Galegos En Cuba

Os galegos en Cuba son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Cuba.

contan cuns 45 000 membros aproximadamente, esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara ao porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940.

Galegos En Cuba
Centro galego da Habana.
Galegos En Cuba
Centro galego da Habana.

Historia

Nos séculos XVIII e XIX, pequenos continxentes emigraron a Cuba, ás veces en condicións de semiescravitude para substituír os negros nas fábricas de azucre, cada vez máis escasos debido ás restricións internacionais ao tráfico. Na década de 1880, o rexionalismo evolucionou cara ao galeguismo e enraizouse nas colonias de emigrantes, especialmente no próspero Centro Galego da Habana, Cuba. Ó igual que outros símbolos de Galicia, como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi froito da emigración. En 1907, Xosé Fontenla Leal encargoulle a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do Rexurdimento galego, que residía na Habana) que escribise a letra, e a José Castro "Chané" a música, pero Curros non foi quen de compoñer a letra e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Pascual Veiga. Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana —hoxe Gran Teatro da Habana— e ata 1923 foi entoado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinamente como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América fixeron medrar o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República acadou o recoñecemento oficial.

Cando os galegos comezaron a estabelecerse nalgún lugar da illa empezaron a producir e traballar tanto no campo coma na cidade da Habana. Construíuse o centro Galego da Habana, que no seu interior contiña un teatro moi grande, e foi na Habana onde se entoou por vez primeira o Himno Galego, no ano de 1924.

O pai de Fidel Castro, Ángel Castro Argiz, era galego, máis concretamente de Láncara, na provincia de Lugo.

Censo electoral de galegos residentes en Cuba
por provincia de inscrición, a 1/9/2023
Provincia da Coruña 12.258
Provincia de Lugo 15.535
Provincia de Ourense 14.092
Provincia de Pontevedra 3.492
Total de galegos en Cuba 45.377

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Galegos En Cuba HistoriaGalegos En Cuba NotasGalegos En Cuba Véxase taménGalegos En Cuba1821187719201940A HabanaCamagüeyCienfuegos, CubaCubaEstados UnidosGuantánamoMéxicoPobo galegoSanta Clara, CubaSantiago de CubaTrinidad, CubaVigo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

IraqFeliciano RolánTropicosLoureiroCamiño de SantiagoDios ke te crewCasto Sampedro FolgarXosé BallesterosEleccións municipais de 2015 en GaliciaMaría JamardoSuso Díaz3Santiago AmorXosé María Álvarez BlázquezPepe CoiraShinovaCaixa de HockettInternet Movie DatabaseFroila VermúdezLista de castelos de PortugalDelegación do Goberno en GaliciaPartido dos Socialistas de GaliciaPartido Independentista PortorriqueñoHans Staden (filme)Rosalía de CastroMarca HispánicaNA fiestra valdeiraInstituto de Montes do PennLuis VilariñoBaionaJosé CoronadoEncoro do EumeAlexandra Fernández GómezGolfiño comúnMiguel Ángel Zabalza BerazaFreixoFeixónC45A CoruñaBunkyōFrancisco Castro VelosoCapital (economía)WikipediaAntigo ExiptoCarballo comúnAliados da segunda guerra mundialYDécimas ao Apóstolo Santiago1994Carcinoma lobular in situMalores VillanuevaContactOs outros feirantesReino de CastelaJuan Carlos Rodríguez CebriánManuel FragaLucía Rodríguez VázquezIndiaXogos OlímpicosLuís RubidoSambesugaSaramagoBipartito galegoMitoRafael Hernanz AnguloUCarbohidrato791978Ana RomaníIslandiaHomosexualidade🡆 More