Convenio Sobre A Diversidade Biolóxica

O Convenio sobre a diversidade biolóxica foi adoptado o 22 de maio de 1992 en Nairobi.

Posteriormente, o 5 de xuño de 1992 e dentro da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUMAD), que tivo lugar no Río de Xaneiro, Brasil, máis de 150 países asinaron este convenio xunto coa Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC). Constitúe un dos instrumentos ambientais internacionais máis importantes que entrou en vigor o 29 de decembro de 1993.

Está coidadosamente equilibrado, vinculando xuridicamente ás partes e á consecución dos seus tres obxectivos principais que son os seguintes, mencionados todos eles no primeiro artigo:

  • Conservación da diversidade biolóxica.
  • Utilización sostible dos compoñentes de dita diversidade biolóxica.
  • Participación xusta e equitativa nos beneficios derivados da utilización dos recursos xenéticos.

Partes

O Convenio sobre a diversidade biolóxica foi asinado por 190 Estados parte, dos cales 168 o ratificaron, incluída España que o ratificou o 16 de novembro de 1993, e onde entrou en vigor tamén o 29 de decembro de 1993.

Obxecto

O Convenio aborda a diversidade biolóxica de xeito integral, definíndoa no artigo 2 como:

Por "diversidade biolóxica" enténdese a variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres e mariños e outros ecosistemas acuáticos e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas

Un dos avances máis importantes foi o recoñecemento por vez primeira de que a conservación da biodiversidade é un interese común, é dicir, de toda a humanidade, e unha parte importante no proceso de desenvolvemento do planeta, no que a muller desempeña unha importante función polo que debe participar plenamente na formulación e execución das políticas e medidas de conservación.

Ademais, o Convenio propón regras para asegurar o uso sustentábel da biodiversidade, unha distribución xusta dos beneficios procedentes do uso de recursos xenéticos, a expansión da biotecnoloxía, acceso á transferencia da tecnoloxía, avaliación do impacto ambiental, subministración de recursos financeiros...

Funcionamento

Para o seu funcionamento, o convenio prevé a existencia dos seguintes órganos:

  • Conferencia das Partes (COP): Reúne aos representantes dos Estados Partes xunto coas ONGs, as Nacións Unidas, os seus organismos especializados e calquera Estado que non sexa Parte no Convenio, sendo o máximo órgano do mesmo.
    As súas funcións se atopan definidas no artigo 23.4 do Convenio podendo resaltar as seguintes: Examina a aplicación do convenio, pode establecer grupos de traballo, examinará e adoptará protocolos, emendas e anexos adicionais ao Convenio, establecerá órganos de asesoramento científico e técnico, aproba os orzamentos. As decisións no seo da Conferencia se adoptan por consenso. A Conferencia se reúne ordinariamente cada dous anos (inicialmente era cada ano, pero desde 1998, as reunións ordinarias son cada dous anos) e extraordinariamente cando o soliciten, polo menos, un terzo, das Partes.
  • A Secretaría Executiva: Inicialmente se fixou en Xenebra, Suíza. Porén, dende 1996, foi trasladada a Montreal, Canadá. A Conferencia designou ao Programa das Nacións Unidas para o medio ambiente (PNUMA) como a organización internacional competente para exercer as funcións da Secretaría.
  • Órgano subsidiario de asesoramento científico, técnico e ecolóxico (SBSTTA): Trátase dun órgano composto por representantes gobernamentais, ONGs e observadores, que se reúne anualmente co fin de proporcionar informes, avaliacións científicas e técnicas e asesoramento sobre tecnoloxías e programas científicos á Conferencia.
  • Grupos de traballo: Integrados por representantes e expertos designados polos gobernos, teñen como finalidade elaborar directrices para aplicar disposicións do Convenio en materias específicas. Na actualidade, hai tres grupos:
  1. Grupo de Traballo en Acceso a Recursos Xenéticos e Distribución de Beneficios (WG-ABS): co fin de pór en práctica as disposicións asociadas ao acceso a recursos xenéticos e distribución de beneficios dos artigos 15, 16, 19 e 22.
  2. Grupo de Traballo sobre o Artigo 8.(j) e Disposicións Conexas (WG-8j): outorga protección as prácticas das comunidades indíxenas e locais.
  3. Grupo de Traballo sobre a Revisión da Posta en Práctica do Convenio (WG-RI): creado no ano 2004 co fin de avaliar os resultados conseguidos na aplicación do Convenio e os logros que conduzan ao obxectivo de 2010.

Aplicación na UE

A UE aprobou a aplicación do Convenio mediante a Decisión do Consello de 25 de outubro de 1993, relativa á celebración do Convenio sobre a diversidade biolóxica.

Co obxectivo de aplicar o artigo 6 do Convenio, a UE o 4 de febreiro de 1998 aprobou un plan con medidas xerais para impulsar a conservación e a utilización sostíbel da biodiversidade.

O Proceso de Cardiff, iniciado en 1998, ofrece un mecanismo para a integración dos factores medioambientais en sectores clave da política da UE. No ano 2001 iniciáronse catro importantes plans de acción de biodiversidade, sobre a conservación dos recursos naturais, agricultura, pesca e cooperación económica e desenvolvemento. Nese ano, os Xefes de Estado e de Goberno aprobaron en Gotemburgo (Suecia) unha estratexia de desenvolvemento sostíbel: Deter o declive da biodiversidade na UE en 2010.

Rede Natura 2000: Se coñece con este nome a participación da UE na rede global de áreas protexidas (terrestres e mariñas) que poidan ser xestionadas de forma eficaz e que se establecera no ano 2004 como un programa de traballo da Conferencia. Se basea na Directiva europea de Hábitats (1992) que esixía o establecemento de ZEC (zonas especiais de conservación) e na Directiva europea de Aves (1979) que esixía o establecemento de ZPE (Zonas de protección especial), co fin de incorporar os lugares máis destacados de Europa en canto a biodiversidade e garantir a conservación das especies e dos hábitats.

Efeméride

As Nacións Unidas fixaron o 22 de maio como o día Internacional da biodiversidade.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Convenio Sobre A Diversidade Biolóxica PartesConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica ObxectoConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica FuncionamentoConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica Aplicación na UEConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica EfemérideConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica NotasConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica Véxase taménConvenio Sobre A Diversidade Biolóxica1992199322 de maio29 de decembro5 de xuñoBrasilNacións UnidasNairobiRío de Xaneiro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Neira VilasTwitterPedro RieloDeportivo da CoruñaSegunda guerra mundialRibeiraPosición do misioneiroEscudo de GaliciaFigueresNeptunoGres, Vila de CrucesUniversidade de Santiago de CompostelaMedoSanguePortolamoso, Curtis, CurtisPemento de PadrónTeoría de númerosIKEASan PetersburgoFlora invasora de GaliciaCorzoO CarballiñoAustraliaPanxermanismoSystem of a DownHPorno suaveRebel MoonFabiola GarcíaManuel FragaManuel RivasCarmen LovelleHindemburg Melão Jr.CarlomagnoTelevisión de GaliciaO porco de péFauna de GaliciaParlamento de GaliciaImmanuel KantItxu DíazRefraneiro galego sobre o panInglaterraPontellaXosé Carlos MorellAsteraceaeYolanda CastañoToniña comúnBatalla das Termópilas (-480)Os adverbios galegosOman AirFrida KahloParroquias de GaliciaRomariz, Riós, RiósMeteoGaliciaVáknerLipoproteína de BraunLista de episodios de Shin ChanJuana AcostaTrofoblastoMiro CasabellaRosario DúrcalUniversidade de ManchesterTraxe galegoFrancisco Castro VelosoWayback MachineGrândola, Vila MorenaMíster EspañaCatedral de Santiago de CompostelaRocco SiffrediLista de palabras galegas de orixe celtaRoberto Vidal BolañoSílvia OrriolsOtelo Saraiva de CarvalhoFesta da Palabra Silenciada🡆 More