Departamentos De Francia: División administrativa en Francia

A República francesa atópase dividida administrativamente en cen departamentos (en francés: départements), 96 departamentos metropolitanos e catro departamentos ultramarinos (francés: départements d'outre-mer), os DOM.

Cada departamento constitúe tanto unha división administrativa como un estado e unha colectividade territorial (en francés: collectivité territoriale).

Departamentos De Francia: División administrativa en Francia
Departamentos e rexións de Francia

Os departamentos están numerados por orde alfabética do nome, agás o departamento do Territorio de Belfort, os departamentos da rexión parisiense, os departamentos de ultramar e os departamentos que mudaron o nome dende a súa creación. Os números dos departamentos forman parte da vida cotiá, pois atópanse nas placas dos automóbiles, nos códigos postais e nos números da seguridade social.

Os departamentos metropolitanos numerábanse orixinalmente por orde alfabética, ata que se produciu o cambio das denominacións e a desmembración do departamento da Illa de Francia en 1964.

Trala división do departamento da Córsega (cuxo número era 20) en dous novos departamentos, en 1976, a Córsega do Sur (Corse-du-Sud) e a Alta Córsega (Haute-Corse) recibiron novos códigos, respectivamente o 2A e o 2B. Estes novos códigos aparecen nas placas dos automóbiles e nos números da seguridade social (soamente para as persoas nadas despois da subdivisión), en canto ao vello código, continúa a ser empregado no código postal e nos números da seguridade social das persoas nadas antes de 1976.

A derradeira grande mudanza no carácter dos departamentos tivo lugar o 2 de marzo de 1985, cando foi aprobada unha lei que transferiu a xestión ao executivo local os dominios descentralizados, ata entón exercidos polo prefecto (préfet) como presidente do departamento, ao presidente do Consello Xeral (Conseil Général). O prefecto conserva no departamento a xestión dos dominios reservados ao Estado francés como representante do goberno francés.

Tags:

FranciaLingua francesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NvidiaÁlvaro SolerEleccións municipais en Vilariño de ConsoAtún listadoLingua erzyaProvincia da CoruñaEsteroide sexualVocalización das avesBilurico comúnAlto do FioucoEguaGotemburgoUniversidade de GranadaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBananaEspañaFonoteca 92Vilamartín de ValdeorrasGlícidoDomantas SabonisFosfatidiletanolaminaPeixes serraCarles PuigdemontCharles LeclercColumbiformesCalzada do XiganteComunicación celularFroufe, O IrixoMúsculo lisoPontevedraNordés (vento)OcéanoStoffel VandoorneCB San Pablo BurgosAbdul KalamCirrio de chemineaIndonesiaPiñorLappeenrantaÁlex FidalgoLei de vagos e maleantesContactorLucía VeigaIphigénie en Tauride (Gluck)Balsa (árbore)Citharus linguatulaPediastrumLesotoHistoria da filosofía occidentalSegunda República EspañolaTelomeraseRío LimiaBerberechoManuel JaboisGran Premio de España de 2013Lista das aves de GaliciaSionismoCinque TerreLingua zazakiVoo 140 de China AirlinesSupernovaAeroporto de Beauvais-TilléSistema Internacional de UnidadesLuísa VillaltaLepraLareiraWilliam Smith (lexicógrafo)Machu PicchuSarcopterygiiAlbatros viaxeiroTyrese MaxeyAviónRamiro CarregalPortugalEscualenoLista de ríos de Galicia🡆 More