O Sporting Clube de Portugal é un club polideportivo da cidade de Lisboa, en Portugal.
Fundado o 1 de xullo de 1906, o seu equipo de fútbol xoga na Primeira Liga.
Sporting Clube de Portugal | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sporting Clube de Portugal | |||
Alcume(s) | Leóns Verdibrancos | |||
Fundación | 1 de xullo de 1906 (117 anos) | |||
Estadio | José Alvalade, Lisboa, Portugal | |||
Inauguración | 6 de agosto de 2003 | |||
Capacidade | 50.095 | |||
Presidente | Frederico Varandas | |||
Adestrador | José Peseiro | |||
Liga | Primeira Liga | |||
2022/23 | 4.º | |||
Vestimenta | Macron | |||
Patrocinador | NOS | |||
Na rede | ||||
http://www.sporting.pt/ | ||||
| ||||
O Estadio José Alvalade é un estadio de fútbol situado no complexo deportivo «Alvalade XXI» situado en Lisboa, capital de Portugal. O nome de José Alvalade é en honra ao Vizconde de Alvalade, un dos fundadores do Sporting Clube de Portugal, club dono do estadio.
A súa clasificación como "estadio de 5 estrelas" por parte da UEFA permítelle albergar as finais dos principais torneos de fútbol en Europa.
O Pavilhão João Rocha é o pavillón polideportivo do club, situado en Lisboa, capital de Portugal. O nome do pavillón é en honra a João Rocha, expresidente do club, que estivo no cargo desde setembro de 1973 ata outubro de 1986.
O Sporting Clube de Portugal ten máis de 16.000 Copas no seu Museo.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sporting Clube de Portugal, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.