Célula Animal

A célula animal é de tipo eucariota, é dicir, ten núcleo e unha estrutura complexa con orgánulos membranosos.

Está limitada, como ocorre en todas as células, pola membrana plasmática, pero esta non está rodeada por unha cuberta ríxida protectora como é a parede celular de celulosa das células vexetais, a de quitina dos fungos ou a de peptidoglicano das bacterias. No lugar da parede moitas células animais teñen un glicocálix de material extracelular brando.

Célula Animal
Diagrama dunha célula animal (con flaxelo).
Célula Animal
O centríolo é un orgánulo característico da célula animal.

A ausencia de parede fai que as células animais sexan en xeral de formas máis suaves e redondeadas que as vexetais, que tenden a ser máis prismáticas. Ademais a célula pode deformarse máis facilmente e nalgúns casos as células animais poden cambiar de forma emitindo prolongacións como pseudópodos, por exemplo nos glóbulos brancos do sangue, e poden realizar a fagocitose. Outras veces as prolongacións da membrana son permanentes, como no caso das microvilosidades das células intestinais ou as invaxinacións profundas dalgunhas células renais. A membrana é moi importante na célula animal, xa que contén numerosos receptores para hormonas e outras moléculas, ten antíxenos, contén canles iónicas e pode despolarizarse xerando potenciais de acción, e presenta unións intercelulares, que unen ou comunican coas células veciñas (nas plantas a comunicación que hai entre células é por medio de plasmodesmos).

No citoplasma hai algún orgánulo característico da célula animal, como é o centríolo, que está ausente na célula vexetal, aínda que pode aparecer en moitos fungos. O centríolo organiza o citoesqueleto e orixina as raíces de cilios e flaxelos. Ao contrario, carecen dun orgánulo tipicamente vexetal como o cloroplasto, onde as plantas fan a fotosíntese (ou outro tipo de plastidios con funcións de almacenamento). Xeralmente aparece en parellas (diplosoma) situadas perpendicularmente e rodeado de material pericentriolar ; o conxunto de todo isto denomínase centrosoma.

As células animais poden ter vacúolos, pero xeralmente son de pequeno tamaño e normalmente trátase de vacúolos fagocíticos. En comparación, a célula vexetal ten vacúolos enormes; ás veces un só moi grande (vacúolo central) que pode ocupar o 90% do volume celular, ou varios vacúolos cada un bastante grande. O gran tamaño do vacúolo explica que as células vexetais sexan signifcativamente máis grandes que as células animais como media ; non hai moi grandes diferenzas en volume entre elas se excluímos o gran vacúolo.

Algunhas células animais teñen cilios ou flaxelos, que teñen na súa raíz unha estrutura parecida a un centríolo. As células das plantas carecen normalmente de flaxelos, que só se poden atopar en gametos como os anterozoides de musgos e fentos. Os flaxelos bacterianos son completamente distintos dos eucariotas, tanto no seu talo como nas súas raíces ou composición bioquímica.

O citoesqueleto animal consta de microtúbulos, microfilamentos de actina e, en moitas especies, filamentos intermedios. As plantas teñen tamén citoesqueleto formado polos dous primeiros compoñentes (carecen de filamentos intermedios).

Animais e plantas teñen peroxisomas, que son orgánulos oxidativos, pero as plantas teñen un peroxisoma especial chamado glioxisoma cun metabolismo especializado, do cal carecen as células animais.

Para un exame detallado das partes da célula ver célula e célula eucariota.

Comparación coa célula eucariota vexetal

A célula animal ten as características típicas da célula eucariota, cuxos compoñentes se resumen na táboa, onde tamén se indican as estruturas características peculiares da célula animal.

Comparación de estruturas entre as células animais e vexetais
Célula animal típica Célula vexetal típica
Estruturas básicas comúns
Orgánulos comúns
Estruturas diferentes
Comparación dos orgánulos presentes en células animais e vexetais
Célula animal típica Célula vexetal típica

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Tags:

Célula Animal Comparación coa célula eucariota vexetalCélula Animal NotasCélula Animal Véxase taménCélula AnimalCelulosaCélula eucariotaCélula vexetalEnvoltura celular bacterianaFungo (bioloxía)GlicocálixMembrana plasmáticaNúcleo celularOrgánuloParede celularPeptidoglicanoQuitina

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Anthony GiddensVíctor DupláEscultura barrocaRachel WeiszPonte das PíasAmancio López SeijasPartido políticoXacioMáximo común divisorJosé Manuel LageGramática da lingua franca novaHenrique DacostaBadalonaAna BucetaMosteiro de Santa María de OseiraCasa de BonaparteConil de la FronteraSanxenxoFillas de CassandraÁngel Pardo PuzoAlfonso MolinaRexións de FranciaBatalla de Medina de RiosecoRosario Porto OrtegaDios ke te crewAnggunA.C. MilanCaoba2024Mario CaneiroBragaIdeoloxíaPolíticaMichelangelo AntonioniLSDSergio DalmaSantiago GenovésCantiga de amigoGreta ThunbergAlicúnFlorencia PeñaAntonio GramsciBenidormAymeric LaporteÁngel LlanosMéxicoCarqueixaAlfonso SotoVladimir PutinUS AirwaysCapela SistinaHarry PotterLista de episodios de DoraemonJake GyllenhaalO BierzoGheadaHungríaArboHarry Potter e o misterio do príncipeCaso Asunta BasterraVíctor CoyoteGustave MoreauValenciaFilipe II de EspañaTapa (peixe)Jean-Claude Van DammeGalicia estremeiraFonoteca 92ShakiraKaty PerryRepública ChecaCastro CaldelasAnxo ArcaEva Iglesias Miguéns🡆 More