Imperio Selxúcida: Reino medieval musulmán sunnita

O Grande Imperio Selxúcida (en turco Selçuklular ou Büyük Selçuklu İmparatorluğu; en árabe حکومت سلجوقیان) foi un reino medieval musulmán sunnita, rexido por xentes de orixe turca con bastante influencia persa Foi establecido polos Qynyq, unha facción dos turcos Oghuz, que chegou a controlar un vasto territorio delimitado polas montañas do Hindu Kush, Anatolia, Asia Central e o Golfo Pérsico.

Orixinarios das terras do mar de Aral, os selxúcidas avanzaron primeiro sobre o Gran Khorasan e deseguido sobre Persia e Iraq, chegando a Asia Menor no século IX. Causaron estragos nas provincias bizantinas e árabes en Oriente Medio, acabando co califato abbásida e debilitando considerablemente o Imperio Bizantino.

Modelo:Xeografía políticaImperio Selxúcida
دولت سلجوقیان (fa) Editar o valor em Wikidata
Imperio Selxúcida: Estado selxúcida, Historia, Legado
Imperio Selxúcida: Estado selxúcida, Historia, Legado

Nomeado en referencia aSeljuque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Imperio Selxúcida: Estado selxúcida, Historia, Legado Editar o valor em Wikidata
CapitalNishapur (pt) Traducir
Hamadán
Merv (pt) Traducir
Isfahán
Rey (pt) Traducir
Nishapur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua persa
árabe
Proto-Oghuz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo e Islam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.900.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1037 Editar o valor em Wikidata
Disolución1190 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor em Wikidata
MoedaDinar Editar o valor em Wikidata

Os turcos selxúcidas son considerados coma antepasados directos dos turcos suroccidentais, que actualmente ocupan Turquía, Acerbaixán e Turkmenistán. Desempeñaron un papel principal na historia medieval ao crear unha barreira fronte aos invasores mongois e ao defender o mundo musulmán fronte aos cruzados. Ademais a súa entrada en Anatolia despois de Manzikert supuxo un duro golpe para o Imperio Bizantino, marcando o seu destino.

O Imperio Selxúcida foi fundado polo bey Toğrül (ou Tugrul) no 1037 seguindo os pasos do fundador da dinastía selxúcida: Seljuk (Seljuque ou Seljuq), de quen toman o nome o reino e a dinastía.

Estado selxúcida

A administración selxúcida baseábase na organización tribal propia duns conquistadores nómades, e asemellábase a unha "confederación de clans" Nesta organización o líder da principal familia asignaba aos seus achegados porcións dos seus dominios, para que estes os administrasen autonomamente, aínda que mantendo unha vasalaxe nun réxime similar ao de infantado..

Sendo un “estado” cunha grande influencia persa no cultural e no idioma, os selxúcidas xogaron un importante papel no desenvolvemento do que se chamaría tradición turco-persa.

Historia

Fundador da dinastía

O bey Seljuk, foi o fundador da dinastía. Seljuk serviu no exército dos khazar, mais en torno ao ano 950 mudouse coa súa xente á Corasmia (Khwarezmia ou Khwarezm), preto da cidade de Jend (tamén chamada Khujand e Khodjent), onde se converte ao islam.

Os beys Tugrul e Chagri

O bey Togrul era neto de Seljuk. Xunto co seu irmán Çagrı (Chagri) combateu ao Imperio Gaznavida, e así, tras duns reveses iniciais, conquistou Merv e Nishapur (1028-1029). Tanto Togrul coma os seus sucesores continuarían os seus ataques por todo Khorasan e Balkh chegando a saquear Ghazni no 1037. En 1039 na Batalla de Dandanaqan derrotaron definitivamente aos gaznavidas que deberon abandonar os seus dominios occidentais a favor dos selxúcidas. En 1055, Togrul tomou Bagdad, controlado até entón polos Abbásidas.

Alp Arslan

Alp Arslan era fillo do bey Chagri. Tras unhas campañas con éxito, estendeu bastante os dominios que herdou de Togrul, engadindo ao seu reino Armenia e Xeorxia. Firmou varias treguas cos bizantinos que lle permitiron centrarse no seu maior obxectivo naquel tempo: os xiítas fatímidas. Pero, o destino deu un xiro inesperado en 1071 cando Arslan conseguiu unha vitoria decisiva na Batalla de Manzikert sobre os bizantinos. A partir de entón permitiu aos seus xenerais facerse con principados propios na que fora a Anatolia bizantina, exercendo coma atabeys (gobernadores) mantendo vasalaxe. Así, en poucos anos os turcománs expandiron o seu control por Asia Menor: os Saltuqis no noroeste de Anatolia, os Mengujeques no leste, os Artuqides (Ortúkides) no sueste, os Danismendidas no centro, o Sultanato do Rum no oeste (máis tarde na Anatolia Central) e o principado do bey Çaka en Esmirna).

Malik Shah I

Baixo o dominio do sucesor de Alp Arslan, Malik Shah I, e dos seus dous visires, Nizām al-Mulk e Tāj al-Mulk, os selxúcidas expandiron os seus dominios até a fronteira chinesa, moveron a súa capital de Rayy a Isfahán, fundaron a Universidade de Bagdad e no terreo da organización militar implantaron o iqta.

Este período coñécese coma a Idade de Ouro do Grande Imperio Selxúcida, e Malik foi recoñecido polos Abbásidas coma "Sultán de Oriente e Occidente" no 1087.

Neste período tamén cobrou forza a Orde dos Asasinos (Hashshashin) de Hassan-e Sabāh, que eliminou bastantes administradores do Imperio.

A I Cruzada

Os estados selxúcidas, máis preocupados por consolidarse nos seus propios territorio que por cooperaren entre si, non tiveron problema para se desfaceren da Cruzada Popular de Pedro o Eremita (1096), mais non puideron derrotar aos cruzados de Ademar de Monteil, que tomaron Nicea, Iconium, Cesareia Mazaca e Antioquía no seu avance cara a Xerusalén. Para cando os cruzados conquistaron Palestina (1099), esta xa non estaba nas mans dos turcos, senón que fora retomada polos Fatímidas.

A II Cruzada

Ahmed Sanjar foi quen de conter as numerosas revoltas que se produciron no Imperio: na Transoxiana, Afganistán, Kyrghyzstan etc; pero, non puido someter os Syr Darya, perdendo tras a Batalla de Qatwan (1141) as provincias orientais. Ao mesmo tempo, no oeste, os principados dos atabey gañaban cada vez máis autonomía, aliándose alternativamente entre si ou cos reinos cristiáns contra outros atabey.

Neste contexto Zengi chegou a ser atabey de Mosul, comenzado a consolidación dos principados de Siria. En 1144 Zengi capturou Edessa, cando o Condado de Edessa se aliou cos ortoquides contra el. Este suceso provocou o chamamento da II Cruzada. Nur ad-Din, un dos fillos de Zengi, e atabey de Alepo sería o encargado de crear a alianza rexional que se lle opuxo (1147).

División do Imperio

Imperio Selxúcida: Estado selxúcida, Historia, Legado 
Torres de Kharāghān, construídas no 1053 en Irán, forman parte do monumento funerario dunha princesa selxúcida.

Á morte de Malik Shah I, en 1092, o imperio dividiuse entre os seus catro fillos e o seu irmán. En Anatolia, Kilij Arslan I fundou o Sultanato do Rum; en Siria, asentouse Tutush I (irmán de Malik Shah); en Persia, Mahmud I o Grande, quen tivo que se enfrontar ao resto dos irmáns Barkiyaruq de Iraq e Ahmed Sanjar do Grande Khorasan.

Á morte de Tutush I os seus fillos dividiron o seu reino: Radwan quedou con Alepo e Duqaq con Damasco, pero acabarían enfrontados e coas súas leas provocaron unha división aínda maior entre diversos emires de Siria.

En 1118, Ahmed Sanjar tomou o control do Imperio. O seu sobriño Mahmud II (fillo de Muhammad I) non o recoñeceu e estableceu o seu propio sultanato en Bagdad, até 1131 cando foi finalmente deposto por Ahmed Sanjar.

Noutro territorio, nominalmente do Imperio Selxúcida, tomaron forza outros principados: Artuqides (Ortúkides) en Siria, Mesopotamia e Xerusalén ata o 1098; os Danismendidas en Anatolia e o do bey Kerbogha (Corbaran) de Mosul.

Conquista por Khwarezm e os aiúbidas

No 1153 os Oghuz rebeláronse e capturaron a Sanjar, e, aínda que este puido fuxir aos tres días, acabou morrendo pouco despois. A pesar dos diversos intentos que fixeron os selxúcidas para reconstruír o Imperio xa non foi posible, e os diversos atabeys consolidaron a súa independencia:

  1. Selxúcidas Khorasani no Khorasan e Transoxiana. Capital: Merv.
  2. Selxúcidas Kermani.
  3. Sultanato de Rum. Capital: Nicea e despois Iconium.
  1. Atabeghlik (principado) de Salgur en Persia.
  2. Atabeghlik de Ildeniz en Iraq e Acerbaixán, con capital en Hamadan.
  3. Atabeghlik de Burid en Siria, con capital en Damasco.
  4. Atabeghlik de Zangi en Al Jazira, no norte de Mesopotamia, con capital en Mosul.
  5. Outros principados de turcománs en Anatolia eran os dos clans: Danismendidas, Artuqid (Ortúkides), Saltuqid e Mengujeg.
  6. Os Khwarezmshah da Transoxiana (Khwarezm), con capital en Urganch.

Despois da II Cruzada, entre a fragmentación dos estados islámicos de Oriente Medio e a debilidade dos fatimidas de Exipto, xorde a figura de Saladino fundador da dinastía dos aiúbidas, que unificou as terras entre Exipto e Siria.

Na fronteiras de Cáucaso, o Reino de Xeorxia converteuse nunha potencia rexional e incrementaría o seu territorio á custa dos selxúcidas. Algo similar sucedeu cando León II de Armenia chegou ao poder no reino de Cilicia, que tomou moitas terras dos turcos en Anatolia. Pola súa parte, os Abbásidas, baixo o califato de An-Nasir recuperaron parte do seu poder, aliados cos Khwarezmshah, fronte aos selxúcidas.

Durante un breve período, Toghrül III conseguiría unificar a maior parte do imperio (excluída Anatolia), pero en 1194 foi derrotado por Takash, o Shah do Imperio Khwarezmida derrubándose finalmente o Imperio Selxúcida. Do Imperio orixinario só permanecerá o Sultanato do Rum, que andando o tempo (século XIII) sería invadido polos mongois, que en 1260 dividirían o seu territorio en pequenos emiratos (beyliks). Un destes emiratos acabaría primando sobre os demais, e del nacería o Imperio Otomán.

Legado

Os selxúcidas, inicialmente escravos ou mercenarios nas cortes musulmás, acabaron por dominar aos persas e árabes, traendo con eles un renovado "espírito de loita e agresión fanática".

Pero, os selxúcidas non destacaron só nas armas. Foron mecenas da arte e a literatura, e fundaron varias universidades. Entre os sabios do seu tempo destacaron o astrónomo Omar Khayyam e o filósofo al-Ghazali.

Listados de gobernantes selxúcidas

Líderes tribais

  • Seljuk (Seljuque) († 1007).
  • Arslan Isra'il Jabgu († 1032).
  • Musa Jabgu († 1056).
  • Bey Çagrı († 1060).

Grandes Selxúcidas

  • Togrul 1055-1063 (foi declarado sultán xa no 1038).
  • Alp Arslan 1063-1072.
  • Malik Shah I (Jalal al-Dawlah Malikshah) 1072-1092.
  • Nasir ad-Din Mahmud I 1092-1094.
  • Rukn ad-Din Barkijaruk 1092-1104.
  • Malik Shah II (Mu'izz ad-Din Malikshah II) 1104-1105.
  • Muhammad Tapar (Ghiyath ad-Din Muhammad Tapar) 1104-1118.
  • Mahmud II 1118-1120 (en Iraq desde o 1131).
  • Ahmed Sanjar (Mu'izz ad-Din Ahmed Sanjar) 1118-1157.

Soberanos Selxúcidas de Kerman

Soberanos do Sultanato do Rum

  • Kutalmish 1060-1077.
  • Sulajman I ibn Kutlumisz 1077-1086.
  • Dawud Kilij Arslan I 1092-1107.
  • Malik Shah do Rum 1107-1116.
  • Rukn ad-Din Mas'ud I 1116-1156.
  • Izz al-DinKilij Arslan II 1156-1192.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Khusrau I 1192-1196.
  • Sulajman II 1196-1204.
  • Kilij Arslan III 1204-1205.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Khusrau I (Segundo reinado) 1205-1211.
  • Izz ad-Din Kay Ka’us I I 1211-1220.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh I 1220-1237.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Chusrau II 1237-1246.
  • Izz ad-Din Kay Ka’us I II 1246-1260.
  • Rukn ad-Din Kilidż Arslan IV 1248-1265.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh II 1249-1257.
  • Ghiyath ad-Din Kaj Chusrau III 1265-1282.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II 1282-1284.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh III 1284.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II (Segundo reinado) 1284-1293.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh III (Segundo reinado) 1293-1294.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II (Terceiro reinado) 1294-1301.
  • Ala ad-Din Kay Qubadh III (Terceiro reinado) 1301-1303.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud II (Cuarto reinado) 1303-1307.
  • Ghiyath ad-Din Mas’ud III 1307.

Soberanos Selxúcidas de Siria

  • Aziz ibn Abaaq al-Khwarazmi (en Damasco) 10761079.
  • Abu Sa'id Taj al-Dawla Tutush I (en Damasco) 10791085.
  • Abu Sa'id Taj al-Dawla Tutush I 10851086.
  • Jalal al-Dawlah Malik Shah I os Grandes Selxúcidas 1086-1087.
  • Qasim al-Dawla Abu Said Aq Sunqur al-Hajib 1087-1094.
  • Abu Sa'id Taj al-Dawla Tutush I 10941095 (Segundo reinado).
  • Fakhr al-Mulk Radwan (Ridwan) (en Alepo) 10951113.
  • Abu Nasr Shams al-Muluk Duqaq (en Damasco) 10951104.
  • Tutush II (en Damasco) 1104.
  • Muhi al-Din Baqtash (en Damasco) 1104.
  • Tadj al-Dawla Alp Arslan al-Akhras (en Alepo) 11131114.
  • Sultan Shah „Lulu” (en Alepo) 11141117.
  • Shams al-Havas Yariqtash 1117.
  • Imad al-Din Zengi 1128-1146.

Soberanos selxúcidas de Iraq

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • G. E. Tetley The Ghaznavid and Seljuk Turks: Poetry as a Source for Iranian History, Abingdon 2008, ISBN 978-0-415-43119-4
  • Previte-Orton, C. W (1971). The Shorter Cambridge Medieval History. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-20962-5
  • Fazli Konus, "Selcuklular Bibliyografyası", Konya, 2006, p. 410. ISBN 975-8867-88-1
  • Anne e Henry Stierline, Chris Miller. (2002). Turquía, de los Selyucidas a los Otomanos. TASCHEN. ISBN 3-8228-1803-8. 

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Imperio Selxúcida Estado selxúcidaImperio Selxúcida HistoriaImperio Selxúcida LegadoImperio Selxúcida Listados de gobernantes selxúcidasImperio Selxúcida NotasImperio Selxúcida Véxase taménImperio SelxúcidaAbbásidaAnatoliaAsia CentralGolfo PérsicoHindu KushImperio BizantinoIraqIslamLingua turcaLingua árabeMar de AralMedievalOriente MedioPersiaSunnitaSéculo IX

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PolígonoVíctor DupláTrasnoFacultade de Ciencias da CoruñaSingapur3Juan Miguel Diz GuedesMoinanteLista de pseudónimos e sobrenomes galegosCasinoBidueiroGuadi GalegoEspañaRamón Vilas GonzálezA borracheira na cultura popular galegaEuromillónsJules VerneDThe SmithsDavid HarperYouTubeCelso Emilio FerreiroLista de xentilicios de concellos galegosRoko (actriz)Catedral de BurgosCasto Sampedro FolgarLista das aves de GaliciaNarónJacobo BucetaIrmandades da FalaXosé Luís Méndez FerrínAgustín Fernández PazMaría CanosaAvesXordaniaFauna de GaliciaModo gramaticalRusiaZGoogleArticulación frontoparietalLípidoYUcraínaSerbiaCarlos MourizNadalRevolución dos CaraveisU96QuenllaFlandresPablo DíazPili PampínSalgueiroPortugal4IrmandiñosTeatroPelaxeViticulturaAdolfo GacioCarrachaLingua francesaReino de CastelaAlberto Núñez FeijóoLista de títulos con versión en galego nas plataformas de streamingColocación do pronome átono en galego77Partido dos Socialistas de GaliciaPNervio ópticoBiblioteca Galega 120Die Zauberflöte🡆 More