Microfilamento

Os microfilamentos son finas fibras de proteínas de 3 a 7 nm de diámetro.

Están compostos predominantemente dunha proteína contráctil chamada actina.

Os filamentos de actina ou microfilamentos sitúanse na periferia da célula e sintetízase dende puntos específicos da membrana celular. Son os responsables da forma e do desprazamento celular. Están formados por proteínas globulares.

A asociación dos microfilamentos coa proteína miosina é a responsable da contracción muscular. Os microfilamentos tamén poden levar a cabo movementos celulares, incluíndo desprazamento, contracción e citocinese. en conxunción cos microtúbulos danlle á célula a estrutura e o movemento.

Organización

Os filamentos forman distintas proxeccións segundo a situación da célula:

  • Proxeccións dinámicas:
    a.- Lamelipodios (con forma de lámina) e filopodios (forma filamentosa e que palpa o ambiente para decidir se a célula avanza non), que son estruturas que protrúen da membrana celular e que permiten o movemento da célula.
    b.- Anel contráctil: fórmase cando se está dividindo a célula, unha vez que os cromosomas se separaron, e estrangula a célula para a dividir en dous.
  • Proxeccións estables: permanecen no tempo. Son por exemplo, os paquetes de estereocilios (están na superficie das células pilosas do oído interno) ou outros arranxos que permiten a contracción muscular.

Polimerización de microfilamentos

A actina está situada nos bordos da célula polo tanto dende aí polimerízase. Comeza como resposta a sinais externas que lle din á célula a forma que ten que adoptar. O primeiro que se forma é unha especie de carapuchón formado por proteínas especiais que son a ARP2 e a ARP3, xunto con outras proteínas que fortalecen este carapuchón e que forman o complexo ARP (proteína relacionada con actina). A partir do carapuchón se unen os monómeros de actina para formar os protofilamentos. O lado menos ten o carapuchón polo tanto o filamento medra só no sentido máis. O carapuchón pódese unir a outros filamentos para ramificarse.

Funcións dos microfilamentos

  • Teñen unha misión esquelética.
  • Son responsables dos movementos do citosol.
  • Tamén son os responsables da contracción das células musculares.

Tags:

ActinaNmProteína

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Esgonzo comúnLagarto arnal7Mona SimpsonLista de nomes masculinos en galegoTerra Chá (poemario)Baltar, MelideRibeiraAs aves na cultura popular galegaSaneamentoRichard GereThe Notebook (filme)María José CaldelasDavid PerdomoQue me queres, amor?HeterosexualidadeAIslamTamara AndrésTino SaquésArabia SauditaManuel DopazoBisemiaA Escravitude, Cruces, PadrónTamara CanosaA Pobra de TrivesDinahostingPoallaPena Verde, Rebordondo, CualedroGatoA sementeiraFernando AlonsoRibadeoGuamVerínRastroIrene GonzálezMoscovaCalendario hebreoLady GagaSubstantivoPampallínEvencio FerreroCopa da CostaEspañaDominic ThiemFontao, A TeixeiraMiguel SolísDeputación de OurenseEleccións municipais en San Cibrao das ViñasCompromiso por GaliciaMaragotaFrancisco Fernández del RiegoContactorProvincia de LeónNoruegaA Pedreira, Leiro, RianxoJesús Vázquez AlmuíñaMedias64Héctor CajaravilleVómito (grupo musical)Lista de exónimos en galegoIraqProduto interior brutoEvelina HervellaPedra de SconeEscáncerSexo analToubes, A PeroxaTraxe galegoOs vellos non deben de namorarseAs Pontes de García RodríguezMarraxoBillarda🡆 More