Francisco Sampedro: Filósofo galego

Francisco Antonio Sampedro Ojeda, nado na Coruña en 1956, é un filósofo galego.

Infotaula de personaFrancisco Sampedro
Francisco Sampedro: Traxectoria, Obras, Premios
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 83 Dialnet: 1662476

Traxectoria

Doutor en Filosofía e catedrático de Ensino Medio, e autor de ensaio filosófico e crítica literaria e política. A súa tese de doutoramento O imaxinario ideolóxico (1995) parte da ambigüidade e equivocidade do termo ideoloxía, para analizar os dous usos teóricos que comunmente se recoñecen: uso descritivo ou euloxístico, e uso pexorativo, como falsa conciencia. Mostra a pertinencia deste último uso para a análise do estatuto filosófico que a ideoloxía posúe no que varios autores recoñecen como a episteme do século XX, constituída polos discursos de Nietzsche, Marx e Freud. Pescuda o concepto de ideoloxía en Bacon e na Ilustración, e o nacemento da ideoloxía como ciencia das ideas en Desttut de Tracy, a teoría conservadora (Pareto, Sorel, Nietzsche...), o fenómeno da inversión ideolóxica en Marx e a teoría da ideoloxía de Althusser.

Á análise do concepto de ideoloxía dedicou os seus traballos Alain Badiou: filosofía, ideoloxía e suxeito, A tinta da xibia (sobre Barthes e a teoría marxista da ideoloxía) e Gianni Vattimo: debilidade e ideoloxía.

Traduciu e introduciu as edicións galegas de D'un désastre obscur de Alain Badiou; L'existencialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre, e Robespierre: une politique de la philosophie de Georges Labica. Ténse ocupado tamén da análise cultural e filosófica da obra de Vicente Risco (O nihilismo do inadaptado) e Rafael Dieste (Sobre a vella pel do mundo).

É correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes e membro do consello de redacción d' A Trabe de Ouro.

Obras

Ensaio

Traducións

Obras colectivas

Premios

  • Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 1998, por Ideoloxía e distorsión.
  • Premio da Crítica de Ensaio e Pensamento no 2007, por A violencia excedente.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Francisco Sampedro TraxectoriaFrancisco Sampedro ObrasFrancisco Sampedro PremiosFrancisco Sampedro Véxase taménFrancisco Sampedro1956A CoruñaFilósofo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ChachoBoyanka Kostova (grupo musical)Felix MendelssohnCangasJosé Luis GilDavid VillaA morte na cultura popular galegaAngelina MangoCesc FàbregasXosé Luís Mosquera CambaSegunda guerra mundialMeg RyanJorge Cuña CasasbellasRenfe OperadoraLesión deportivaRenda básica universalTito AsoreyArco da vellaHelsingin JalkapalloklubiJulia OteroOcéano ÍndicoSexo oralJavier CasqueiroOs EoasQuerela das mulleresGisela LladóJéssica BouzasAda LovelaceJ. K. RowlingCanle (comunicación)Sistema operativoXosé Luís Franco GrandeMaceiraMemorias dun neno labregoSérgio TannusConcha BuikaQuímicaRoberto Vidal BolañoMondoñedoLista de xentilicios de concellos galegosRomán Rodríguez GonzálezFragas do EumeDisoluciónVladimir PutinC++Xosé Carlos Carracedo PortoPedro FeijooFiúnchoZíngaroLugoMaruca do MediterráneoAntonio MingoteLoeweMasturbaciónAmorodoGalicia estremeiraAciñeiraFerroAtlánticaAC-960Xogos Olímpicos de 2004Mil primaveras máisMomia de ManchesterLista de episodios de DoraemonAlianza Libre EuropeaMiguel Anxo BastosProvincia de OurenseThe Good DoctorLingua éuscaraAdejeDámaso I, papaMiss Vaca (certame)Lista de ríos de GaliciaNacho CastañoJorge Sanz Miranda🡆 More