto de Montes do PennXureloAxoloteManuel Curros EnríquezAthena 2BulgariaSambesugaDía das Letras GalegasConverxencia Nacionalista GalegaLesmaMarcel ProustCemiterio de Santo Amaro da CoruñaCaixa de Hockett20211825Ordoño III de LeónPneumáticaCalcio5Anselmo López CarreiraProvincia de PontevedraAlfabeto galegoMicciónAWStatsRafaela Hervada CarnereroGolfo de CádizCarbohidratoBiblioteca Galega 120Daniel de la TorreFernando AbreuCarlos Fernández CastroAlberto Núñez FeijóoIFreixoBCacheiras, TeourlAndrea MaceirasEstrutura terciaria das proteínasOuroIránHattusilis IÁnxel CasalEstados membros da Unión EuropeaLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming2005BugalloHéitor PicalloSexo🡆 More