Cultura De Bélxica

A cultura belga involucra tanto os aspectos compartidos por tódolos belgas independentemente da lingua que falan coma as diferenzas das diferentes comunidades culturais; os flamengos e os valóns.

A maioría dos belgas ven a súa cultura coma parte integrante da europea. Malia isto, os membros de cada un dos dous grupos lingüísticos principais teñen a súa propia cultura dentro da comunidade, sendo os flamengos os que están máis próximos á cultura anglosaxoa (que predomina nas ciencias, a vida profesional e a maioría dos medios de comunicación) e aos Países Baixos, mentres que os valóns francófonos centran a súa vida cultural en Francia e noutros lugares do mundo francófono.

As minorías étnicas belgas, como os xudeus, os cales formaron un compoñente da cultura flamenga, en particular a de Antuerpen, por máis de cincocentos anos, teñen culturas distintas.

Arquitectura e escultura

Cultura De Bélxica 
Escaleira da Casa Tassel en Bruxelas, obra do arquitecto Victor Horta.

Dous dos maiores exemplos da arquitectura románica en Bélxica son a igrexa colexiata de Saint Gertrude, en Nivelles, e a catedral da Nosa Señora de Tournai, esta última declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Do gótico destaca a catedral de Antuerpen, a máis grande do país, construída entre os séculos XIV e XVI.

A arquitectura Art Noveau posúe grandes representantes nados en Bélxica, como Victor Horta ou Henry Clément van de Velde.

Pintura

Dos pintores nados en Bélxica e recoñecidos internacionalmente destacan René Magritte, Paul Delvaux, James Ensor, Félicien Rops ou Léon Spilliaert.

Museos

Cultura De Bélxica 
Fachada principal dos Museos Reais de Belas Artes de Bélxica.

Algúns dos museos máis importantes de Bélxica son o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen, que ten unha gran colección de obras de Peter Paul Rubens; o Groeningemuseum, en Bruxas; o MAS (Museo Aan De Stroom), localizado en Antuerpen, o maior museo da cidade, e os Museos Reais de Belas Artes de Bélxica en Bruxelas, o cal posúe unha gran colección de René Magritte.

Cine

O cine belga foi galardoado varias veces no Festival de Cine de Cannes e outros menos coñecidos. As películas belgas son xeralmente realizadas cun orzamento reducido, sendo financiadas principalmente polos gobernos rexionais (Vlaams Audiovisueel Fonds e Wallimage, entre outros) e corporacións privadas mediante o patrocinio e a colocación de produtos.

Música

Moitos compositores clásicos importantes naceron en Bélxica. Un dos máis famosos é César Franck aínda que tamén son dignos de mención Henri Vieuxtemps, Eugène Ysaÿe, Guillaume Lekeu e Wim Mertens. Moitos grandes compositores medievais e renacentistas, como Gilles Binchois, Orlando di Lasso, Guillaume Dufai, Heinrich Isaac e Jacob Obrecht naceron na zona que agora é Bélxica, e pertencen á chamada escola franco-flamenga.

No actual territorio de Bélxica (no seu momento o Primeiro Imperio Francés) naceu Adolphe Sax, coñecido principalmente pola invención do saxofón, amais de contribuír ao desenvolvemento do clarinete baixo.

O país tamén é o fogar dalgúns festivais de música moi coñecidos coma Tomorrowland, Rock Werchter ou Pukkelpop.

Banda deseñada

Bélxica é un dos centros máis importantes de Europa en canto a produción de cómics se refire, sendo Hergé o autor máis coñecido, grazas ao seu personaxe Tintín. Outros autores destacados son Edgar P. Jacobs, Peyo (Os pitufos), André Franquin, Philippe Geluck, Jean-Claude Servais e François Schuiten.

Gastronomía

A gastronomía do país está moi influenciada pola cociña francesa. Con frecuencia afírmase[quen?] que Bélxica é unha nación de Gourmands e non de Gourmets, o que traducido quere dicir que prefiren a «gran cociña» en lugar da fine cuisine.[Cómpre referencia] É un dito no país que se serve a cantidade de Alemaña coa calidade de Francia.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Cultura De Bélxica Arquitectura e esculturaCultura De Bélxica PinturaCultura De Bélxica CineCultura De Bélxica MúsicaCultura De Bélxica Banda deseñadaCultura De Bélxica GastronomíaCultura De Bélxica NotasCultura De Bélxica Véxase taménCultura De BélxicaEuropaFranciaFrancofoníaLingua inglesaLinguas de BélxicaPaíses BaixosPobo flamengoPobo valón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Mártires de CarralFesta dos maiosAlexandre BóvedaRamón Otero PedrayoMichael JacksonXosé Luís Méndez FerrínMíster EspañaCarbohidratoBidueiroAC-211Wayback MachineLista de episodios de Shin ChanCamilo Díaz BaliñoPablo MartinezIgantziPeer-to-peerBaby ReindeerCarles PuigdemontLiteratura infantilÁlbum de la Caridad2003MeigaCopia por contactoc70mgMarta Fernández-TapiasVigoVento feridoItxu DíazOurensePanteón de Galegos IlustresEstadio de TammelaDiego AnidoCarlomagnoArceRebel MoonEsencia de trementinaMexacánMiguel de CervantesMauro ScaloniLorenzo VarelaGalego-portuguésListenbourgJosé María Barreiro GómezCorzoAC-101PontellaDeportivo da CoruñaSílvia OrriolsReino UnidoRede privada virtualSénecaBélxicaSubgrupoForcareiAccidente de ChernóbilBrasiliaÁlvaro CunqueiroAsunta Basterra PortoIgnacio Rivera QuintanaTonhito de PoiPedro RieloHenrique VIII de InglaterraEscáncerShinovaAsteraceaeMiguel SolísRibadeoVilagarcía de ArousaFala de EstremaduraWikipediaOTANNúmero piXosé Carlos Morell🡆 More