Crismón De Quiroga

O Crismón de Quiroga ou Crismón da Ermida (Quiroga) é unha peza circular de mármore traballada cunha inscrición en latín e iniciais en grego.

Ata 1887 fixo de ara no altar maior da igrexa de Santa María da Ermida (do século XII) aínda que non se sabe certo dende cando; nese ano de 1887 foi retirado do altar para deter a deterioración producida polos veciños do lugar, que arrancaban fragmentos para usar como remedios máxicos e medicinais.

Crismón De Quiroga
Réplica do Crismón de Quiroga no Gallaecia Petrea, na igrexa da Ermida en Quiroga desde o 2013 .

A peza foi coñecida polo público en 1925 , e nese mesmo ano foi estudada polo arqueólogo Ángel del Castillo. Tamén no 1925 se produce o traslado ó Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo onde hoxe está exposto e considerado como "a peza estrela do museo" .

En 2012 realizouse unha copia que formou parte da exposición Gallaecia Petrea, xa que o Museo de Lugo non autorizou o traslado da peza orixinal. Ó rematar a exposición, a réplica foi entregada ó mosteiro da Ermida .

Descrición

O Crismón de Quiroga é un disco de mármore gris veteado, material que podería proceder das canteiras do Incio, non lonxe de Quiroga. Mide 95 cm de diámetro, 6 cm de grosor e pesa uns 120 kg. A cara posterior é chaira, sen adorno algún. A cara traballada ten do lado exterior dúas circunferencias de boliñas en forma de perlas (de maior tamaño as do bordo exterior) entre as cales hai un texto en latín. Na parte central está o monograma de Cristo, formado polas letras gregas khi (X) e rho (P) superpostas (iniciais en grego de Cristo, Christós, Χριστoς), precedidas da letra alfa e seguidas da omega, primeira e última letras do alfabeto grego, co que se simboliza que Cristo sería o principio e o fin de tódalas cousas. O pau vertical do P mide 72 cm e os brazos do X 70 cm cada un.

Na Apocalipse, dise: "Eu son o Alfa e o Omega, di o Señor Deus, o que é, o que era e o que está a vir, o que todo o sostén" (Apocalipse:1.8); e máis adiante: "E seguiu dicindo: eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin" (Apocalipse:21.6) .

A todo o longo da franxa que deixan as circunferencias de boliñas gravouse unha inscrición en latín, en letras capitais duns 4-5 centímetros de altura, que di o seguinte:

AVRVM VILE TIBI EST ARGENTI PONDERA CEDANT PLVS
EST QVOD PROPRIA FELICITATE NITES
O ouro é cousa vil para ti, non digamos xa a prata
É moito máis o que brillas pola túa propia felicidade

Con esta frase exhórtase o valor da felicidade cristiá fronte ás riquezas materiais, representadas polo ouro e a prata. O rebaixe das letras fai supoñer que estaba ocupado por algún metal nobre.

Segundo o arqueólogo alemán Helmut Schlunk a peza sería dos anos 420 a 450 da era actual (se ben máis tarde afirma que debe datarse cara ao ano 400), o que o fai -xunto á tapa do sartego de Temes (Carballedo)- a representación máis antiga coñecida do cristianismo en Galicia; outras fontes aínda o adiantan ós anos 410-425 .

Crismón De Quiroga 
Réplica do Crismón de Quiroga, exposta no exterior do Museo Provincial de Lugo.

Del Castillo consideraba o Crismón como adorno da fachada da igrexa, mentres que autores posteriores supoñen que foi creada como mesa de ofrendas ou altar . A peza testemuña a existencia dunha comunidade cristiá no lugar no século V, de alto nivel económico, cultural e teolóxico; ademais do Crismón, atopáronse na igrexa da Ermida outras pezas romanas que poden indicar a preexistencia dunha estrutura arquitectónica importante.

Jaime Delgado Gómez propón unha explicación diferente, de carácter funerario, baseándose en que este foi o uso do Crismón desde a época paleocristiá, e na súa presenza en diferentes sarcófagos de diferentes orixes. Segundo este autor, o Crismón formou parte dun mausoleo erixido en honor dalgún nobre romano, un procónsul no noroeste español, convertido ao cristianismo e que morreu preto da actual vila de Quiroga, no lugar da Ermida. Igualmente, interpreta a inscrición como un epitafio.

Suposto ritual adiviñatorio

Outra interpretación é que sería unha mesa ritual dos Pontífices na Gallaecia con fins adiviñatorios. O texto contén tódalas letras do alfabeto latino.

Amiano Marcelino describiu un ritual executado no século IV: a mesa situábase sobre un trípode metálico para a súa nivelación e os presentes situábanse ao redor dela. Unha esfera de vidro percorría o perímetro do taboleiro deténdose en cada letra sinalada. A repetición sucesiva da operación permitía a escritura da mensaxe ou resposta .

Notas

Véxase tamén

Imaxes externas
Crismón De Quiroga  Fotografía do Crismón de Quiroga
Crismón De Quiroga  Fotografía do Crismón de Quiroga

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Crismón De Quiroga DescriciónCrismón De Quiroga NotasCrismón De Quiroga Véxase taménCrismón De Quiroga1887A Ermida, QuirogaMármoreQuiroga

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Posición do misioneiroXosé Manuel PiñeiroEduardo Blanco AmorRamón CabanillasMaría JamardoTito ValdésBala (grupo musical)Tonhito de PoiVacaSalvador IllaDos arquivos do trasnoManuel FragaAna Belén FortesAmy WinehouseVox populiRevolución dos CaraveisMariano RajoyPanteón de Galegos IlustresDeportivo da CoruñaDelfínidosEscudo de GaliciaTorre de HérculesPatricia VázquezSangueFernando Salgado VarelaCarlos SoberaVerbos galegos ser, estar e irPortolamoso, Curtis, CurtisEduardo IndaFederico García LorcaBélxicaSri LankaProvincia da CoruñaDoenza de Paget de mamaBubelaXosé Luís Méndez FerrínXXX edición dos Premios GoyaMaría a BalteiraYolanda DíazIndonesia2024Lista de ríos de GaliciaOldhamOTANMíster EspañaAWStatsSete Sabios de GreciaXoán Manuel PintosNormativa oficial do galegoMark WahlbergPorno suaveCarles PuigdemontSuízaFrancisco Varela OuroQuenllaTwitterFrancisco Porto MellaUnión AfricanaTransformador (modelo de aprendizaxe automática)ArroazVerónica ForquéGarbiñe MuguruzaMomia de ManchesterInglaterraVietnamJackson PollockAbril na cultura popular galegaVichelocregoPablo EscobarXosé FortesGerardo Pardo de VeraDiego González RivasVento ferido🡆 More