Accidente De Tráfico: Prexuízo ocasionado a unha persoa ou ben material por acción dun condutor

Un accidente de tráfico ocorre cando un vehículo colisiona con outro vehículo, cun peón, cun animal ou con outro elemento, como un sinal de tráfico, unha árbore ou un edificio.

Os accidentes de tráfico frecuentemente provocan feridas, discapacidades ou a morte, e danos á propiedade, ademais de custos financeiros á sociedade e aos individuos involucrados. O transporte por estrada é a situación máis perigosa á que se enfronta a xente na súa vida cotiá, a pesar de que estes accidentes adoitan atraer menos a atención que outras traxedias menos frecuentes.

Accidente De Tráfico: Epidemioloxía, Historia, Notas
Choque no que estiveron involucrados un coche e unha motocicleta
Accidente De Tráfico: Epidemioloxía, Historia, Notas
O fardier à vapeur de Nicolas-Joseph Cugnot chocou contra un muro en 1771.

Numerosos factores contribúen ao risco de colisión, como o deseño do vehículo, a rapidez de operación, o deseño e as condicións da estrada, as habilidades na condución, a influencia do alcohol e as drogas e o comportamento, especialmente a condución agresiva, as distraccións, a velocidade excesiva e as carreiras.

En 2013, 54 millóns de persoas sufriron feridas en todo o mundo por accidentes de tráfico. Resultou en 1,4 millóns de mortes ese ano, máis do 1,1 millón de falecementos en 1990. Arredor de 68 000 destas foron de nenos menores de cinco anos. Case todos os países desenvolvidos diminuíron a taxa de morte, mentres que a maioría dos países con rendas máis baixas incrementaron a taxa de falecemento por accidente de tráfico. Mentres a taxa de morte en África é a máis alta (24,1 por 100 000 habitantes), a taxa máis baixa é a de Europa (10,3 por 100 000 habitantes).

Epidemioloxía

Accidente De Tráfico: Epidemioloxía, Historia, Notas 
Taxa de morte a causa de accidentes de tráfico en 2017.
Accidente De Tráfico: Epidemioloxía, Historia, Notas 
Mortes na estrada por vehículo-km (mortes por mil millóns de quilómetros)

En 2013, morreron entre 1,25 e 1,4 millóns de persoas por esta causa, aumentando dende o 1,1 millón en 1990. Esta cantidade supón arredor do 2,5% de todas as mortes. Aproximadamente outros 50 millóns de persoas máis resultaron feridas, un número que non cambiou dende 2004.

A India rexistrou 105 000 falecementos por accidentes de tráfico nun ano, seguido pola China con 96 000. Os accidentes con vehículos de motor son a principal causa de lesións e de morte entre os nenos de entre 10 e 19 anos en todo o mundo e a sexta causa que se pode previr nos Estados Unidos.

Historia

O primeiro accidente mortal de tráfico rexistrado aconteceu o 31 de agosto de 1869. A científica irlandesa Mary Ward morreu cando caeu do coche de vapor do seu primo e foi atropelada por el.

O primeiro accidente mortal dun coche autónomo que acabou coa vida dun peón ocorreu en Arizona o 18 de marzo de 2018. A peón, Elaine Herzberg estaba camiñando coa súa bicicleta fóra da beiravía, e faleceu no hospital despois de ser golpeada por un vehículo autónomo que estaba a ser probado por Uber.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Accidente De Tráfico EpidemioloxíaAccidente De Tráfico HistoriaAccidente De Tráfico NotasAccidente De Tráfico Véxase taménAccidente De TráficoPeón (viandante)Sinal de tráficoVehículo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pedro RieloSistema operativoAbrilO Pedrouzo, Arca, O PinoÁlex FidalgoFoca monxeMoinanteCarlos NegroFollas novasLuis Carrero BlancoMerloXinzo de LimiaEstanislao FiguerasEscudo de GaliciaIrene JunqueraPello OtxandianoRosario DúrcalSexo analUcraínaCaso Asunta BasterraTransformador (modelo de aprendizaxe automática)Aguia imperial ibéricaRevolución galega de 1846Hindemburg Melão Jr.Esther EstévezTereixa ConstenlaBandeira de GaliciaCarrasco (planta)María PitaInfinitivo conxugadoPobo palestinoSubgrupoDavid BeckhamJorge LorenzoSegunda República EspañolaCharles WhiteMiss Vaca (certame)LisboaDistritos de PortugalLista de siglas e acrónimosBreogánListenbourgNacho CastañoToniña comúnSete Sabios de GreciaFrancisco Porto MellaElvira Fernández BalboaPanteón de Galegos IlustresCromosoma homólogoRamón CabanillasAlfabeto galegoLesakaJava (linguaxe de programación)Pere Pau Ripollès AlegreSonDeSeuGrupo RompenteAdolf HitlerMalena AlterioReino de GaliciaDoenza de Paget de mamaMartín SarmientoMaría do Socorro Ortega RomeroAsunta Basterra PortoMadridMomia de ManchesterMoscovaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Itxu DíazConcellos de GaliciaPalmaCopia por contacto2003🡆 More