Dólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense: Moeda conmemorativa estadounidense de 1995

Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST

Dólar de prata do campo de batalla
da guerra civil estadounidense
Dólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense: Deseño, Produción e comercialización, Notas
Dólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense: Deseño, Produción e comercialización, Notas
A/: Un soldado dá de beber a un inimigo ferido. Data e marcas de ceca e de gravador.

R/: Cita de Joshua Chamberlain, sobre o campo de batalla de Gattysburg. Marca de gravador.

Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR

O dólar de prata do campo de batalla da guerra civil estadounidense é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1995 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 102-379, do 5 de outubro de 1992, pola que se dispuxo a emisión dunha serie de moedas para conmemorar o centenario do inicio da protección dos campos de batalla da guerra civil estadounidense, co establecemento do Parque Militar Nacional de Gettysburg en 1895.

Xunto coa moeda dun dólar de prata, as moedas que completan a serie conmemorativa ao abeiro da mesma lei son a de cinco dólares de ouro e a de medio dólar, de cobre revestido con níquel.

Deseño

No anverso da moeda, deseñado e gravado por Don Troiani, represéntase a escena dun soldado de Infantaría achegando unha cantimplora de auga aos beizos dun inimigo ferido. Sobre eles a inscrición LIBERTY ("Liberdade"). Completan as lendas o lema IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") característico das moedas estadounidenses, e tamén figura no anverso a data de emisión da moeda.

Pola súa banda, o reverso, obra de John M. Mercanti, reproduce o outeiro de Little Round Top, no campo de batalla de Gettysburg, e sobre el unha cita de Joshua Chamberlain (1828-1914), un dos heroes da Batalla de Gettysburg: IN GREAT DEED SOMETHING ABIDES. / ON GREAT FIELDS SOMETHING STAYS. / FORMS CHANGE AND PASS: BODIES DISAPPEAR; / BUT SPIRITS LINGER TO CONSECRATE GROUND / FOR THE VISIONPLACE OF SOULS. / - JOSHUA CHAMBERLAIN ("Nos grandes feiros, algo permanece. Nos grandes campos, algo permanece. As formas cambian e pasan: os corpos desaparecen; pero os espíritos permanecen para consagrar a terra para a visión das almas"). Este motivo do reverso está rodeado polas lendas alusiva ao nome do país e ao valor facial da moeda, así como o lema E PLURIBUS UNUM.

Produción e comercialización

A lei que autorizou a emisión deste dólar conmemorativo prevía unha tiraxe máxina dun millón de exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof). A emisión foi presentada e posta ao dispor do público o día 31 de marzo de 1995.

A súa produción foi de 45.866 moedas na súa condición estándar e 330.002 en versión proof, o que fai un total de 375.868 exemplares.

Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 29 dólares en condición estándar e 34 en versión proof. Consonte a lei que autorizou esta emisión, os beneficios acadados coa súa comercialización foron destinados á Fundación de Campos de Batalla da Guerra Civil (Civil War Battlefield Foundation), para colaborar no financiamento da conservación destes lugares de alto valor histórico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Dólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense DeseñoDólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense Produción e comercializaciónDólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense NotasDólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil Estadounidense Véxase taménDólar De Prata Do Campo De Batalla Da Guerra Civil EstadounidenseIn God We Trust

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PXosé Manuel BeirasDios ke te crewAlejandro Mon Landa LandaÁlvaro CunqueiroXosé Antonio TouriñánGmailEstrutura secundaria das proteínasKLucía VeigaSantiago de CompostelaHomosexualidadeJosé MiñonesCasto Sampedro FolgarQuenllaÁlvaro GagoEstatísticaBreogánEscudo de VenezuelaBarra verticalA Ponte Maceira, Portor, NegreiraXenebra, SuízaGalizaRibadaviaREC (filme)FilipinasO comparativo galegoXacioPneumáticoDigital object identifierCacheiras, TeoWikiRamón López RodríguezXentilicioFeixónLinguas indoeuropeasPilar de LaraFestas MinervaisEstados Unidos de AméricaGuerra civil españolaXabier DeiveBirimbao (instrumento musical)VenresMichael JacksonFiúnchoMasculino e feminino en galegoCarcinoma lobular in situFoliadaAthena 25Luís RubidoSerbiaLista de nomes masculinos en galegoManuel MurguíaDaniel de la TorreSen SenraEstrutura primaria das proteínasMeat Is MurderPanteón de Galegos IlustresMAX AsiaCharo LopesResistencia (libro)Manuel MaríaNervio ópticoVíctor DupláGheadaSan Miguel de Presqueiras, Forcarei3Thomas K. DeLoreyO derradeiro libro de Emma OlsenCastiñeiroPexegueiro (árbore)TahuataCarallo🡆 More