Chip E Chop: Personaxes esquíos da Disney

Chip e Chop (no orixinal en inglés Chip 'n Dale) son dúas tamias ficticias da Walt Disney, que aparecen en series de debuxos animados e historietas infantís.

Chip e Chop non son verdadeiros esquíos, senón uns roedores do xénero Tamias, semellantes aos esquíos, tamén da familia Sciuridae.

De acordo coa Disney, Chip é o lóxico e Chop o tolo. Aparecen en varios debuxos do Pato Donald como antagonistas simpáticos, mais a súa estrea deuse nuns debuxos do Pluto de 1943. En 1989 protagonizaron unha serie propia: Chip 'n Dale Rescue Rangers (En Galicia emitido en castelán no espazo Club Disney de Televisión Española co nome Chip y Chop Guardianes Rescatadores ).

Personaxes principais

Chip: irmán de Chop, é o máis intelixente dos dous. Está apaixonado por Gaddy Hackwrench, unha ratiña moi intelixente que tal como Chip, nunca demostra o seu amor por el, mais todos saben que os dous se aman. En Portugal coñécese co nome de Tico.

Chop (Dale): irmán de Chip, é medio tolo, mais cando se trata de salvar a vida fai o imposíbel virar real, Chop tamén gusta de Gaddy, mais sabe que o seu irmán gusta dela e non di ren. En Portugal coñécese co nome de Teco; Dale é o nome orixinal en inglés e o empregado en América Latina.

Aparicións

Series de TV

  • Walt Disney's Wonderful World of Color (Serie de TV, 1961).
  • Mickey Mouse Club (Serie de TV, 19??)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers (Serie de TV, 1989) : Chip e Chop aparecen coma rescatadores, e os seus novos personaxes, Gadget Hackewrench, Monterey Jack e Zipper enfróntanse aos malos como Fat Cat (Malacara) e o Profesor Notron Nimmul.
  • Darkwing Duck (Serie de TV, 1991) : Chip e Chop fan un cameo nun episodio de TV.
  • Mickey Mouse Works (Serie de TV, 1999) : Chip e Chop apareceron en dous episodios xunta o Pato Donald e Mickey Mouse.
  • House of Mouse (Serie de TV, 2001).
  • Mickey Mouse Clubhouse (Serie de TV, 2007): Chip e Chop aparecen en 3D nos episodios.

Series de curtas cómicas de debuxos animados

  • Walt Disney Comics and Stories #89, #204 (comezan coma personaxes habituais) (1940 - Presente)
  • Four Color #517, 581, 636. (1942 - Presente)
  • Chip 'n' Dale #4 - 30 (Dell) (1952 - 1962)
  • Chip 'n Dale #1 - 64 (Gold Key) (1967 - 1984)
  • Chip 'n Dale #65 - 83 (Whitman) (1967 - 1984)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers #1 - 17 (Disney) (xuño de 1990 - decembro de 1991)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers #1 - 8 (Boom) (decembro de 2010 - xullo de 2011)

Videoxogos de Chip e Chop

  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers (1990 - Nintendo Entertainment System)
  • Chip 'N Dale: Rescue Rangers: The Adventure in Nimnul's Castle (1990 - PC)
  • Mickey's 123: The Big Surprise Party (1990 - Amiga)
  • Chip 'n Dale: Rescue Rangers 2 (1993 - Nintendo Entertainment System)
  • Mickey's Racing Adventure (1999 - Game Boy Color)
  • Magical Tetris Challenge (1999 - Só en Game Boy Color)
  • Dance Dance Revolution Disney Dancing Museum (2000 - Nintendo 64)
  • Pop'n Music Mickey Tunes (2000 - Game Boy Color, Sony PlayStation)
  • Dance Dance Revolution Disney Mix (2000/2001 - Arcade, Sony PlayStation)
  • Walt Disney World Quest: Magical Racing Tour (2000 - Game Boy Color, Sega Dreamcast, Windows PC, Sony PlayStation)
  • Disney's Toontown Online (2001 - PC)
  • Chip 'n' Dale Rescue Rangers (2010 - Teléfonos móbiles)
  • Kingdom Hearts (2002 - PlayStation 2)
  • Kingdom Hearts II (2006 - PlayStation 2)
  • Kingdom Hearts Birth by Sleep (2010 - PSP)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Chip E Chop Personaxes principaisChip E Chop ApariciónsChip E Chop NotasChip E Chop Véxase taménChip E ChopDebuxo animadoEsquíoFamilia (bioloxía)HistorietaLingua inglesaSciuridaeWalt Disney

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Camiño de SantiagoLista de exónimos en galegoWikiComarca de SarriaÁlvaro MorataEscáncerEva CárdenasCharles DarwinPaís VascoCromosoma homólogoJosé Luis Rodríguez ZapateroXabier DíazNava CastroBerrogüettoPanxermanismoLuis Mateo DíezXosé Ramón GayosoLista de nomes femininos en galegoAbril na cultura popular galegaDodroBeraTonhito de PoiOldhamMichael JacksonFabiola GarcíaBispoVictoria Núñez LópezAlexander VórticeMadridManuel Otero MartínezSubgrupoGoizuetaRaposo comúnCarlos CasaresCalorPobo palestinoBala (grupo musical)Eva Iglesias MiguénsXogo da chaveFrancisco FrancoÁcido dipicolínicoBeatriz LuengoEstado NovoEstados Unidos de AméricaBélxicaCristiano RonaldoDavid PerdomoBandeira de GaliciaDodecágonoAs Pontes de García RodríguezFala de EstremaduraBojan KrkićDeserto do SáharaRexina VegaNeptunoStellantisToxo arnalConceyu BableMaría Antonieta de AustriaAntiga CartagoRicardo BeirasArroazGolfiño comúnO incerto señor Don HamletRibeiraDía das Letras GalegasLeymaA EstradaPablo EcheniqueVox populiÁlvaro Porto DapenaMiguel Ángel Zabalza BerazaAlfabeto galegoAC-101América do NorteMoción de confianzaCunnilingus🡆 More