Ditador: Gobernante absolutista ou autocrático que asume solitariamente o poder sobre un Estado

Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas).

Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.

Ditador: Orixe romano, Era moderna, Notas
Adolf Hitler paradigma de ditador

Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Orixe romano

Os ditadores romanos eran xeralmente propostos por un cónsul e eran investidos dunha autoridade avasaladora sobre os cidadáns, pero eran orixinalmente limitados por un mandato de seis meses e non posuían poderes sobre as finanzas públicas. Lucio Cornelio Sila e Xulio César, con todo, aboliron estas limitacións e gobernaron sen estas restricións. Os romanos abandonaron a institución da ditadura despois do asasinato de César.

Era moderna

Na súa acepción moderna, o termo ditador é xeralmente usado para describir un líder que posúe un extraordinario poder persoal, especialmente o poder de facer leis, sen que exista un poder lexislativo independente.

Ditadores modernos xeralmente ascenderon ao poder en tempos de crise. Moitas veces tomaron o poder a través dun golpe de estado, pero noutras, notablemente Benito Mussolini en Italia e Adolf Hitler en Alemaña, ascenderon ao cargo a través de medios legais e, unha vez no poder, gradualmente disolveron as súas restricións constitucionais. A concentración de poder do Partido Comunista da Unión Soviética en Iosif Stalin desenvolveuse nunha ditadura persoal, pero tras a súa morte emerxeu un sistema de ditadura colectiva. Diversas nacións latinoamericanas e africanas pasaron por diversas ditaduras, moitas baixo o mando dunha xunta militar, por exemplo en Uganda, onde Idi Amin exercía o seu poder.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Ditador: Orixe romano, Era moderna, Notas 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Ditador Orixe romanoDitador Era modernaDitador NotasDitador Véxase taménDitadorAbsolutismoAutocraciaDitaduraEstadoGobernoRoma AntigaSenado romano

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ramón CabanillasFigueresJohannes Vermeer25 de abrilEcce HomoO porco de péNarónReino UnidoBigues i Riells del FaiMaría Xosé QueizánLingua casteláXosé Neira VilasAna Luísa BouzaReal Academia GalegaXosé Luís Méndez FerrínGres, Vila de Cruces1928Lista de siglas e acrónimosoyz9zSobreiraMerloCarlos SoberaRevolución dos CaraveisJéssica BouzasSéculos EscurosCristiano RonaldoLingua inglesaVigoAO Barco de ValdeorrasProxyFrancisco AsoreyNacionalismo galegoAmancio OrtegaBenito KamelasSalgueiroVento feridoAna TurpinRicardo BeirasCamilo Díaz BaliñoDonald TrumpMondoñedoMéxicoMaría do Socorro Ortega RomeroQuenllaShōgunXosé Manuel PiñeiroEduardo MendozaVilalba, Vilalba, VilalbaRembrandtAC-211Manuel MaríaJackson PollockPecados capitaisTeresa García-SabellPablo EcheniqueCangasAlexander VórticeGerardo Pardo de VeraFiúnchoNoiaLavandaMiguel Ángel Zabalza BerazaA chave das nocesFC Ilves (feminino)RataLiteratura galegaPablo Iglesias TurriónEl Correo GallegoCarlos NegroCaso Asunta BasterraLista de episodios de Doraemon🡆 More