Era De Vendel

Na prehistoria sueca a era de Vendel (550-793) é o nome con que se denomina a unha parte da Idade de Ferro xermánica (ou máis globalmente do período das grandes migracións).

O nome deste período histórico provén da parroquia homónima de Vendel (Suecia), na provincia de Uppland, onde se realizaron importantes descubrimentos arqueolóxicos en túmulos funerarios dos séculos V, VI e VII.

Era De Vendel
Espada da era de Vendel, Valsgärde.

As migracións e a axitación na Europa central diminuíra bastante, e dous grupos poderosos apareceran en Europa: o reino merovinxio e os principados eslavos do leste e os Balcáns. E un terceiro poder, a Igrexa católica, empeza a expandir a súa influencia na zona.

En Escandinavia a sociedade de clans xermánicos aínda estaba moi activa. En Uppland, Gamla Uppsala probabelmente era o centro da vida política e relixiosa. Tiña un coñecido bosque sacro e un gran monte real. Tiñan estreitos contactos coa Europa central, os escandinavos seguían exportando ferro, peles e escravos e a cambio obtiñan obxectos artísticos e innovacións técnicas, tales como o estribo.

Era De Vendel
Helmo cristado ou Vendelhelm, Museo nacional sueco de antigüidades.

Os achados de Vendel e Valsgärde mostran que Uppland era unha rexión poderosa, de concordancia cos relatos das sagas sobre o reino sueco. Algunhas das riquezas obtíñanse polo control dos distritos mineiros e a produción de ferro. Os gobernantes tiñan tropas de cabalaría de guerreiros armados con custosas armaduras. Nas tumbas dos guerreiros da cabalaría apareceron estribos e cadeiras de montar ornamentadas con aves de presa de bronce con incrustacións de granates. No entanto, este tipo de helmos e armaduras parece que caeron en desuso a finais do século VIII cando se fixo máis popular as incursións lóstrego típicas da Era viquinga que precisaba dun equipamento máis lixeiro para unhas estratexias militares máis acordes á guerra de guerrillas ou ataques lóstrego como o strandhögg, e volvendo a re-emerxer coa participación da garda varega no Imperio bizantino.

O historiador do século VI Xordanes escribiu na súa obra que os suecos tiñan os mellores cabalos xunto aos turinxios. Os cabalos tamén aparecen nas sagas nórdicas, onde se describe ao rei Adils sempre loitando dacabalo, tanto contra Áli como contra Hrólfr Kraki. Snorri Sturluson escribiu que Adils tiña os mellores cabalos da súa época.

Esta é a época na cal os suecos empezan a explorar as rutas cara á actual Rusia.

Cronoloxía da historia sueca

Idade mediaInvasións bárbarasÉpoca vikingaIdade de ferro xermánicaIdade de ferro romanaIdade de Ferro prerromanaIdade do bronce nórdicaNeolíticoMesolíticoPaleolítico superiorIdade de pedra nordicaGlaciación wisconsienseEra AncylusIdade de hierro pre-romanaIdade do bronce nórdicaNeolíticoMesolíticoPaleolítico superiorIdade de pedra nórdicaGlaciación wisconsienseEra AncylusEra De Vendel

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • M. Stenberger (1977) Vorgeschichte Schwedens. In: Nordische Vorzeit Band 4 (en alemán)

Outros artigos

  • Batalla no lago xeado de Vänern.
  • Barco funerario.

Ligazóns externas

Tags:

Era De Vendel Cronoloxía da historia suecaEra De Vendel NotasEra De Vendel Véxase taménEra De Vendel550793HomonimiaParroquia eclesiásticaSueciaTúmuloUppland

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Universidade Iaguelónica de CracoviaLingua tailandesaGalería de imaxes de arañas de GaliciaEtiopíaPersoa gramaticalCódigo QRJosé Manuel Rey de VianaTorneo LipstickDos arquivos do trasnoARoi CasalJames CosmoMércoresWikipediaMark SpitzPartido Comunista dos Traballadores de EspañaAnniken HuitfeldtPedra de SconeEvencio FerreroPresidente da IndiaDedaleiraManuel MuíñoPath of ExileLista de nomes masculinos en galegoCesário VerdeSirventésMonte MedulioO porco de péDugongoLady GagaGran Premio de AcerbaixánReino dos Países BaixosLedicia CostasAntonio López DíazCastro CaldelasArabia SauditaCadea de televisiónVasili EroshenkoMoncha FuentesCastela e LeónEvaporaciónUnion List of Artist NamesGalegoMarta DoviroA Pobra do BrollónCelanovaÁ lus do candilO Leo i Arremecághona!Día da NaiLeymaAdventureMúsica tradicional galegaLista de palabras galegas de orixe celtaTeatro radiofónicoAkira KurosawaArthur RimbaudSándor PetőfiPaxariñosPoríferos26 de abrilLa PianisteFormaIrmandades da FalaVilarellos, Zorelle, MacedaFreixoV de Vendetta (filme)MediasAmy WinehouseCherXinzo de LimiaMexacánICarlyCarrizo (paxaro)Real Banda de GaitasPingüínsPiñor, Barbadás🡆 More