Hidria Segundo

O Hidria Segundo é un barco de vapor galego construído entre os anos 1963 e 1966 para a empresa galega Aljibes de Vigo.

Tras ser abandonado en 1994, foi restaurado entre 1997 e 2005. Hoxe en día, xunto co vapor La Palma de 1912, son os dous únicos barcos de vapor antigos operativos en España. Actualmente é un barco museo en Vigo.

Hidria Segundo
Hidria Segundo
O Hidria Segundo no ano 2015.
Historial
Estaleiro José Roberto e hijos, Teis, Vigo
Tipo Barco de vapor
Porto de rexistro O Grove, Pontevedra, Hidria Segundo Galicia
Posta en grella 1963
Botado 1966
Baixa 1994
Destino Barco museo en Vigo
Características xerais
Desprazamento 164 t
Eslora 30,5 m
Manga 7,64 m
Puntal 3 m
Calado 2,85 m
Cubertas 2
Aparello 2 mastros, con velas cangrexas e foques.
Potencia 177 CV da súa máquina de vapor de tripla expansión alternativa.
Velocidade 7 nós (velocidade media de servizo)
Tripulación 4 ou 5 tripulantes
Capacidade • 120 persoas en viaxe curta
• 24 pasaxeiros no salón bodega

Construción e historia

O Hidria Segundo construíuse no estaleiro xa desaparecido José Roberto e hijos (Teis, Vigo) entre os anos 1963 e 1966, cuxa finalidade inicial era a de servir de alxibe para a empresa Aljibes de Vigo para fornecer auga de manancial a mercantes, transatlánticos e pesqueiros na ría de Vigo. O manancial estaba situado na canteira de Meira e a empresa tiña un peirao propio nas inmediacións, onde o barco atracaba e cargaba até 240 toneladas.

A maquinaria de vapor herdouna do seu antecesor o Hidria, que comezou a traballar para a mesma empresa en 1922 e afundiuse no porto de Vigo en 1959, tras o cal foi reflotado e despezado, conservándose a maquinaria de vapor para instalarse posteriormente no novo barco, bautizado Hidria Segundo. A empresa crebou en 1994 e deixou abandonados no porto de Vigo os seus dous últimos barcos, o Roberto e o Hidria Segundo. O Hidria Segundo restaurouse e reconverteuse en museo, albergue e barco de pasaxeiros.

Rescate e restauración

Hidria Segundo 
Proceso de restauración da cántara ou bodega do barco.

En 1997 o vapor Hidria Segundo afundiuse e levouse a despezamento. Jacobo Costas e Sesé Otero comprárono para restauralo como barco museo e de pasaxeiros a vapor, formando tamén para iso a empresa Vapores del Atlántico S. L. Nese intre estaba tamén despezándose o Campaláns, cuxo despece rematou en 1997.

Os comezos foron difíciles xa que tras a compra debía asumirse a débeda de 2.500.000 pesetas contraída co porto de Vigo, mais condonouse por intercesión do cónsul honorario de Francia en Vigo, Jean Desclos. Logo tívose que pasar unha primeira inspección para poder levalo de remolque dende Vigo até O Grove, o porto onde viven os armadores. A venda dun motor Caterpillar dun intento anterior de restauración dun barco fixo posíbel pasar esta inspección. Chegado xa ao Grove, fíxose un plan de traballo para cometer a menor cantidade de erros durante a restauración, xa que non se tiña a posibilidade de acometela nun estaleiro.

Entre 1997 e 1999 despezouse o gardacalor, a ponte de goberno, os tabiques da cántara onde levaba a auga e restaurouse a cuberta por completo. Isto fíxose á boia na dársena de Porto Meloxo.

Entre 2000 e 2001 calafateouse a cuberta, restaurouse o virador das áncoras, reforzouse a quilla cun U de ferro, e fíxoselle unha proba de presión á caldeira. Para iso o barco varouse de maneira artesanal en Tragove, Cambados.

Entre abril e novembro de 2001, despois de recibir unha subvención do 50 % por Patrimonio Histórico cultural, realizouse a primeira fase importante de restauración do casco e superestrutura no estaleiro Joaquín Castro, na Guarda. Logo de remolcalo de novo ao Grove, pero esta vez ao porto pesqueiro, continuouse coa montaxe da balaustrada e acondicionamento do salón bodega (a antiga cántara) para actividades culturais.

No ano 2003 recibiu outra subvención tamén do 50 % e xa se restaurou e acondicionou a sala de máquinas, ponte de goberno e medidas de salvamento, contra incendios etc., conseguindo o 1 de abril de 2005 navegar de novo a vapor pero xa como barco museo, e de pasaxeiros un ano despois.

Para poder levar isto adiante Jacobo Costas vendeu a súa casa e Sesé Otero a batea de cultivo de mexillón que foi o seu sustento durante a restauración.

En 2022 estableceuse como barco museo en Vigo.

Notas

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Polpa dentariaAd libitumMaría do Socorro Ortega RomeroNova ZelandiaTeruelLingua osetaMonforte de LemosCONCACAFLista de nomes femininos en galegoPulqueriaBoborásDomantas SabonisÁcido láuricoCanle (comunicación)FerraraLista de episodios de DoraemonÁcido sapiénicoNADPHGran Premio do Brasil de 2018Terreo (xeoloxía)Rocío JuradoVilar de BarrioAmeixónReggaeContactVilla Medici1801ContratoIllas SalomónDía das Letras GalegasBoeing 767Ed O'BrienLeicesterLogroñoBolboreta da colÁcido esteáricoTinamidaeArchaeopteryxFrank SinatraRetrato de TenochtitlanLynx rufusStoffel VandoorneAtún listadoÁcido isovaléricoPremios Mestre MateoQuirópterosPorto RicoPorto, PortugalCrimeaWalt WhitmanDarío Caramés RuzaExército Guerrilheiro do Povo Galego CeiveAfonso V de AragónGaravanzoRetorno a Tagen AtaParasitismoMila KunisPierre GaslyArco de TitoLinguas xermánicasDinastía MingRetrato de Adele Bloch-Bauer ISteven AdamsEdimburgoHonoluluArianna d'OttoneArnold SchwarzeneggerCarlos de Matos GomesAtaque de denegación de servizoCarballeda de ValdeorrasJosé Manuel LageGalipediaCloroformoColumbiformesPigmento biolóxicoPeleo🡆 More