Cerviña: Especie de planta

Phyllitis scolopendrium

A cerviña (Asplenium scolopendrium) é unha especie de fento do xénero botánico Asplenium, da familia da Aspleniaceae. A especie aparece frecuentemente incluída no xénero Phyllitis coa designación de Phyllitis scolopendrium (L.) Newman.

En Galiza é común a subespecie Asplenium scolopendrium subsp. scolopendrium preto dos regos e nos lugares sombrizos.

Descrición e taxonomía

Fento con frondes longas, con até 50–60 cm de longo e 5–6 cm de largura, enteiras e sen lóbulos. O raque é de cor castaña escura, espesa, con brillo ceroso. Nervios ben marcados, especialmente na páxina inferior do limbo. Os soros son lineares, con 12–15 mm de lonxitude, localizados na páxina inferior da fronde, inserido paralelamente aos nervios na parte distal, mais sen se aproximaren á marxe da fronde.

A especie clasifícase no xénero Asplenium, mais por ter frondes enteiras é por veces inserido no xénero Phyllitis. Aínda así, é un fento facilmente identificábel, pois as súas frondes non están divididas e subdivididas en segmentos, como ocorre na case totalidade das especies deste tipo. O rizoma é alargado, recuberto de páleas de cor castaña.

Nome galego

A cerviña (en portugués língua cervina) recibe outro nomes en galego coma: lingua cerviña, cervún, herba cervúa, lingua de cervo; e tamén lingua de boi e herba dos escaldados .

Distribución

Especie con distribución na Macaronesia e suroeste de Europa. Presente en todas as illas dos Azores, aínda que a raro na illa do Corvo. É común en toda Galiza.

Hábitat

Cerviña: Descrición e taxonomía, Distribución, Hábitat 
Soros con esporas.

A cerviña é unha especie das áreas con elevada humidade atmosférica, preferindo hábitats sombrizos e abeirados, onde a humidade relativa do ar se aproxime frecuentemente á saturación. Medra en xeral por riba dos 400 m de altitude (máis alto nas rexións con clima mediterráneo mais marcado, menos en rexións de clima atlántico, como Galiza), en cavorcos ou en bosques densos. Cando a humidade do ar é suficientemente elevada, presenta comportamento epilítico, medrando en fisuras de rochas, en especial nas fendas sombrizas das escoadas lava.

A dependencia en relación aos lugares sombrizos tornan a especie vulnerábel á deforestación, mais permite a súa sobrevivencia en asociación con especies invasoras, entre as cales está o pitósporo Pittosporum undulatum. O tamaño das súas frondes e a preferencia por háitats hiperhúmidos leva a que sexa frecuente a presenza de hepáticas epífilas sobre as plantas.

As poboacións de A. scolopendrium son polo xeral pouco numerosas e espalladas, aparecendo en xeral asociadas ás formacións máis densas da laurisilva ou das fragas higrófilas. É común a asociación da especie co pteridófito Trichomanes speciosum ( o fento frisado) e con diversos briófitos.

En Galiza medra dende o nivel do mar en noiros húmidos, lamazais e ribeiras, moitas veces en vales fondos ou cavorcos asociado a poboacións de loureiros; condicións semellantes ás laurisilvas.

Usos

En infusión, é utilizada contra a diarrea e para reducir as inflamacións intestinais. En gargarexos é útil contra as inflamacións da boca e da gorxa.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Erik Sjögren, Plantas e Flores dos Açores. Edición do autor, 2001.
  • Hyde, H. A., Wade, A. E., & Harrison, S. G. (1978). Welsh Ferns. National Museum of Wales (ISBN 0-7200-0210-9).
  • Murakami, N., S. Nogami, M. Watanabe, K. Iwatsuki. 1999. Phylogeny of Aspleniaceae inferred from rbcL nucleotide sequences. American Fern Journal 89: 232-243.

Ligazóns externas

Tags:

Cerviña Descrición e taxonomíaCerviña DistribuciónCerviña HábitatCerviña UsosCerviña Galería de imaxesCerviña NotasCerviña Véxase taménCerviña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xavier Suárez-VenceMarc MárquezSuomen JääkiekkoleijonatAcademia Chinesa de Ciencias1936Rosalía (cantante)REC (filme)Unión EuropeaMoeda da Antiga RomaCelso ParadaIslandiaLista de monarcas de GaliciaAs crónicas do sochantreTiburónsReino UnidoAntonio Benito FandiñoAna María Fernández MartínezVenresAtol FangataufaBaiuca (banda)GueixaPortadaEugenia OsterbergerDanza e contradanza de DarboPedro Froilaz de TrabaPorscheContactO derradeiro libro de Emma Olsen1985Alexandre BóvedaPanteón Real da Catedral de SantiagoLista de WikipediasAlfonso ZarauzaJuan Carlos Rodríguez CebriánContinenteRonnie ThompkinsMoecheJacobo BucetaWayback MachineNA borracheira na cultura popular galegaCampus de EsteiroDios ke te crewCastros da provincia de OurenseKm 3Facultade de Socioloxía da Universidade da CoruñaInternet Movie DatabaseSeychellesTimeLabios (xenitais)Pepe MiñonesRafaela Hervada CarnereroAlfonso Basterra CamporroEuromillónsPepo SuevosColocación do pronome átono en galegoAuto de feLingua casteláSantoalla, Santoalla do Monte, PetínSamuel JuárezQuintaIllas BalearesLagarto arnalVagalumeFeiracoGazpachoFerroMcDonnell Douglas DC-10Rosalía de CastroFacebookCoalición PopularXentilicioCarbohidrato🡆 More