Guerra Civil De Perusia

A guerra civil de Perusia ou guerra de Perusia (tamén coñecida como Bellum Perusinum) foi unha guerra civil entre distintas faccións da república romana, que transcorreu entre o ano 41 a.C.

e o 40 a.C. Enfrontou a Lucio Antonio e Fulvia, co apoio de Marco Antonio, contra o seu inimigo político (e futuro emperador Augusto), Octaviano.

Historia

Fulvia, quen casara con Marco Antonio durante a guerra civil, sentiu que o seu marido debía gobernar Roma en solitario, no canto de compartir o poder cos outros dous triunviros, en especial Octaviano.

Fulvia e o irmán máis novo de Marco Antonio, Lucio, recrutaron oito lexións en Italia. O exército estableceuse en Roma durante un breve tempo, aínda que logo tivo que replegarse á cidade de Perusia (a actual Perugia). Durante o inverno do 41-40 a.C., o exército de Octaviano, tras un longo asedio, conquistou a cidade que finalmente se rendeu por mor da fame. Nin Fulvia nin Lucio morreron no asedio; a primeira, foi exiliada a Sición e o segundo foi enviado a gobernar unha provincia de Hispania. O resto da poboación da cidade foi masacrada polos soldados de Octaviano.

Fulvia morreu no 40 a.C., e coa súa morte retornou a paz entre Marco Antonio e Octaviano coa firma do tratado de Brindisi. A paz, con todo, durou moi pouco, xa que outra guerra civil estalou oito anos máis tarde.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brice, Lee L. (2014). Warfare in the Roman Republic: From the Etruscan Wars to the Battle of Actium (en inglés). Santa Barbara, CA: ABC-CLIO. ISBN 9781610692991. 
  • Cosme, Pierre (2005). Auguste. Colección: Tempus (en francés). París: Perrin. ISBN 978-2-262-01881-8. 

Outros artigos

Tags:

Guerra Civil De Perusia HistoriaGuerra Civil De Perusia NotasGuerra Civil De Perusia Véxase taménGuerra Civil De Perusia-41-40Guerra civilMarco AntonioOctavio AugustoRepública Romana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CapitalismoPaulo CarrilRamón Otero PedrayoIlustración en GaliciaBueuJunts per Catalunya (partido político)Profeta Habacuc (Donatello)ADP-ribosilaciónAlfonso Daniel Rodríguez Castelao30 de abrilLista de episodios de Shin ChanDoraemonPeneCastro de ViladongaIndiaAmazonGuillermo VicenteSabugueiroEduardo PondalAdolf HitlerDolores IbárruriCarbohidratoMáis alá!Unión Deportiva OurenseSica RomeroOuka LeeleJosé Ramón Romero GarcíaXosé Manuel BlancoJohn TurturroManuel AntonioRubén Baraja163Partido Comunista dos Traballadores de España29 de abrilEnforcamentoAlberto Núñez FeijóoO PorriñoColiseo de RomaMaría José Gómez RodríguezLila (planta)Reino Armenio de CiliciaMaría JamardoPonteareasRafael LouzánAutocraciaFachada do ObradoiroLope de VegaShin ChanPolítico, políticaLista de nomes masculinos en galegoÁlex FidalgoCandela PeñaHTMLEntamoeba coliClub Deportivo OurenseRenda básica universalKristen StewartBoiroArteixoOsiris (deus)Galería de imaxes de arañas de GaliciaDohaXaxún no islamTesouro de BaltimoreA EstradaVirxe MaríaCarlos III de EspañaRamón CamposTesouro RedfieldManuel Curros EnríquezRosario Porto OrtegaAWStatsLista de WikipediasNon sen a miña fillaMaría Rozas🡆 More