Fernando Gomes: Futbolista portugués

Fernando Mendes Soares Gomes, nado no Porto o 22 de novembro de 1956 e finado na mesma cidade o 26 de novembro de 2022, foi un exfutbolista portugués.

Desenvolveu case toda a súa carreira no FC Porto, co que gañou numerosos títulos, entre eles cinco ligas portuguesas, unha Copa de Europa e unha Copa Intercontinental. Destacado dianteiro, foi seis veces o máximo goleador da Primeira Liga e gañou dúas Botas de Ouro ao mellor goleador europeo.

Fernando Gomes
Fernando Gomes: Traxectoria, Palmarés, Notas
Información persoal
Nome Fernando Mendes Soares Gomes
Nacemento 22 de novembro de 1956
Lugar de nacemento Porto
Falecemento 26 de novembro de 2022
Lugar de falecemento Porto
Altura 1,76 m
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1972–1974 Porto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1974–1980 Porto 158 (123)
1980–1982 Sporting de Gijón 27 (12)
1982–1989 Porto 183 (164)
1989–1991 Sporting CP 63 (31)
Selección nacional
Portugal sub-18 14 (6)
Portugal sub-21 6 (1)
1975–1988 Portugal 47 (13)
Na rede
FIFA: 174566 UEFA: 1709 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi 47 veces internacional coa selección portuguesa, coa que participou na Eurocopa de 1984 e no Mundial de 1986.

Traxectoria

Formouse na canteira do FC Porto, amosando dende novo un gran talento, e no seu debut co primeiro equipo en 1974 marcou dous goles diante do CUF Barreiro. Durante a seguinte década de media estivo en todos os momentos importantes do renacemento do club, salvo dous anos nos que militou na liga española coa camiseta do Sporting de Gijón (onde estivo un ano inactivo por unha tendinite). Entre as tempadas 1976/77 e 1978/79 foi tres veces seguidas o máximo goleador da Primeira Liga, e na terceira delas conquistou o título de liga, título que o Porto levaba 20 anos sen gañar.

Nos seguintes anos sumou outras catro ligas ao seu palmarés, ademais doutras catro Bolas de Prata e dúas Botas de Ouro, e en 1984 capitaneou o equipo na final da Recopa da UEFA contra a Juventus de Trapattoni, caendo 2-1.

Na tempada 1986/87 marcou cinco goles na Copa de Europa, catro deles nun mesmo partido diante do Rabat Ajax de Malta (9-0). Aínda que marcou un gol nas semifinais contra o Dynamo de Kíiv de Lobanovskyi, unha fractura de tibia e peroné impediulle disputar a final, na que o seu equipo conquistou o primeiro título europeo da súa historia fronte ao Bayern de Múnic.

Recuperouse a tempo para xogar a Supercopa de Europa contra o Ajax e a Copa Intercontinental contra Peñarol, gañando ambos títulos e marcando o primeiro gol na vitoria por 2-1 sobre os uruguaios en Toquio.

Deixou o equipo en 1989, debido a un enfrontamento co consello de administración do Porto, e asinou co Sporting CP, no que militou durante dúas campañas, marcando na segunda delas 22 goles.

Retirouse en 1991 como o segundo máximo goleador histórico da Primeira Liga, cun balance de 319 goles en 404 partidos, superado só por Fernando Peyroteo e cun gol máis que o terceiro clasificado, Eusébio.

Selección portuguesa

Foi 47 veces coa selección de Portugal entre 1975 e 1988, marcando 13 goles. Formou parte do equipo portugués tanto na Eurocopa de 1984, onde alcanzou as semifinais, como no Mundial de 1986.

Palmarés

    Porto
    Individual
  • Bota de Ouro (2): 1983, 1985.
  • Bola de Prata (6): 1976/77, 1977/78, 1978/79, 1982/83, 1983/84, 1984/85.
  • Máximo goleador da Copa de Portugal (2): 1979/80, 1982/83
  • Futbolista Portugués do Ano (1): 1983.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Fernando Gomes TraxectoriaFernando Gomes PalmarésFernando Gomes NotasFernando Gomes Véxase taménFernando Gomes1956202222 de novembro26 de novembroBota de OuroCopa Intercontinental de FútbolDianteiro, dianteiraFutebol Clube do PortoFútbolLiga de Campións da UEFAPobo portuguésPorto, PortugalPrimeira Liga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EpítetoAna BelénBloque Nacionalista GalegoMaría do Socorro Ortega RomeroÁnxel CasalP'ró que der e vierEconomía de EspañaTanxugueirasSegunda guerra mundialXosé Luís Méndez FerrínLista de países por superficieMoinanteMovemento de independencia da IndiaLua (linguaxe de programación)García II de GaliciaJenna JamesonXureloTigreAsíndetoSólido platónicoOctavio AugustoJosé Luis GilEduardo Blanco AmorAlberto PomboJesús Gil y GilPilar Bermejo BarreraMiguel de CervantesXabier FortesEscolas de Insiño GalegoMicrosoftPaulino PedretHard GZTeresa García-SabellDaniel CraigRosalía de CastroXXX edición dos Premios GoyaNormativa oficial do galegoRamón CabanillasIndependentismo galegoGatoLuís Pérez BarralDani RivasNancho NovoSéculos EscurosEleccións municipais de 2023 en GaliciaEva Iglesias MiguénsChachoVerbos galegos ser, estar e irMúsica tradicional galega633Santiago AbascalDua LipaPartido Nacionalista VascoAna Belén FortesAs Carballas, Tabeirós, A EstradaIrmandiñosSéchu SendeSatélite de comunicaciónsHaruki MurakamiHLA-DPPremio PlanetaVigoMiñocaPanteón de Galegos IlustresGrupo EroskiJacobo BucetaOs EoasMiro VillarMercedes PeónGaliciaBubelaÁreas lingüísticas do galegoMeteoGaliciaPonteareasRaffaella Carrà🡆 More