Deserto Do Namib: Deserto do sur de África

15°L / -25, -15

O deserto do Namib,[Cómpre referencia] chamado ás veces deserto de Namibia, é un importante deserto de África que se estende ao longo da costa de Namibia, entre o río Cunene, entre Namibia e Angola, ao norte, e o río Orange, que marca a fronteira coa República Surafricana, ao sur.

Deserto Do Namib: Xeografía, Patrimonio da Humanidade, Galería
Vista do deserto do Namib desde un saltétite da NASA.

Xeografía

Dimensións

O deserto do Namib ten unha lonxitude duns 2 000 km, unha largura que varía entre os 80 e os 200 km, e unha superficie aproximada duns 81 000 km².

Etimoloxía

O seu nome, "Namib", significa en lingua nama "enorme".

A ecorrexión

Deserto Do Namib: Xeografía, Patrimonio da Humanidade, Galería 
Mapa do deserto do Namib.
Deserto Do Namib: Xeografía, Patrimonio da Humanidade, Galería 
Mapa da ecorrexión.

Algúns xeógrafos consideran que o biótopo ou a ecorrexión propiamente dita (tal como está definida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) esténdese entre o río Uniab, 200 km ao norte do cabo Cross, e a cidade de Lüderitz no sur.

A ecorrexión, extremadamente árida, comprende dunas de area, chairas de grava e montañas esgrevias. Completamente desprovisto de auga superficial, aínda que está atravesado por varios leitos secos. Estes leitos están poboados de vexetación e albergan algúns ungulados, como as cebras de montaña de Hartmann (Equus zebra hartmannae).

O sur do deserto é extremadamente seco e incluso carece de leitos secos; o órix do Cabo (Oryx gacella) —localmente denominado gemsbok— é o único mamífero grande que pode vivir neste ambiente hostil. As néboas mestas son frecuentes ao longo da costa, e son o "sangue vital" do deserto, subministrando suficiente humidade para que sobrevivan unha gran cantidade de especies animais interesantes e altamente adaptadas á estas extremadas condicións ambientais.

Deserto Do Namib: Xeografía, Patrimonio da Humanidade, Galería 
Welwitschia mirabilis, a "planta nacional" de Namibia.

A parte do Namib que se estende ao norte do río Uniab denomínase deserto de Kaoko, e adéntrase en Angola.
Ten un río sempre con auga, o Cunene, onde chove máis (até 100 mm en tormentas esporádicas de outubro a marzo) e a fauna e a flora son máis abundantes.

A parte do Namib que se estende ao sur de Lüderitz denomínase Karoo (Karoo suculento e Karoo nama) e adéntrase notabelmente en Suráfrica. Ten outro río sempre con auga, o Orange, que noutro tempo estaba poboado de hipopótamos, e caracterízase por ser a rexión do mundo máis abundante en especies de plantas suculentas (máis de 10 000).

O deserto do Nabib considérade que é o deserto máis antigo do mundo, e tense constancia de que xa existía durante a Era Terciaria, hai uns 65-55 millóns de anos, época na que se extinguiron os dinosauros.

Patrimonio da Humanidade

A Unesco declarou o Namib como Patrimonio da Humanidade en 2013.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fuller, Alexandra. fotos de Lanting, Frans. "El gran parque de África". National Geographic (en castelán) (xuño 2011): 80–97. ISSN 1138-1434. 
  • Botha, Laurette Isabella (1970). The Namib desert: a bibliography (en inglés). Cape Town: University of Cape Town Libraries. p. 26. OCLC 138726. 
  • Seely, Mary (2004). The Namib: Natural History of an Ancient Desert (en inglés) (3ª ed.). Windhoek: Desert Research Foundation of Namibia. ISBN 9991668160. 
  • Segalen, Loïc (2003). Évolution environnementale du Désert du Namib depuis le Miocène (en francés). Thèse de doctorat: Géosciences et Ressources naturelles. París: Université Pierre et Marie Curie. p. 275. OCLC 491627558. 
  • Lageat, Yannick (1994). "Le désert du Namib central". Paris: Annales de géographie (en francés) (578): 339–360. OCLC 490233534. 
  • Tonchi, Victor L.; William A. Lindeke; John J. Grotpeter (2012). Historical Dictionary of Namibia (en inglés) (2nd ed.). Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7990-4. 
  • Hamilton III, William J. (setembro de 1983). "The Living Sands of the Namib". National Geographic (en inglés) 164 (3): 364–376. ISSN 0027-9358. OCLC 643483454. 

Ligazóns externas

Tags:

Deserto Do Namib XeografíaDeserto Do Namib Patrimonio da HumanidadeDeserto Do Namib GaleríaDeserto Do Namib NotasDeserto Do Namib Véxase taménDeserto Do NamibCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

EuropaChantadaLingua casteláAndorraTexasHenrique VIII de InglaterraLeedsXogoAngelina JolieSaturnoRepública Social ItalianaAntigo ExiptoSexoLuis ZaheraArboBidueiroPropagandad05oxMichelle ObamaXosé Luís BernalDragon Ball ZSalviaSri LankaCreative CommonsO SalvadorCapitalismoO Barco de ValdeorrasCaliforniaSalamancaAna Bucetai0tj9Marçal MolinéSanxenxoEva CárdenasÁlex FidalgoAno (astronomía)Quimera (mitoloxía)Angkor WatXoán Antón Pérez-LemaAraceli GestidoGuerra civil españolaSevilla Fútbol Club1869UNVIParlamento de GaliciaLista de concellos de PontevedraVómito (grupo musical)Ángel Alvariño SaavedraChelsea ManningPrimeira guerra mundialLustroAppleTalkBeatriz SerénLugoMAda NegriXardaEdiciones AgoeiroLibertarioChris PrattMaría JamardoFlorentino PérezMonforte de LemosNordés (vento)Richard SerraGaliciaSalzburgoNacho VidalPortela da CandaXosé Ramón Fernández-OxeaMosteiro de Santa María de OseiraCabeza de ManzanedaCasa de BonaparteIdeoloxíaGalipedia🡆 More