Froito Climatérico

Un froito climatérico é aquel froito que ten unha alta taxa respiratoria durante a colleita do mesmo.

Durante o proceso de maduración dos froitos climatéricos, a produción dunha fitohormona, o etileno increméntase notabelmente até 1000 veces o nivel normal.

Froito Climatérico
Uvas sen semente 'Crimson Seedless'. A uva é un froito de comportamento non climatérico, polo que a súa maduración dáse só na planta.

Os froitos climatéricos poden madurar unha vez que foron apañados. Un exemplo claro é a banana, que acostuma colleitarse e exportarse aínda verde. Outros froitos climatéricos son as mazás, os albaricoques, os aguacates, os figos, os caquis, os melóns, as goiabas, os kiwis, as mangas, as nectarinas e pexegos, as peras, as ameixas e os tomates.

Froitos non climatéricos

Os froitos non climatéricos, son os que non maduran unha vez son apañados da planta. A aplicación de etileno non adianta o climaterio respiratorio; non hai produción autocatalítica de etileno e dende un punto de vista da maduración organoléptica non hai resposta ante tratamentos con etileno, agás en termos de desverdecemento (degradación de clorofilas). No caso destes froito cómpre asegurar que teñan alcanzado un estado apropiado de maduración para o seu consumo no momento da colleita.

Exemplos: ó ananás, os froitos secos, as uvas, a oliva, a cereixa, os cítricos en xeral (pomelo, limón, lima, mandarina, laranxa), a milgranda, o figo chumbo, a lichia, o néspero do Xapón, a carambola, a framboesa, o arando, a amora, o pemento, o cogombro, o amorodo, etc.

Tags:

ColleitaEtilenoFitohormonaFroito

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Vladimir PutinEduardo IndaConvento do Carme de PadrónCristina LosadaBenito Kamelas25 de abrilEstadio Municipal de RiazorJackson PollockMoscovaO PorriñoMadridProvincias de EspañaHarry StylesBerrogüettoBatalla das Termópilas (-480)Racing Club de FerrolNarónRocco SiffrediFran AlonsoFernando Salgado VarelaFoca monxeTeixugoXosé Manuel PiñeiroDaniel de la TorreMoulin RougeNordés (vento)Gres, Vila de CrucesSusana FortesTeresa González CostaAWStatsCarballoÁngeles VázquezFermin MuguruzaPablo EscobarCessna T-37 TweetDiego AnidoGuerraO CarballiñoOrdesDodroCubaManuel Curros EnríquezDepartamento de ApurímacLisboaLeonardo da VinciIsaac NewtonViacrucisAntiga CartagoEstadio de TammelaTwitterLola FloresJorge PeteiroJude BellinghamLeymaXunta Suprema do Reino de GaliciaBárbara ReyA CoruñaPedro SánchezC++Doenza de Paget de mamaCharles DarwinRosalía de CastroCarbohidratoXabier DeiveMeigaMondoñedoDiglosiaDistritos de PortugalRamón María del Valle-InclánClint Eastwood🡆 More