Facho

Facho, mañiza de palla atada á que se lle prendía lume ou fogueira acesa nun alto que adoitaba usarse para avisar e guiar os mariñeiros que se atopaban no mar.

Lume.

Definición

Un facho pode ser:

  • (1) Mañiza de palla atada ao que se lle prende lume e serve para alumear.
  • (2) Fogueira acesa nun alto para avisar ou dar unha nova.
  • (3) Lume que se acendía antigamente no cume dun monte para a guía de mariñeiros.
  • (4) Outeiro próximo á costa, guía para os mariñeiros.
  • (5) Cume onde se acende esa fogueira.

Etimoloxía

Do lat. fascis: feixe. Trátase dunha etimoloxía por metonimia. Inicialmente, un pequeno feixe de plantas como os xuncos ou a palla, apertado e atado, utilizouse dende hai moito tempo como luz artificial para a noite ou as covas. A palabra facho pasou logo a ser un lume con funcións indicadoras. Deste xeito, era colocado nos outeiros como sinais de orientación ou avisos. Posteriormente, a súa localización pasaría a propiciar que se nomeasen así os lugares altos onde se facían lumes. De aí, a evolución semántica da palabra.

Historia

Antigamente, os faros materializábanse como fachos acendidos en torres. Entre os séculos IX-XII, as costas galegas foron atacadas por viquingos, vándalos e musulmáns.[Cómpre referencia] Nos séculos XV, XVII, XVIII e XIX, foron os ingleses, franceses e holandeses, entre outros os que máis atacaban as costas galegas. Estes últimos ataques ao litoral galego propiciaron a creación dunha rede de fachos que se intercomunicaban mediante fume ou fogo cando algún dos pobos divisaba embarcacións perigosas.[Cómpre referencia] Desta forma avisaban ao xefe de grupos armados), e ás vilas, que acudían para a súa defensa. No 1670, Domenico Laffi relataba que no Monte Facho de Fisterra había unha torre que estaba feita para acender o fogo na súa parte máis elevada.[Cómpre referencia] Estaba aí porque, de tódalas nacións que navegan polo Océano, todos pasaban a coñece-lo Cabo Fisterrá e moitas veces desembarcaban na Vila provocando numerosos danos.[Cómpre referencia] Era entón cando, co fogo desta torre, facíanse sinais ás vilas veciñas, que sucesivamente dunhas ás outras íanse pasando o aviso de perigo. Nunha hora, todo o Reino de Galiza estaba en sobreaviso e acudía armado ata aquel cabo para defendelo.[Cómpre referencia]

Por descontado, os fachos tamén funcionaron como guías e, así mesmo, hai constancia de que se acendían fachos en lugares falsos para provocar naufraxios.

Xeografía

De norte a sur, a denominada Ruta dos fachos de Galiza contén as seguintes localizacións que se recollen na obra de D. José Cornide titulada Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal, da que, ao compara-los nomes cos actuais, obsérvase que algúns perdéronse:

Facho 
Ruta dos fachos galegos
    • Caión
    • Razo
    • Malpica
    • Nariga
    • Corme
    • Monte Tosto
    • Lourido
    • Touriñán
    • A Nave
    • Fisterra
    • Bouzas
    • Coruxo
    • Monteferro
    • Cela
    • Mougaz
    • Oia
    • A Guarda
    • Santa Trega
    • San Xulián

Toponimia

Non tódolos lugares nos que se ten constancia da existencia de fachos conservan no seu nome tal suceso. Algún dos que aínda se poden atopar son:

Literatura

Moitos son os escritores e poetas que citan aos fachos nas súas obras. Algúns exemplos son:

Laurindo Rabelo

Hino (1863)

O facho do Helesponto apaga o dia,

sem que aos olhos de Hero o sono traga,

que dentro de sua alma não se apaga

o fogo com que o facho se acendia.

Eduardo Pondal

Queixumes dos pinos (1886)

¡Ou rapacetes rebertes,

De tenro corpo lanzal;

E tan libres, com' os corvos,

Do facho de Touriñan!

(...)

Nunha cousa convêrteme,

Insensibre e cerval;

Convérteme n' un rudo

Facho, por pïedá...

Bárreme da memoria,

Este soñar audaz,

Arráncame da alma

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Facho DefiniciónFacho EtimoloxíaFacho HistoriaFacho XeografíaFacho ToponimiaFacho LiteraturaFacho NotasFacho Véxase taménFacho

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SoajoSegunda guerra mundialOrchataFirefly LaneAlejandro Mon Landa LandaAntonio ReigosaLista de palabras galegas de orixe celtaDanza e contradanza de DarboFreixoBaionaVicente RiscoDe catro a catro1957TECOR societarioUnión Deportiva LanzaroteIslandiaArroazPaulino VázquezRelación sexual humanaXosé Manuel BeirasGueixaConcellos de GaliciaÓscar García PatiñoCarlos PajaresResistencia (libro)Nacho CastañoLinguas románicasXentilicioPazos, VerínXosé Ramón GayosoAs crónicas do sochantreXornalismoFábrica Nacional de Moneda y TimbreEstatísticaPotaFuxan os VentosMoeda da Antiga RomaIlla de CretaAcademia Chinesa de CienciasParísProteínaCalcioNairaXogos popularesCamiño de SantiagourlÁ lus do candilElvis PresleyXosé Manuel PiñeiroParadigmas dos verbos irregulares galegosXabier MaceirasXunta de GaliciaPortugalTVGMerlíCaralloCristianismoAngkor WatConsellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaPepe Domingo CastañoO CarballiñoPablo DíazAmesCoalición PopularTrazaRoko (actriz)Guerra civil española🡆 More