Estatuto De Autonomía De Galicia De 1981: Texto lexislativo de Galicia

O Estatuto de Autonomía de Galicia (ou, sinxelamente, Estatuto de Galicia), é a norma institucional básica de Galicia, en vigor dende 1981.

No marco da Constitución española de 1978, o Estatuto de Galicia recoñece a condición de nacionalidade histórica a esta Comunidade Autónoma. Os poderes en que se basea son o propio Estatuto, a Constitución e o pobo galego. Establece un marco democrático de solidariedade entre quen integran o pobo galego.

Antecedentes

Tivo o seu precedente no Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 por maioría. Daquela, o galego Santiago Casares Quiroga era o xefe do goberno da Segunda República Española.

Aprobación

O pobo galego aprobouno en referendo o 21 de decembro de 1980, aínda que cunha participación moi baixa na votación. O 6 de abril de 1981 o rei Xoán Carlos I de España e mais o presidente do goberno Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo asinaron o estatuto no Palacio Real de Madrid.

Contidos e competencias

Estatuto De Autonomía De Galicia De 1981: Antecedentes, Aprobación, Contidos e competencias 
A bandeira de Galicia, conforme o disposto no Estatuto de Autonomía

O estatuto recolle, entre outros:

  • O recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e a súa cooficialidade co castelán
  • Os símbolos propios do país galego: a bandeira, o escudo e o himno
  • A división e organización administrativa do territorio en provincias, comarcas e parroquias rurais
  • O recoñecemento das comunidades galegas no estranxeiro
  • A facenda e o patrimonio propios
  • As diversas competencias de acordo coa Constitución e as leis de solidariedade entre as comunidades que conforman o Estado español.

Historia

A Asemblea Parlamentaria galega constituíuse o 25 de xullo de 1979. De acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978, tiña competencias para elaborar e aprobar o proxecto de autonomía. Esta Asemblea acordou nomear unha comisión de 16 representantes de partidos, con e sen representación parlamentaria, para elaborar un primeiro texto. 8 dos membros pertencían á UCD, 2 ao PSOE, 2 a AP, 1 ao PCG, 1 ao POG, 1 ao PG e 1 ao PTG.

O texto que elaborou esa comisión, coñecido como o Estatuto dos 16, foi considerado por partidos nacionalistas e de esquerdas como pouco ambicioso e de segunda orde en relación con Cataluña e o País Vasco. Ante isto, convocouse unha manifestación en Vigo para o 4 de decembro de 1979 que resultou multitudinaria. Adolfo Suárez recoñeceu entón que se errara na elaboración do estatuto galego.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Estatuto De Autonomía De Galicia De 1981 AntecedentesEstatuto De Autonomía De Galicia De 1981 AprobaciónEstatuto De Autonomía De Galicia De 1981 Contidos e competenciasEstatuto De Autonomía De Galicia De 1981 HistoriaEstatuto De Autonomía De Galicia De 1981 Véxase taménEstatuto De Autonomía De Galicia De 1981

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José María Barreiro GómezQuenllaRoberto VerinoHomosexualidadePello OtxandianoUniversidade de Santiago de CompostelaLista de nomes masculinos en galegoSanta CompañaEl Correo GallegoPaís Vasco (rexión histórica)PadrónSystem of a DownZeca AfonsoOs pronomes persoais galegosDos arquivos do trasnoCohesiónSistema operativoAna Romaní22 de xulloMartín SarmientoConvento do Carme de PadrónGoogleCarballedo, Cerdedo-CotobadeLista de episodios de DoraemonToniña común2015Lista de ríos de GaliciaRamón Otero PedrayoÁreas lingüísticas do galegoDoenza de Paget de mamaLorenzo VarelaCalorManuel RivasSéculos EscurosAC-211Joan Manuel SerratToxo arnalTito ValdésDavid PerdomoCarrizo (paxaro)Ledicia CostasYouTubeO incerto señor Don HamletGoretti SanmartínPosición do misioneiroAna TurpinTeresa González CostaMerloIker MuniainTelexornalCThe HivesÁngel CarracedoIgantziViacrucisChorimaLeonardo da VinciDigital object identifierGeorgia O'KeeffeTrofoblastoAntiga CartagoBárbara ReyMiro CasabellaFlorentino López CuevillasSusana FortesFC Ilves (feminino)Clint EastwoodJosé Luís Valladares FernándezRastroMíster EspañaValentín García Gómez🡆 More