Comarca Da Terra Chá: Comarca da provincia de Lugo

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo.

É a comarca máis extensa de Galicia con 1823,02 km². No ano 2020 tiña 39.702 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Modelo:Xeografía políticaComarca da Terra Chá

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 43°16′00″N 7°38′00″O / 43.2667, -7.63337°38′00″O / 43.2667, -7.6333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación47.697 (2003) Editar o valor em Wikidata (1.823,28 hab./km²)
Xeografía
Superficie26,16 km² Editar o valor em Wikidata

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Demografía

Padrón municipal 2020 39 702 habitantes
Menores de 15 anos 3 542 (8,92 %)
Entre 16 e 64 anos 23 170 (58,36 %)
Maiores de 65 anos 12 990 (32,72 %)

Cultura

O poeta Manuel María adicoulle á comarca o poemario Terra Chá, onde fala das súas terras e as súas xentes:

A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Comarca Da Terra Chá: Demografía, Cultura, Galería de imaxes 
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Comarca Da Terra Chá DemografíaComarca Da Terra Chá CulturaComarca Da Terra Chá Galería de imaxesComarca Da Terra Chá NotasComarca Da Terra Chá Véxase taménComarca Da Terra Chá2020Castro (poboado)Castro de ViladongaGaliciaLagoa de CaqueLagoa de CospeitoProvincia de Lugo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Valentín García GómezJosé Luis GilLicenza de documentación libre de GNUVilasantarBlogMigración das avesMaría do Socorro Ortega RomeroProvincias de EspañaAlberto Núñez FeijóoAmeixa (froito)Arantza PortabalesÑGabriel AlénSílvia OrriolsPunto medioAriadna Fernández GonzálezLucía VeigaGatipedroAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoOzzy OsbourneChachoPrimeira República GalegaMaría VillamarínRonaldinhoHispaniaJéssica BouzasVichelocregoSatélite de comunicaciónsÁureoO porco de péXXX edición dos Premios GoyaZendayaGeorg Wilhelm Friedrich HegelSusana FortesAmorodoConsellería de Cultura, Lingua e XuventudePink FloydPremios Follas Novas do Libro GalegoBubelaUniversidade de Santiago de CompostelaZorzaRabirrubio tizónDiada de Sant JordiJacobo BucetaDistritos de PortugalJoël DickerPremio de Poesía Johán CarballeiraJosé Manuel LageSergio RamosSólido platónicoOvidio RodeiroInfinitivo conxugadoLila comúnEstadio Santiago BernabéuSonia MéndezHLA-DRAlfonso Basterra CamporroLingua galegaXela AriasPeneDaniel Castro GarcíaKiwi (froita)Didelphis marsupialisAndrés IniestaAlfabeto galegoUceiraGonzalo Fernández de CórdobaCristiano RonaldoCerdedo-CotobadeSalgueiro MaiaThe ArtistTuiItaliaXogoRefraneiro galego sobre o mes de maioSerramoura🡆 More