Donut: Especie de rosquilla americana

Un donut (do inglés doughnut, pronunciado /ˈdoʊnət/ ou /ˈdoʊnʌt/ ) é unha clase de rosquilla ou biscoitiño doce en forma de rosca cuberto de azucre derretido, chocolate ou outros sabores.

É típico dos Estados Unidos, aínda que se ten popularizado por todo o mundo, incluíndo Galiza. A súa orixe é a rosquilla europea.

Donut: Os donuts na cultura popular, Notas, Véxase tamén
Donuts recubertos dunha camada de dextrosa.
Donut: Os donuts na cultura popular, Notas, Véxase tamén
Un donut de chocolate.

Dough, doughnut e a simplificada donut son verbas inglesas que definen unha pasta azucrada de forma arredondada e, xeralmente, cun buraco no medio e medio (rosca). De feito dough significa masa ou pasta e nut refírese ao buraco central. Suponse que os colonos neerlandeses do século XVII foron os responsábeis da súa introdución nos Estados Unidos.

Unha das teorías da orixe do furado asegura que foi introducido no 1847 polo mariñeiro Hansen Gregory que, farto de que os donuts do barco tivesen o centro cru, colleu un saleiro de lata e cravouno no centro da masa coma se fose un molde.

Á pasta dáselle forma de toro ou rosca e despois é frixida. Ás veces o donut ten forma de bóla, sen buraco. En España, as marcas Donut™, Donuts™ e Doughnuts™ pertencen a Panrico.

Un donut de chocolate é un donut cuberto e/ou recheo de chocolate. Pódese considerar que hai diversos tipos segundo como leven o chocolate, o tipo de donut e a cantidade de chocolate.

O nome doughnut (literalmente "noz de pasta"), en inglés, foi utilizada por vez primeira nunha historieta, que dicía "fire-cakes and dough-nuts".

A popularidade dos donuts no mercado español chegou en 1962, cando o empresario catalán Andreu Costafreda creou a Donut Corporation para a fabricación e comercialización do produto. A verba donut, non recollida nos dicionarios de galego, vén a partir da marca comercial, galeguizando a grafía a partir da palabra inglesa doughnut.

Existen no mundo varias franquías especializadas en donuts, coma Dunkin, Baskin Robbins ou Donut King, entre outras.

Os donuts son moi populares na serie de animación estadounidense Os Simpson, onde Homer Simpson é todo un afeccionado. Isto leva a moitas bromas e referencias á súa predilección esaxerada. O Récord Guinness do maior donut da historia bateuse na cidade australiana de Sydney, no ano 2007, co gallo da estrea de The Simpsons Movie.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Donut Os donuts na cultura popularDonut NotasDonut Véxase taménDonut

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Democracia OurensanaWorld Wide WebAngelina JolieHototogisuMario Vargas LlosaLeymaNoite de San Xoán (Fonoteca 92)AWStatsPúrpuraOs ÁnxelesLalínEstado de emerxenciaMarta DarribaNoelia ReyMúsica tradicional galegaHarry PotterRonaldinhoMediaWikiListenbourgWikipediaPosicións sexuaisA esmorgaGhaleb Jaber IbrahimO Ézaro, DumbríaA derradeira leición do mestreThe ArtistMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordZoroastrismoSegunda guerra mundialGalego-portuguésAmancio OrtegaThe WireLareiraMarxismoDios ke te crewParroquias de GaliciaBorja Fernández Fernández (1981)Lucía VeigaFernando AlonsoRedondelaMetabolismoPontecesoAgoladaLista de episodios de SerramouraSloganCervantesLisboaMaldivasEnciclopediaMiguel de MiguelXosé Ramón Fernández-OxeaAndorraDMC DeLoreanRubén RiveraHomeroSevillaVolta ao País Vasco 2018CapitalismoAllarizGalileo GalileiReino de GaliciaRegina García GarcíaReino UnidoPalauTexasVilaoudriz, A PontenovaIlyushin Il-76Camilo José CelaCronoloxía da segunda guerra mundialLista de concellos de Pontevedra1869🡆 More