Terra Mariana

Terra Mariana, tamén coñecida como a Conferedación de Livonia, foi unha entidade política e cultural que existiu desde o ano 1207 ata o 1561 en territorio das actuais Estonia e Letonia.

A denominación Terra Mariana, en latín significando Terra de María, era unha referencia á Virxe María, santa patroa da Orde Livonia, a forza principal detrás da fundación da confederación.

Modelo:Xeografía políticaTerra Mariana
Terra Mariana
Terra Mariana

Localización
Terra Mariana Editar o valor em Wikidata
 57°N 25°L / 57, 2525°L / 57, 25
CapitalRiga Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1207 Editar o valor em Wikidata
Disolución1561 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porDuchy of Estonia (en) Traducir, Estônia sueca (pt) Traducir, Ducado da Curlândia e Semigália (pt) Traducir e Ducado da Livônia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Historia

A Orde Livonia foi unha orde católico-militar fundada no século XII para conquistar e cristianizar as tribos bálticas pagás. A coñecida como Cruzada de Livonia protagonizada maioritariamente por alemáns do Sacro Imperio Romano Xermánico e daneses acabou coa conquista do territorio. Estas terras na costa oriental do mar Báltico foron os últimos confíns de Europa en ser cristianizados. Trala conquista e apoiados pola Orde Teutónica establecen a confederación da Terra Mariana o 2 de febreiro de 1207​ como principado do Sacro Imperio Romano Xermánico para perder tal status no 1215, cando o papa Inocencio III a designa territorio baixo vasalaxe da Santa Sede. A terra foi dividida en seis principados feudais deseñados polo legado apostólico Guillerme de Módena: arcebispado de Riga e Pierīga, bispado de Curlandia, bispado de Dorpat, bispado de Ösel-Wiek, as terras gobernadas polos Irmáns Livonios da Espada e o dominio directo do rei de Dinamarca o ducado de Estonia.​

A capital da Terra Mariana era a cidade de Riga.

A confederación medrou como un nexo comercial europeo e participou asiduamente na política alemá, danesa, sueca e rusa.

Culturalmente as ordes critiáns impuxeron os seus costumes e tradicións aos locais.

Segundo Henrique de Livonia, o bispo Alberte de Riga enfatizou ao papa Inocencio III a importancia das cruzadas na Terra Mariana e a súa asociación a María, nai de Xesús en correspondencia enviada para o Concilio de Letrán IV en 1215.

Santo Pai, así como aprecias a Santa Terra de Xerusalén, casa do Pai, considera así non abandonar Livonia, a terra da Nai

En 1561, durante a Guerra de Livonia, a Terra Mariana deixou de existir. As rexións septentrionais cedéronse ao Imperio sueco como o Ducado de Estonia, os seus territorios meridionais integráronse no Gran Ducado de Lituania, o Ducado de Curlandia e o Ducado de Livonia. A illa de Saaremaa integrouse no reino de Dinamarca.

Notas

Tags:

12071561EstoniaLetonia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Santos bispos de Ribas de SilMiguel SolísJosé Galera MorenoFernando Álvarez LamelasExaculaciónAldaoladoXurxo ChirroAllarizMarta DahlgrenDavid MellaRiro KāingaVietnamCariorrexePripyatBull terrierNee BarrosFala de EstremaduraPablo PicassoXabi AlonsoQueiroaRiba-roja de TúriaOs Castros, A CoruñaPartido Comunista de EspañaManuel González LópezLista das árbores de GaliciaAbraham PérezMasculino e feminino en galegoCanle (enxeñaría)Miguel Ángel Zabalza BerazaDomingo García-SabellLeonardo da VinciJerry Lee LewisFelipe de Marichalar y BorbónFrancisco Porto MellaAlexia PutellasMiguel de CervantesDavid PerdomoFariña (serie de televisión)Real Federación Española de FútbolPili PampínRamiro CarregalCampo Municipal de Las LlanasOtelo Saraiva de CarvalhoCristina Pérez HerraizAlejandra MurguíaFernando EstesoNiloJordi HurtadoIria Carreira PazosVigoAlemañaJoan Manuel SerratMuralla de LugoRocco SiffrediClint EastwoodJuan MagánLiga Feminina de BaloncestoCarlos CasaresIvana BaqueroPedro SánchezFrancisco AñónAntónio de Oliveira SalazarIgnacio Gómez PérezFélix BolañosFauna de GaliciaCristovo ColónMúsica tradicional galegaRede privada virtualDodecágonoXHamsterHarry StylesJeff BezosEstadio Municipal de BalaídosA EstradaIrene FerrerasShakira🡆 More