Hélène Cixous

Hélène Cixous, nada en Orán (Alxeria) o 5 de xuño de 1937, é unha mestra, escritora, dramaturga e crítica literaria feminista francesa.

Deuse a coñecer en 1968 coa publicación do ensaio L'Exil de James Joyce ou l'art du remplacement, publicado por Grasset. Continuou o seu traballo literario en 1969 coa obra Dedans, novela autobiográfica co que obtivo o Premio Médicis.

Infotaula de personaHélène Cixous
Hélène Cixous
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Orán, Alxeria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Arts of Paris (en) Traducir - Doutoramento (pt) Traducir (–1968) Editar o valor em Wikidata
Director de teseRoger Asselineau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía feminista, belas letras, filoloxía inglesa e feminismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritora , filósofo da linguaxe , crítica literaria , profesora universitaria , activista polos dereitos das mulleres , dramaturga , scholar of English (en) Traducir , ensaísta , filósofa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell
European Graduate School (pt) Traducir
Universidade de París 8 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoLiteratura de ficción, ensaio, theatre (en) Traducir e poesía Editar o valor em Wikidata
AlumnosTomasz Kitliński (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa, lingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJérôme Prieur (pt) Traducir, Laurent Dubreuil (en) Traducir, Frédéric Regard (pt) Traducir e Doina Petrescu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0163051 Allocine: 690963
Discogs: 4748963 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nada dunha nai xudía asquenací e dun pai xudeu sefardí, graduouse en lingua inglesa en 1959 e obtivo un doutoramento en Letras en 1968. Neste período especialízouse en literatura británica e escribiu unha tese, despois publicada como un ensaio sobre James Joyce. Forma parte do equipo da Universidade de París 8, onde obtivo un cargo de profesora e fundou o Centro de Estudos da Muller e Estudos de xénero, o primeiro do seu tipo en Europa. En 1969, fundou a revista Poétique, en colaboración con Gérard Genette e Tzvetan Todorov. Desde 1983, realiza un seminario no Colexio Internacional de Filosofía.

É membro da Comisión de Honra da Asociación para o dereito de morrer con dignidade.

Obra

Publicou un traballo moi importante, composto por 60 títulos que foron publicados principalmente por Grasset, Éditions Gallimard, Éditons des Femmes et Galilée. É tamén dramaturga e as súas pezas foron postas en escena por Simone Benmussa no teatro Orsay, por Daniel Mesguich no Théâtre de la Ville, e por Ariane Mnouchkine no Théâtre du Soleil. En 1963 coñeceu a Jacques Derrida, con quen comparte unha longa amizade e moitas actividades políticas e intelectuais, como o inicio da Universidade de París VIII, o Centro Nacional de Artes (hoxe o Centro Nacional de libro) - 1981-1983 - o Parlamento Internacional de escritores, o Comité anti-apartheid, as conferencias, e os seminarios no Colexio Internacional de Filosofía. Comparten igualmente algunhas publicacións comúns ou cruzadas, como, por exemplo, Voiles, con debuxos de Ernest Pignon-Ernest (Galilea, 1998). Derrida considera a Hèléne Cixous a mellor escritora viva en lingua francesa.

Ademais de sobre Jacques Derrida e James Joyce, escribiu varios ensaios sobre as obras de Clarice Lispector, Maurice Blanchot, Franz Kafka, Heinrich von Kleist, Michel de Montaigne, Ingeborg Bachmann, Thomas Bernhard e a poeta rusa Marina Tsvetaeva. O seu ensaio sobre o mito de Medusa foi traducido en diversas linguas. Cixous exerce unha grande influencia sobre o feminismo contemporáneo internacional.

Patrocina a Sociedade Europea de autores e tradutores.

Publicacións

Ficción

  • Le Prénom de Dieu (Grasset, 1967)
  • Dedans (Grasset, 1969)
  • Le Troisième Corps (Grasset, 1970)
  • Les Commencements (Grasset, 1970)
  • Neutre (Grasset, 1972)
  • Tombe (Seuil, 1973, 2008)
  • Portrait du Soleil (Denoël, 1974)
  • Révolutions pour plus d'un Faust (Seuil, 1975)
  • Souffles (Des femmes, 1975)
  • La (Gallimard, 1976)
  • Angst (Mulleres, 1977)
  • Anankè (Mulleres, 1979)
  • Illa (Mulleres, 1980)
  • Limonade tout était si infini (Femmes, 1982)
  • Le Livre de Prométhéa (Gallimard, 1983)
  • Déluge (Femmes, 1992)
  • Beethoven à jamais ou l'Existence de Dieu (Femmes, 1993)
  • La Fiancée juive de la tentation (Femmes, 1995)
  • Osnabrück (Femmes, 1999)
  • Le Jour où je n'étais pas là (Galilée, 2000)
  • Les Rêveries de la femme sauvage (Galilée, 2000)
  • Manhattan (Galilée, 2002)
  • Tours promises (Galilée, 2004)
  • Rencontre terrestre (con Frédéric-Yves Jeannet, Galilée, 2005)
  • L'amour même : dans la boîte aux lettres (Galilée, 2005)
  • Hyperrêve (Galilée, 2006)
  • Si près (Galilée, 2007)
  • Cigüe : vieilles femmes en fleurs (Galilée, 2008)
  • Philippines : prédelles (Galilée, 2009)
  • Ève s'évade : la ruine et la vie (Galilée, 2009)
  • Double Oubli de l'Orang-Outang (Galilée, 2010)

Ensaios

  • L'Exil de James Joyce ou l'art du remplacement (Grasset, 1968)
  • Prénoms de Personne (le Seuil, 1974)
  • La Jeune Née (U.G.E., 1975)
  • Le Rire de la Méduse (L'Arc, 1975 - rééd. Galilée, 2010)
  • La Venue à l'écriture (U.G.E., 1977)
  • Entre l'écriture (Femmes, 1986)
  • L'Heure de Clarisse Lispector (Femmes, 1989)
  • Hélène Cixous, photos de racines (con Mireille Calle-Gruber, Femmes, 1994)
  • Voiles (con Jacques Derrida, Galilée, 1998)
  • Portrait de Jacques Derrida en jeune saint juif (Galilée, 2001)
  • Le Voisin de zéro : Sam Beckett (Galilée, 2007)
  • Abstracts et brèves chroniques du temps. I. Chapitre Los (Galilée, 2013)

Teatro

  • La Pupille (Cahiers Renaud-Barrault, 1971)
  • Portrait de Dora (Femmes, 1975)
  • La Prise de l'école de Madhubaï (Avant-Scène, 1984) traducida ao galego como A conquista da escola de Madhubai por Puri Cabido.
  • L’Histoire terrible mais inachevée de Norodom Sihanouk, roi du Cambodge (Théatre du Soleil, 1985; nova edición corrixida 1987)
  • L’Indiade, ou l’Inde de leurs rêves, et quelques écrits sur le théâtre (Théatre du Soleil, 1987)
  • Les Euménides d’Eschyle (tradución, Théatre du Soleil, 1992)
  • La Ville parjure ou le réveil des Erinyes (Théatre du Soleil, 1994)
  • Et soudain, des nuits d'éveil (Théatre du Soleil, 1997 no teatro|1997)
  • Tambours sur la digue, como pezas antigas para monicreques (Théatre du Soleil, 1999)
  • Rouen, la Trentième Nuit de Mai '31 (Galilée, 2001)
  • Les Naufragés du Fol Espoir (Théatre du Soleil, 2010)

Notas

Tags:

Hélène Cixous TraxectoriaHélène Cixous ObraHélène Cixous PublicaciónsHélène Cixous NotasHélène Cixous19375 de xuñoAlxeriaCrítica literariaDocenteEscritoraFeminismoFranciaOrán, Alxeria

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Manuel LageIsidoro de KíivProxyLleidaADN mitocondrialMundial de Fútbol de 2014TeruelHistoria da ChinaMarcos PereiroMasturbación coas mamasLappeenrantaAceite de palmaLingua inglesaAeroporto de Beauvais-TilléRuth BrownFalco peregrinusPlayoffs NBA 2021Ácido heptatriacontanoicoMaría I de InglaterraKenneth III de EscociaLipoproteína de baixa densidadeBrecaApodiformesGotemburgoBuchnera aphidicolaLewis HamiltonCristianismo e homosexualidadeIntrónLogroñoEguaElemento nuclear intercalado longoMercedes-Benz C112América do NorteGuamTelomeraseCerebrósidoRianxoArtemisaAir AustralMúsicaLista das aves de GaliciaCarneiro (molusco)Corallium rubrumVilariño de ConsoRío AmazonasSabuguido, Vilariño de ConsoDía Internacional dos TraballadoresDécada de 1180Cirrio comúnBostonJosé Luis GilÁcido vaccénicoSegunda guerra mundialCuzcoMártires de CarralPosicións sexuaisXXX edición dos Premios Goya28 de marzoSandra ÍnsuaCarlos GardelPadrendaÁcido láuricoAna de Gran BretañaCOVID-19Williams Grand Prix EngineeringMachu PicchuGalloanseraePlebeBrandeburgoBisonte europeoMúsculo deltoideÁcido graxo esencialMelbourne Grand Prix CircuitMelanie Griffith🡆 More