Encoro De Salime

6°50′52″O / 43.236111111111, -6.8477777777778

O encoro de Salime é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1955 e ten unha capacidade de 265,60 hm³. Constitúe o terceiro encoro construído no río Navia, despois dos de Arbón e Doiras. Estruturalmente é un encoro de gravidade con 128 metros de altura, localízase na confluencia dos concellos de Pesoz, Allande e Grandas de Salime. A estrada AS-14 discorre sobre a presa. Aproveitase, fundalmentalmente, para hidroeléctrica.

Encoro de Salime
Encoro De Salime
Localización administrativa
EstadoEspaña
DivisiónAsturias
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío Navia
Características
Superficie685 hectáreas
Capacidade265,6 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaPrincipado de Asturias, Galicia
ConcellosAllande, Grandas de Salime, Ibias e Negueira de Muñiz
Tipo e usopantano artificial
central hidroeléctrica

A superficie ocupada polas augas é de 685 ha dos concellos de Allande, Grandas de Salime e Ibias en Asturias e máis de Negueira de Muñiz en Galicia.

Historia

O proxecto

A idea de construír unha central hidroeléctrica na zona comezou a xestarse a mediados de 1940 na localización que previamente valorara Narciso Hernández Vaquero. Non obstante, non foi ata os anos inmediatamente posteriores ao final da segunda guerra mundial cando o proxecto, obra do enxeñeiro de camiños Enrique Becerril y Antón-Miralles coa colaboración do arquitecto Joaquín Vaquero Palacios, comezou a tomar forma.

Para sufragar os custos das obras, en 1945 as sociedades anónimas Hidroeléctrica del Cantábrico e Electra de Viesgo constituíron, a partes iguais, a empresa Saltos del Navia en Comunidad, que contaba co apoio do Banco Urquijo, e foi a súa oficina de estudos a que elaborou os proxectos e máis os informes técnicos.

Obras previas

Encoro De Salime 
Vista da vila de Salime dende o sur (1952)

En 1946 comezaron as primeiras obras e para deixar seco o leito onde se ía levantar o encoro, precisouse desviar o curso do río Navia e escavar un túnel de 30 725 m³ revestido con 11 789 m³ de formigón. Ademais, o cemento para a fabricación do formigón producíase in situ, para o que se construíron varios silos e moxegas, e houbo de se buscar dunha canteira próxima capaz de fornecer o enorme volume de pedra necesario.

O fornecemento de clínker, xeso e outros materiais que viñan por vía marítima, realizouse a través dun teleférico de 36 km de lonxitude que chegaba ata o porto de Navia. No seu momento, foi o maior dos teleféricos construídos en España e chegou a contar con oito estacións. Tamén se construíron torneiras, almacéns, estradas, planos inclinados e catro poboados para acubillar aos máis de 3500 obreiros que chegaron doutras rexións de España, principalmente de Andalucía.

O encoro

A cerna da obra, o encoro e a central, construíronse entre 1948 e 1953. Utilizáronse 630 000 m³ de formigón para levantar un encoro de gravidade con noiros do 5 % augas arriba e do 72 % augas abaixo, cun raio de 400 metros no seu coroamento, e cunha altura sobre os cimentos de 132 metros; o que o converteron no seu día no meirande encoro de España e o segundo de Europa. Constituíu un dos primeiros expoñentes do xigantismo que presidiu moitos proxectos similares na España de mediados do século XX .

A súa masa é de 80 000 toneladas. Na parte superior ten unha lonxitude de 250 metro e no seu centro están os catro aliviadoiros, con comportas de 12 metros de longo por 7 de alto; cunha capacidade de drenaxe de 2000 m³ por segundo.

Encoro De Salime 
O encoro de Salime a finais da década de 1970

Está situado 22 km augas arriba do encoro de Doiras, e houbo que superar enormes dificultades para o construír. España estaba sumida na escaseza da posguerra e sufría o embargo das potencias vencedoras na segunda guerra mundial, pola súa banda afectada pola súa propia posguerra. O proxecto, así e todo, rematouse en 1955 a pesar da falta de medios. Malia a ONU decretar un embargo contra o réxime franquista, a empresa británica English Electric forneceu as turbinas e os xeradores, imprescindibles para a produción de enerxía eléctrica .

Posta en funcionamento

Unha vez construída a presa, pero aínda sen terminar o seu coroamento, o 23 de setembro de 1953 taponouse o túnel de desvío de augas e comezou o encoro do río Navia. Dous meses despois, o 23 de novembro, as augas alcanzaron o nivel do aliviadoiro provisional acondicionado nos bloques centrais. O 19 de decembro acoplouse á rede eléctrica nacional e principiou o primeiro grupo xerador a producir enerxía que se puxo en funcionamento, o actual nº 4. Outros dous fixérono en xuño e decembro de 1954, e o cuarto e último o 31 de marzo de 1955. A inauguración oficial do conxunto foi o 24 de agosto de 1955.

Impacto na zona

Encoro De Salime 
O encoro de Salime ao seu paso por Negueira de Muñiz

O encoro mudou para sempre a fisionomía da ribeira do Navia, augas arriba do encoro. Foi necesario alagar 1995 leiras, con máis de 3000 parcelas, 25360 árbores madereirias, 13 800 froiteiras e 14 051 cepeiras de vide; o que supón 685 hectáreas que, ademais, inclúen ladeiras sen cultivo, predios urbanos, ruínas, patios, currais, oito pontes, cinco igrexas, varias capelas e catro cemiterios.

Numerosas estradas e camiños quedaron cortados ao alagar as augas do encoro parte dos seus trazados, como a antiga C-630, entre Verducedo e Grandas de Salime a través de San Martín del Valledor, Vilarpedre e o val do río del Ouro, o que motivou a construción da actual estrada AS-14, a través da parte superior do encoro, e que a empresa propietaria da central quedou obrigada a manter un servizo gratuíto de barcas que cruzaban o encoro entre os puntos nas que as augas cubrían a antiga estrada.

Algo similar ocorreu entre as localidades luguesas de San Pedro de Ernes e Entralgo; ou entre Barcela e Negueira, onde tamén se estableceron pasos con barcas.

Central hidroeléctrica de Salime

A central hidroeléctrica de Salime conta con catro grupos xeradores de 32 MW cada un, que entregan enerxía a unha tensión de 11 000 volts, e que se puxeron en funcionamento comercial entre 1953 e 1956, o que se traduce nunha potencia total de 128 MW e unha enerxía producida nun ano medio de 350 GWh .

As turbinas son tipo Francis verticais, alimentadas por tubos de 2,5 metros de diámetro, capaces de evacuar un caudal de 152 m³/s. Evacúa a enerxía eléctrica xerada a través dunha rede de 132 kV .

Pertence á empresa Saltos del Navia CB, propiedade ao 50 % de HC Energía e Endesa Generación .

Arte

O arquitecto Joaquín Vaqueiro Palacios e o seu fillo, Joaquín Vaqueiro Turcios dotaron ás instalacións de diversos elementos ornamentais e decorativos.

O primeiro encargouse da fachada principal da galería pola que se accede ao interior da planta, adornándoa con diversos relevos de formigón formando un mural que representa o proceso de produción de enerxía eléctrica .

Pola súa banda, Vaquero Turcios deseñou un miradoiro colgante na marxe dereita do río, coñecido como A boca da balea, dende o que se pode admirar todo o conxunto. Seus son tamén os murais que adornan a sala de turbinas. O de maior tamaño (60 metros de longo por 5 de alto) representa todo o proceso construtivo da central, dende os primeiros estudos ata a distribución da enerxía eléctrica, pasando pola primeira reunión do consello de administración ou o éxodo da poboación dos lugares asolagados polas augas. .

Ademais, Vaquero Turcios pensara en debuxar os rostros de Picasso, Einstein, Planck e Freud. Porén, a censura da época impediuno. Con motivo da restauración dos murais realizada en 2001, Vaquero Turcios rescatou a idea, e decidiu realizala; e dende entón as súas facianas presiden a sala de turbinas .

Notas

Tags:

Encoro De Salime HistoriaEncoro De Salime Central hidroeléctrica de SalimeEncoro De Salime ArteEncoro De Salime NotasEncoro De SalimeCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Provincias de EspañaTanxugueirasGoogleSantos bispos de Ribas de SilEstados Unidos de AméricaOs EoasMasturbación coas mamasArboRaquel AtanesMarina CastañoShan TaoPremios Follas Novas do Libro GalegoPoboCidade do VaticanoGarcía II de GaliciaFuga de cerebrosÁrbores senlleiras de GaliciaIrúnSantiago AbascalRamón Alonso MartínezCidade da Cultura de GaliciaOctavio AugustoShishuo xinyuLista de presidentes da República PortuguesaMarcos PereiroPRECAlfonso Basterra CamporroHTML5Santiago de CompostelaLuísa VillaltaAlbert EinsteinA CoruñaGerardo Pardo de VeraPantera RodríguezCuruxa comúnSete Sabios de GreciaXunta de GaliciaDinís de PortugalBala (grupo musical)Marta Fernández-TapiasQuercusVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaManuel FragaVilanova de ArousaDover (banda)Manuel Fernández DoalloAntonio Muñoz MolinaManuel AntonioReal Club Celta de VigoJason StathamPanteón de Galegos IlustresJosé Antonio Vázquez TaínEduardo PondalPaís VascoPaula CarballeiraGuestrarMaría Xosé QueizánÁlex FidalgoPaís neutralVacaDe NinghuresElena CandiaJuan Carlos Rodríguez CebriánMads MikkelsenAngelina JolieJosé Galera MorenoNieves NeiraBernd SchusterDonostiaLista das aves de GaliciaMillie Bobby BrownLucas VázquezPoloniaLos MotoresBimba y LolaPublicacións impresas da diáspora galega🡆 More