Illa De Saaremaa

Saaremaa ( danés: Øsel; inglés: Osel; finés: Saarenmaa; sueco & alemán: Ösel) é a illa máis grande de Estonia, con 2.673 km².

É a illa principal do condado de Saare, está situada no mar Báltico, ao sur da illa Hiiumaa, e pertence ao Arquipélago Moonsund. A capital da illa é Kuressaare, que ten preto de 15.000 habitantes, a illa tiña 30.966 habitantes en 2013.

Illa de Saaremaa
Illa De Saaremaa
Localización da illa
Illa De Saaremaa
Mapa de Saaremaa
Situación
PaísEstonia Estonia
CondadoCondado de Saare
ArquipélagoArquipélago Moonsund
MarMar Báltico
Coordenadas58°25′N 22°30′L / 58.417, -22.50022°30′L / 58.417, -22.500
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie2.673 km²
Punto máis alto54 m.
Demografía
CapitalKuressaare
Poboación30.966 (2013)
Densidade11´6 hab./km²

Etimoloxía

Chámase "Saaremaa" en estoniano, e en finés Saarenmaa — literalmente "Rexión da illa". Nas vellas sagas escandinavas, Saaremaa chámase "Eysysla" e nas sagas islandesas "Eysýsla", que significa exactamente igual que o nome da illa en estoniano: "a rexión (Terra) da illa ". Este é a orixe do nome da illa en danés "Øsel", alemán e sueco, Ösel, gutnish Oysl, e en Latín, Osilia. O nome "Eysysla" aparece ás veces xunto con "Adalsysla", "a terra grande", quizais "Suuremaa" ou "Suur Maa" en estoniano, que se refire á parte continental de Estonia. En letón, a illa chámase Sāmsala, que significa "a illa dos Saami".

Xeografía

A illa pecha polo norte o golfo de Riga, que se comunica co mar Báltico principalmente a través do estreito de Irbe, situado entre a península de Curlandia en Letonia e a península de Sõrve ao sur de Saaremaa. O punto máis alto da illa está a 54 metros sobre o nivel do mar.

Illa De Saaremaa 
Cráter de Kaali.

Unha característica interesante da illa é o cráter de Kaali. A illa ten ademais zonas boscosas. Un dos símbolos da illa é o xenebreiro.

Historia

Illa De Saaremaa 
Castelo de Kuressaare

Os resultados de escavacións arqueolóxicas probaron que a illa de Saaremaa habitouse desde hai polo menos cinco mil anos. As antigas sagas escandinavas, informan de numerosas escaramuzas entre os osilianos e os viquingos. Saaremaa era a rexión máis rica da antiga Estoniana e o refuxio de numerosos piratas estonianos (a quen se chamaba ás veces os viquingo estonianos). A Crónica de Enrique de Livonia describe unha frota de dezaseis barcos e cincocentos osilianos que devastan o Sur de Suecia (que entón ara danesa).

En 1227, Saaremaa foi conquistada polos Cabaleiros livonios no transcurso das cruzadas bálticas aínda que a illa converteuse nun dos principais focos da resistencia estona. Cando o exército lituano derrotou aos cabaleiros na batalla de Saule en 1236, os insulares se rebelaron. O conflito regulouse por un tratado asinado polos osilianos e os xefes da Orde.

Neste acordábase que unha parte de Saaremaa sería controlada directamente pola Orde, mentres que a outra parte sería controlada polo obispado de Ösel-Wiek, que sería parcialmente independente. O 15 de abril de 1560, o obispado e Saaremaa vendéronse a Dinamarca baixo cuxa dominación permanecería ata 1645.

En 1645, Dinamarca cedeu Saaremaa a Suecia mediante o Tratado de Brömsebro. En 1721, Saaremaa así como o resto da Estoniana sueca cedeuse ao Imperio ruso no Tratado de Nystad.

No século XX, Saaremaa estivo ocupada dúas veces polos alemáns. Na primeira guerra mundial, as illas estonianas foron conquistadas en outubro de 1917, (Operación Albión) e ocupadas ata o fin das hostilidades. Estonia ndependizouse logo da Revolución de Outubro e o colapso do Imperio ruso. Como resultado do Pacto Ribbentrop-Molotov, o novo estado incorporouse á Unión Soviética en xuño de 1940 como a República Socialista Soviética Estonia. A maior parte da poboación alemá da illa foi evacuada a Alemaña despois do Pacto. A illa foi ocupada pola Alemaña nazi en 1941 (Operación Beowulf). As tropas alemás permaneceron alí ata ser expulsadas polo Exército Vermello na Operación Moonzund Landing en outubro e novembro de 1944. En 1946, Saaremaa declarouse zona restrinxida, pechada a estranxeiros e á maioría dos estonianos continentais. Mantívose como área restrinxida ata 1989.

A independencia de Estonia recuperouse o 20 de agosto de 1991, coa disolución da Unión Soviética.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Illa De Saaremaa EtimoloxíaIlla De Saaremaa XeografíaIlla De Saaremaa HistoriaIlla De Saaremaa GalleryIlla De Saaremaa NotasIlla De Saaremaa Véxase taménIlla De SaaremaaCondado de SaareEstoniaIllaMar Báltico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Almudena ChacónReal Club Celta de VigoCan de palleiroMaría a BalteiraJosé López CamposSonetoPilar AbellaOs outros feirantesLista das aves de GaliciaAna Belén FortesLingua casteláPontevedraLuis García-ReyAgatha ChristieMar MediterráneoLista de nomes femininos en galegoJosé Antonio ArdanzaEnciclopediaJodie FosterEstrella GaliciaPremios Follas Novas do Libro GalegoManuel RivasJosé Manuel LageÁlex de la IglesiaLicenza de documentación libre de GNUEsmeralda CervantesBenito KamelasMovemento de independencia da IndiaLuís Pérez BarralGoogleSílvia OrriolsGuerra do PeloponesoConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeFernando AlonsoPunto medioAbraham MateoEva Iglesias MiguénsArroazZorzaCalendario gregorianoProvincias de EspañaEslovaquiaItaliaJacobo BucetaCarballo comúnAustriaLalínCon pólvora e magnoliasHernán CortésAmancio OrtegaJosé Calvo SoteloCentro público integradoIsidro Parga PondalVillablinoCarmen Blanco GarcíaAs Carballas, Tabeirós, A EstradaIllas CanariasLista de paísesA Illa, EntrimoPMaría VillamarínJéssica BouzasSerramouraGuerra das Comunidades de CastelaLucas VázquezItä-Helsingin KiekkoHalobacteriumDiada de Sant JordiXabier DeiveMaría José Gómez RodríguezBuxo común🡆 More