Homo Habilis

Caveiras de Homo habilis

Homo habilis
Rango fósil: Plistoceno
Homo Habilis
Reconstrución da cabeza

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Homo
Especie: H. habilis
Nome binomial
Homo habilis'
Leakey et al., 1964

Homo habilis é unha especie do xénero Homo, que viviu aproximadamente entre hai 2 e 1,5 millóns de anos, no comezo do Plistoceno. Descubriuno o equipo de Louis e Mary Leakey o 4 de novembro de 1960 (fósil OH 7) na Garganta de Olduvai, en Tanzania. O nome suxeriuno Raymond Dart e finalmente estableceuse en 1964. Ademais de Olduvai atopáronse fósiles en cantidade en Koobi Fora e en moita menor medida no val do río Omo.

Interprétase que foi a primeira especie do xénero Homo en aparecer, e é a menos semellante á especie humana actual. Tiña pequena estatura (1,3 m), as pernas curtas e uns brazos desproporcionadamente grandes comparado co Homo sapiens; o seu cerebro era a metade do do Homo actual, entre 600 e 700 cm³. Pénsase que descendía dunha das especies de Australopithecus.

O Homo habilis compartiu a terra con outros bípedes, como o Paranthropus boisei. Malia iso, o H. habilis, coas súas innovacións nas ferramentas e a súa dieta menos especializada, tivo éxito e deu lugar a novas especies, mentres os Paranthropus desapareceron.

A grande innovación do Homo habilis foi a utilización de ferramentas de pedra lascada, o que lle deu primacía sobre os primates. Utilizábanas sobre todo para escarvar, non aínda para cazar como farían os seus descendentes, dedicándose tamén á busca de presas, e hai pouca evidencia que controlasen o lume ou empregasen a linguaxe articulada.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CunnilingusCataluñaÁreas lingüísticas do galegoBélxicaCarbohidratoInglaterraSantiago de CompostelaProvincia da CoruñaRamón Otero PedrayoThe ArtistPablo MartinezLedicia CostasCBucetaConcellos de GaliciaSupermanDe NinghuresCharles WhiteIndonesiaAmieiroGabriel García MárquezCarmen LovelleTito ValdésLista de siglas e acrónimosOtelo Saraiva de Carvalhoc70mgLabor Gallega (A Habana)BerrogüettoSan PetersburgoNarónÁlvaro Porto DapenaPastora Dominga González ViéitezTito VilanovaMañónLista de xentilicios de concellos galegosMartín SarmientoManuel FragaPosicións sexuaisCristina MaróTereixa ConstenlaFingeringÁlbum de la CaridadLuís SeoaneSangueLista de nomes masculinos en galegoMarcelo Rebelo de SousaSílvia OrriolsFauna de GaliciaBob DylanMecanismo de AnticiteraRevolución dos CaraveisThe HivesReino UnidoLuís Pérez BarralA CoruñaOurioloEduardo IndaAs Pontes de García RodríguezVerbos galegos ser, estar e irFala de Estremadura28 de decembroPanxermanismoAna María Fernández MartínezFiúnchoCarlomagnoEstadio Municipal de RiazorDavid SuchetHard GZVila Nova de CerveiraMauro ScaloniGoogleAC-211Cangas🡆 More