Grampa

Unha grampa é unha peza de ferro ou calquera outro metal cuxos dous extremos dobrados e puntiagudos crávanse para unir e suxeitar papeis, táboas ou outros materiais.

Grampa
Grampas sen grampar e grampadas (por diante e por detrás).

Historia

As grampas empregáronse ao longo da historia para ligar os perpiaños dunha fábrica e sendo de ferro en construcións económicas e de bronce no resto. Nas antigas construcións da época romana, fixéronse algunhas de madeira en forma de dobre cola de miñato pero as que máis se empregaron foron as de bronce e o desexo de apoderarse deste metal contribuíu notalbelmente á destrución dos monumentos antigos. Escollían o bronce porque, ademais de ser máis duradeiro, non se oxida como o ferro aumentando de volume e facendo saltar as pedras.

Na Idade Media, empregáronse grampas de ferro para atar os perpiaños dunha mesma fiada. Adoitaban colocarse dobres e repetíanse formando un encadeado xeral. A maneira máis sólida de unir as grampas consistía en embutilas no groso das pedras e fixalas con chumbo, cando o tipo de pedra empregado podía soportar a calor sen romper. Así se realizaban comunmente na antigüidade. Cando non podía empregarse o chumbo empregábase o xofre.

Nas obras de marmoraría empregábanse as grampas de cobre ou bronce ou cicelábanse para evitar a súa oxidación. Adoptaban diferentes formas segundo tivesen por obxecto afianzar e suxeitar as xambas das chemineas ou enlazar pezas que se partiron.

  • No primeiro caso, empréganse as grampas de empotramento ou de talón que son de ferro ou de cobre.
  • No segundo caso, úsanse grampas en forma de T.

Actualmente, utilízanse tamén grampas de pequenas dimensións como material de papelaría para agrupar papeis e documentos. Comercialízanse en cartuchos e aplícanse por medio da grampadora. Para retiralas, hai que facer uso do quitagrampas.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

FerroMetal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Manuel Baltar BlancoMarián Ferreiro DíazAndoriñaSabugueiroC. Tangana54Luís TorrasTeixugoJosé Miñones TrilloFernando AbreuRafael DiesteJosé María KaydedaUbisoftManuel Gago MariñoChatGPT15Copa España (fútbol)Marcel ProustLiexaPedro Froilaz de TrabaRoko (actriz)Sexo analGoogleAndorraRastroDígocho euXosé BallesterosDeidadeXiros idiomáticos galegosBeadeLa Voz de GaliciaXabier MaceirasQuecemento globalEuromillónsBreogánFeliciano RolánXentilicioLaxeMelania CruzLimoeiroPFabiola GarcíaBaltasar Pardal VidalRebentaboisSistema de escritaCecilia BaenaLedicia CostasXulio CésarPontevedraDios ke te crewValderreiPremio Burnett Anderson MemorialAntonio López Díaz4María CanosaEmilio Antón IboleónDigital object identifierLiga do PeloponesoTrigoCarlos NegroPratos combinadosEva CárdenasMullerFestas MinervaisAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoChairaNairaMartiño de DumioContinenteFacebookA Laracha🡆 More