Fernando Iii De Habsburgo

Fernando III (Graz, 13 de xullo de 1608 – Viena, 2 de abril de 1657) foi o Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e Arquiduque de Austria desde 1637 ata a súa morte, así como Rei de Hungría, Bohemia e Croacia.

Era fillo do emperador Fernando II e da súa primeira esposa María Ana de Baviera.

Fernando III
Fernando Iii De Habsburgo
Emperador do Sacro Imperio Romano
18 de novembro de 1637 a 2 de abril de 1657
Coroación18 de novembro de 1637
PredecesorFernando II
SucesorLeopoldo I

Nacemento13 de xullo de 1608
Graz (Austria)
Falecemento2 de abril de 1657 (48 anos)
Viena (Austria)
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresFernando II de Habsburgo

Escudo de Fernando III de Habsburgo
Fernando Iii De Habsburgo
Na rede
Discogs: 5564581 WikiTree: Hapsburg-23 Find a Grave: 22380 Editar o valor em Wikidata

Biografía

Infancia e xuventude

Fernando III foi o terceiro fillo de Fernando II e María Ana de Baviera. Educado polos xesuítas en Ingolstadt, foi un bo músico e un notable erudito. Johann Jakob von Dhaun, un Orde dos Hospitalarios, tamén tivo unha grande influencia na educación do príncipe.

Arquiduque de Austria, en decembro de 1625, foi coroado, en 8 de decembro de 1626, Rei de Hungría e Rei de Croacia e, en 21 de novembro de 1627, Rei de Bohemia. Despois diso, esixiu o mando supremo das tropas imperiais e a participación nas campañas de Albrecht von Wallenstein, uníndose aos inimigos de Wallenstein e contribuíndo á súa expulsión.

Comandante militar

Despois da morte de Wallenstein converteuse, o 2 de maio de 1634, en comandante en xefe e co apoio dos xenerais Matthias Gallas e Octavio Piccolomini, tomou Donauwörth e Regensburg, gañou a Batalla de Nördlingen en setembro de 1634 e expulsou os suecos do sur de Alemaña. Debido ás súas conquistas tamén adquiriu influencia política. Líder do partido da corte pacifista, axudou a negociar a Paz de Praga cos estados protestantes, especialmente Saxonia en 1635. Despois seguiu as estratexias bélicas do seu irmán, o arquiduque Leopoldo Guillerme de Habsburgo.

Emperador

En 30 de decembro de 1636 converteuse en Rei dos Romanos. En 15 de febreiro de 1637, despois da morte do seu pai, converteuse no Sacro Emperador Xermánico. Herdando a situación creada pola Guerra dos Trinta Anos, procurou incansablemente establecer negociacións de paz, que comezaron en 1644 pero que non concluíron ata 1648 coa Paz de Westfalia (Tratado de Münster con Francia e Tratado de Osnabrück con Suecia). A firme negativa de Fernando a permitir a liberdade de culto nos seus territorios e a reanudación da expulsión dos rebeldes (Contrarreforma) contribuíron enormemente ao atraso na consecución dos acordos de paz.

Despois de que Fernando conseguise que a Dieta de Ratisbona elixise ao seu fillo Fernando IV, Rei dos Romanos en 1653, a pesar de morrer antes que el o 9 de xullo de 1654 e de ter forxado unha alianza cos polacos contra os suecos, morreu o 2 de abril, 1657.

Tags:

Fernando Iii De Habsburgo BiografíaFernando Iii De Habsburgo13 de xullo160816572 de abrilArquiduque de AustriaFernando II de HabsburgoGrazLista de emperadores do Sacro Imperio RomanoMaría Ana de Baviera (1574–1616)Reino de BohemiaReino de CroaciaReino de HungríaViena

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Gerardo Pardo de VeraCucoRaposo comúnOs ÁnxelesFiúnchoMáquina comecartosAntía OteroMaría Xosé QueizánBakúJosé María Bello ManeiroTu quoqueGFolgoso, Castro CaldelasPonte dos SantosPedra de SconeTino SaquésBaiuca (banda)Relación sexual humana2023Laura AñónMofa e BefaApp Store (iOS)Lenda das SereasFerreiriñoValentín Alfonsín SomozaOs vellos non deben de namorarseTorrent, ValenciaPHFranciaPaíses BaixosHidrografía de GaliciaDía da NaiBrais LamelaCadela de fradeUMiñato común28FollaFontao, A TeixeiraOrosoJacinto ConvitO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónA Pobra de TrivesBisemiaLago ComoMXosé Luís BaltarEspañaSomersby (sidra)LArañasAcerbaixánSaga da FundaciónAlfonso LáuzaraNatalia Puente PradoDaniel BasteiroAmieiroÁngel García SeoaneSantoalla, Santoalla do Monte, PetínRogue (filme)Lady GagaMarraxoSilva bravaProxyEleccións municipais en CamariñasCaldas de ReisEl Progreso (xornal)Ánxel CasalMoinanteCampionato de España de segunda categoríaCaramelo (empresa)6Evencio Ferrero🡆 More