Geza Vermes, nado en Mako (Hungría) o 22 de xuño de 1924 e finado en Oxford o 8 de maio de 2013, foi un dos primeiros estudosos dos Manuscritos do Mar Morto e un especialista de primeiro nivel a escala mundial en materia de xudaísmo histórico e na figura do Xesús de Nazaret histórico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1924 Makó (Reino de Hungría) |
Morte | 8 de maio de 2013 (88 anos) Oxford, Reino Unido |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Hungría Reino Unido |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Católica de Lovaina (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, xudaísmo, cristianismo primitivo e historia das relixións |
Ocupación | teólogo , profesor universitario , sacerdote católico , historiador , Judaic scholar (en) , tradutor |
Empregador | Newcastle University (en) Universidade de Edimburgo |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa e lingua húngara |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Unarska [Noreen] Pamela Hobson |
Premios |
A súa nai e o seu pai, xornalista, morreron no holocausto. Graduouse en Historia Oriental e Filoloxía pola Universidade Católica de Lovaina e obtivo o doutoramento en Teoloxía. Foi colaborador do Centro Nacional de Investigacións científicas en París e profesor de estudos bíblicos na Universidade de Newcastle. En 1965 foi designado profesor de estudos xudeus na Universidade de Oxford.
A súa familia, aínda que de orixe xudía, profesaba o catolicismo, relixión que el abandonou para recuperar plenamente a súa condición de xudeu.
É membro da Academia Británica e da Academia Europea das Artes, das Ciencias e das Humanidades. Ostenta doutoramentos honoris causa polas Universidades de Edimburgo, Durham e Sheffield e a Universidade Europea Central de Budapest.
Como froito das súas prolongadas investigacións, refutou as posicións que puñan en dúbida a historicidade de Xesús de Nazaret, así como aquelas posicións que entendían que Xesús se afastou da relixión xudía. Pretendeu achegarse desde criterios puramente históricos ao suposto fundador do cristianismo para chegar á conclusión que este non pretendeu fundar unha relixión esgallada do xudaísmo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Geza Vermes, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.