Aurora Sampedro: Química galega (1913-1996)

Aurora Sampedro Piñeiro, nada en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 15 de xaneiro de 1913 e finada na mesma parroquia 23 de setembro de 1996, foi unha química de orixe galega.

Infotaula de personaAurora Sampedro
Aurora Sampedro: Traxectoria, Publicacións, Asistencia a Congresos
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1913 Editar o valor em Wikidata
San Pedro de Benquerencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
San Pedro de Benquerencia, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAccidente de tráfico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Formación

Flla dun comerciante maragato de Villalibre de Somoza, Francisco Sampedro Fuente (alcumado 'O Mornelo'), e da mariñá Antonia Piñeiro Moreda, foi unha estudante constante. Estudou as primeiras letras en Barreiros, na escola do Canteiro (S. Pedro de Benquerencia) da man da súa mestra, dona Juanita, e fixo o Bacharelato por libre no Instituto Masculino de Lugo.

Trasladouse a Madrid no 1930, residindo na Residencia de Señoritas (institución que emulaba a Residencia de Estudiantes). Alí rematou o bacharelato no Instituto de Bacharelato Cervantes, e fixo Ciencias Químicas na Universidade Complutense entre 1932 e 1936. A guerra civil obrigouna a abandonar os estudos, que rematou con sobresaínte na Universidade de Oviedo no 1941. Doutorouse o 16 de febreiro no 1948 na Complutense coa tese Los oligoelementos en alimentos españoles de origen animal, de seguidas da súa investigación no Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica, “Antonio de Gregorio Rocasolano”, do Consello Superior de Investigacións Científicas e na liña que comezaba de atención ós oligoelementos na alimentación que daría lugar máis adiante á diversidade de suplementos alimenticios en voga dende o último terzo do século XX.

Desenvolvemento profesional

Aurora Sampedro: Traxectoria, Publicacións, Asistencia a Congresos 
Nota necrolóxica no primeiro aniversario do seu pasamento.

Adiantada ó seu tempo, abriu camiños na ciencia e no apoderamento da muller. No 1948 opositou a cátedras de Física e Química, e estivo ensinando unha tempada no occidente asturiano (Boal, A Veiga), e Madrid. No 1954, por oposición, estaba incorporada como doutora en ciencias químicas no laboratorio central de RENFE, chegando a subxefa de división. Nesta empresa pasaría o resto da súa vida laboral.

No ano 1961 foi bolseira da Fundación Juan March, facendo investigación na sección de Radioquímica da Universidade Complutense sobre análise espectroquímica. Froito dese período de investigación son catro publicacións sobre Análise espectroquímico de aliaxes chumbo-antimonio-estaño, Determinación de impurezas, Determinación de menores constituíntes e Control espectroquímico na fabricación de baterías eléctricas.

En 1977, foi nomeada acadmémica correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Academia de Doctores.​

A súa morte tivo lugar nun accidente de coche en 1996 ó retorno da praia en Benquerencia.

Legado

A finais de 2023 publicouse o libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro, de Manuel Rivero Pérez, que dá pulo a unha historia persoal ata entón descoñecida. Igualmente, o citado profesor promoveu o seu nomeamento como filla adoptiva de Luyego, filla predilecta do concello de Barreiros a título póstumo (a comezos de 2024, anunciouse que lle sería outorgado ese recoñecemento) e que se lle dedicase o Día da Ciencia 2024 en Galicia aínda que isto último non se conseguiu.

Publicacións

  • "Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal". Revista Española de Fisiología (en castelán) (Sección de bioquímica do Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica e Instituto de Gregorio Rocasolano) IV (3). outubro 1948. 
  • "Valoración espectroquímica de aleaciones de antifricción". Revista de Ciencia aplicada (en castelán) (Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC) (56). maio-xuño 1957. 
  • "Análisis espectroquímico del antimonio para concentraciones 0,3-15% en las aleaciones binarias de plomo". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B-Química (en castelán) (Madrid: Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica, “Esteban Terradas”, e Instituto de Química Física, “A. de G. Rocasolano”). Tomo LVI (3): 289. marzo de 1960. ISSN 2792-520X. 
  • "Influencia del historial mecánico y térmico de las aleaciones plomo-antimonio en la emisión espectral". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B-Química (Madrid: Instituto Nacional de técnica Aeronáutica “Esteban Terradas” e Instituto Química Física del CSIC). Tomo LVII (1). xaneiro de 1961. ISSN 2792-520X. 
  • "Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de menores constituyentes Laboratorio Central de RENFE". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B-Química (en castelán) (Madrid: Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto “Rocasolano”). Tomo LIX (B) (6): 415. xuño de 1963. ISSN 2792-520X. 
  • "Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas". Revista de Ciencia aplicada (en castelán) (Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC) (99). xullo-agosto 1964. 
  • Análisis espectroquímico del plomo en los aceros de fácil mecanización. Colloquium Spectroscopicum Internationale. Madrid 26-30 de maio 1969.
  • "Determinación espectroquímica del titanio en los aceros inoxidables. (Madrid),". Revista de Metalurgia (en castelán) (Madrid: CSIC) 11 (1): 13–18. 1975. 
  • "Determinación espectroquímica del hierro en aleaciones Cu-Ni resistentes a la corrosión". Revista de Metalurgia (Madrid: CSIC) 13 (4): 226–231. 1977. 

Asistencia a Congresos

Entre outros, en funcións no CSIC, acudiu a:

  • XV Congreso Internacional de Química Pura e Aplicada (Lisboa, 1956)
  • VII Colloquium Spectroscopicum Internationale (Liexa, 1958)
  • VII Bienal da Real Sociedad Española de Química (Santiago de Compostela, 1957)
  • XVII Inter. Congress for Reine U. Angewandte Cheime (Múnic, 1959)
  • IX Bienal da Sociedad Española de Física y Química (Granada, 1959)
  • XVIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (París, 1955)
  • XXIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (París, 1965)
  • IV Reunión Nacional de Espectroscopía (Granada, 1974)
  • Reunión Nacional de Espectroscopía (Palma, 1976)

Nomeamentos e distincións

No 1977 foi nomeada Correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Académica de Doctores.

Foi nomeada alumna destacada polo IES Cervantes de Madrid (sucesor do I.B. Cervantes).

Notas

Véxase tamén

Tags:

Aurora Sampedro TraxectoriaAurora Sampedro PublicaciónsAurora Sampedro Asistencia a CongresosAurora Sampedro Nomeamentos e distinciónsAurora Sampedro NotasAurora Sampedro Véxase taménAurora Sampedro15 de xaneiro1913199623 de setembroBarreirosSan Pedro de Benquerencia, Barreiros

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Selena GomezCarlos X de FranciaC. TanganaCarlismoEnciclopediaEspañaVladimir PutinLingua latinaVíctor CoyoteChris PrattBatalla de Medina de RiosecoBragaPolafíasEstocolmoLingua casteláRobert OppenheimerBenito KamelasVilanova dos Infantes, CelanovaPonte de RandeCronoloxía da segunda guerra mundialCaliforniaGerardo Pardo de VeraRibadeoTomás IribarrenQuimera (mitoloxía)Unión do Povo GalegoValenciaLuísa VillaltaPaisaxe mineira de Cornualla e Devon oesteMuwatallis IIÁcido desoxirribonucleicoVilaoudriz, A PontenovaGran Premio de Mónaco de 2014Oppenheimer (filme)Lista de filmes con versión en galego/CAda NegriLuís Pérez BarralKarim BenzemaConnellitaAlfonso SotoElizabeth TaylorProxyXestaLareiraO Ézaro, DumbríaSelección de fútbol do CamerúnMadagascarRaxáMesopotamiaIn My Head (canción de Jason Derulo)Antigo ExiptoFragas do EumeMediaWikiFísicaLucía VeigaGrupo NósFútbol gaélicoManuel MongeTereixa NavazaThe InterviewCantiga de amigoAllarizd05oxPolíticaFentoEva Iglesias MiguénsArvo PärtLiam NeesonBob MarleyMosteiro de Santa María de OseiraLista de deuses celtasManchester City F.C.🡆 More