Igualada: Concello da provincia de Barcelona

Igualada é un municipio catalán da provincia de Barcelona, capital da comarca do Anoia.

Está situado a 67 km de Barcelona. En 2010 tiña 39 149 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaIgualada
Igualada: Historia, Demografía, Economía
Igualada: Historia, Demografía, Economía
Imaxe

Localización
Igualada: Historia, Demografía, Economía Editar o valor em Wikidata
 41°34′53″N 1°37′15″L / 41.581388888889, 1.62083333333331°37′15″L / 41.581388888889, 1.6208333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaAnoia Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalIgualada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación41.164 (2023) Editar o valor em Wikidata (5.081,98 hab./km²)
Número de fogares179 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8,1 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porAnoia (en) Traducir e Riera d'Òdena (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude360 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Igualada (en) Traducir Editar o valor em WikidataMarc Castells i Berzosa (2011–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08700 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE08102 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT081022 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webigualada.cat Editar o valor em Wikidata

A súa principal actividade é a industria (téxtil, papel, pel). Tamén se caracteriza por ter a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España (Ultramagic). Así que Igualada poderíase definir como "a cidade do téxtil, a pel e os globos aerostáticos".

Historia

O topónimo procede do latín, combinando os lexemas aqua, aquae, "auga" e mais latus, lata, latum (supino do verbo fero, fers, ferre, tuli, latus, "levar"). Así o significado de Aqua Lata sería "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares. A vila aparece citada en 1188 como Aqualatam (Cartulario de Sant Cugat, III 814). O resultado fonético sería Aigualada, con aférese do a ao ser considerada erroneamente unha preposición.

Inicialmente foi un pequeno núcleo de poboación apuntado en 1003, no que se fai referencia a unha igrexa dedicada a Santa María, relacionada co Mosteiro de Sant Cugat. Igualada quedou circunscrita entre os límites do dominio feudal de Ódena e os señoríos de Montbui e Claramunt, atravesada polo antigo camiño de Barcelona a Lleida.

As primeiras murallas que se coñecen datan, probablemente, do século XII, que se ampliaron no século XIV coa intención de incluír as construcións do sol poñente, o Raval de Capdevila. Unha terceira expansión das murallas levou a cabo no século XV, con 36 torres e 10 portas. Estas murallas permaneceron ata o século XVIII.

Cara a finais do século XVIII edifícanse os barrios de Sant Agustí e La Soledat, (fóra das murallas). E neste mesmo século constrúense as novas curtidorías. En 1925 Igualada amplía o seu termo municipal comprando os terreos a Òdena, o que lle permitiu unha expansión posterior. A inmigración peninsular, durante o franquismo, provocou a creación de novos barrios obreiros como o de Fátima, Santo Cristo e Montserrat.

En 1984 aprobouse o Plan Especial de Mellora Urbana (Les Comes), que propiciou unha área residencial na zona norte da cidade, aprobándose, en 1988, a súa ampliación. Nos últimos anos a cidade tamén creceu en dirección oeste coa construción das urbanizacións residenciais de Sant Jaume Sesoliveres e o Pla da Massa.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
10.442 13.885 16.945 27.941 31.451 32.516 38.164

Economía

Tradicionalmente a actividade principal de Igualada foi a industria téxtil, papeleira e de peles. Durante os últimos anos do século XX e inicios do XXI, o sector téxtil padeceu unha gran crise. Con todo, hai empresas de moda que acertaron coa estratexia e adaptáronse aos cambios do sector como Buff, Sita Murt, Punto Blanco, Messcalino ou Escorpión.

A tradición adobeira de Igualada converteuna nun recoñecido centro de estudos relacionados co curtido e adobe de peles, que actualmente son impartidos na Escola d'Enginyeria d'Igualada, centro universitario público adscrito á Universidade Politécnica de Cataluña. O centro ofrece tamén os graos en Enxeñería química e Enxeñaría en Organización industrial.

Lugares de interese

Igualada: Historia, Demografía, Economía 
Cemiterio de Igualada
Igualada: Historia, Demografía, Economía 
Paseo Mossèn Jacint Verdaguer
  • Museo da Pel de Igualada e Comarcal do Anoia
  • Museo do Traginer
  • Igrexa de Santa Maria
  • Cemiterio Novo
  • Asilo do Sant Crist
  • Edificios modernistas

Transporte

A A-2 é a vía principal situada no norte que comunica Igualada en coche. Tamén no norte está a C-37 que comunica con Manresa. Ao sur atópase a C-15 que comunica con Vilafranca del Penedès. Tamén hai conexión coa Liña Llobregat-Anoia dos Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya, coa Estación de Igualada.

A dous quilómetros de Igualada atópase o Aeródromo de Igualada-Òdena General Vives, que se transformará proximamente no Aeroporto Corporativo Empresarial de aviación privada con capacidade para operar con voos de curta, media e longa distancia, na súa maioría en Europa e España. No aeródromo atópase a única fábrica de globos aerostáticos que existe en España, e a segunda do mundo por cifra de negocios: Ultramagic.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Igualada HistoriaIgualada DemografíaIgualada EconomíaIgualada Lugares de intereseIgualada TransporteIgualada Galería de imaxesIgualada NotasIgualada Véxase taménIgualadaAnoiaBarcelonaCataluñaProvincia de Barcelona

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

XureloCelestino Fernández de la VegaFlandresMuimenta, Carballeda de AviaMaría CasaresAbraham BobaPicapeixeGloteFelipe Senén López1999Toxo arnalNarónHattusilis IBidueiroCaralloXohana TorresAutismoO golpeLeymaMasculino e feminino en galegoAgostoLista de WikipediasIntegralLavandeira brancaCarlos Fernández CastroCacheiras, TeoBaltasar Pardal VidalManchesterProteínaPneumáticoOrdoño III de LeónSocioloxíaCentro público integradoPatacas frixidasÁcido fólicoCarbohidratoFútbol americanoVoo 498 de CrossairJavier LosadaEugenia OsterbergerUcraínaBunkyōKDAndrea MaceirasArtur BordaloPremio RañolasTSanta Uxía de Asma, ChantadaCaixa de HockettThe SmithsCalcioMaría Antonieta de Austria59Luis ZaheraMarc MárquezNoelia ReyWikipediaFuxan os VentosCristina VillóTime6CerroteDaniel BasteiroMarta Fernández-Tapias2021TECOR societarioCañita BravaColocación do pronome átono en galego🡆 More